Skip to content

KDE aos 20: Plasma 5.8 LTS. Aquí para largo.

Image of Plasma 5.8

KDE Plasma 5.8

Tuesday, 4 October 2016

Today KDE releases its first Long Term Support edition of its flagship desktop software, Plasma. This marks the point where the developers and designers are happy to recommend Plasma for the widest possible audience be they enterprise or non-techy home users. If you tried a KDE desktop previously and have moved away, now is the time to re-assess, Plasma is simple by default, powerful when needed.

As funcionalidades comprensíbeis de Plasma

Bota unha ollada ao que ofrece Plasma, unha selección de funcionalidades sen rival en ningún software de escritorio.

Trebellos de escritorio

Desktop Widgets

Trebellos de escritorio

Cubre o teu escritorio de trebellos útiles para estar ao día do tempo meteorolóxico, entreterte con banda deseñada e axudar con cálculos.

Obter novidades

Get Hot New Stuff

Obter novidades

Download wallpapers, window style, widgets, desktop effects and dozens of other resources straight to your desktop. We work with the new KDE Store to bring you a wide selection of addons for you to install.

Busca de escritorio

Desktop Search

Busca de escritorio

Plasma permitiralle buscar facilmente aplicacións, cartafoles, música, vídeos, ficheiros e calquera outra cousa que teña no seu escritorio.

Aparencia unificada

Unified Look

Aparencia unificada

O tema predeterminado Breeze de Plasma theme ten unha aparencia unificada en todos os conxuntos de ferramentas comúns de programadores: Qt 4 e 5, GTK 2 e 3, e mesmo LibreOffice.

Integración con teléfonos

Phone Integration

Integración con teléfonos

Ao usar KDE Connect recibirá notificacións no escritorio de mensaxes de texto, poderá transferir ficheiros facilmente, silenciará a música durante as chamadas e mesmo usará o teléfono como mando a distancia.

Personalizábel ata o infinito

Infinitely Customisable

Personalizábel ata o infinito

Plasma é simple de maneira predeterminada, pero pode personalizalo como guste con novos trebellos, paneis, pantallas e estilos.

Novo en Plasma 5.8

Gráficos unificados de arranque a apagado

Unified Boot to Shutdown Artwork

Gráficos unificados de arranque a apagado

Esta versión trae un deseño completamente novo da pantalla de acceso, fornecendo unha experiencia Breeze desde o acendido ata o apagado. A disposición limpouse e agora é máis axeitada para estacións de traballo que forman parte dun dominio ou da rede dunha compañía. Agora está moito máis simplificada, pero tamén permite maior personalización: por exemplo agora todos os complementos de fondo de Plasma, como as presentacións ou os fondos animados, poden usarse na pantalla de bloqueo.

Compatibilidade con escritas de dereita a esquerda

Right-to-Left Language Support

Compatibilidade con escritas de dereita a esquerda

Mellorouse en gran medida a compatibilidade con idiomas escritos semitas que se escriben de dereita a esquerda, como o hebreo e o arábigo. Agora, con esta configuración, invértense os contidos de paneis, o escritorio e os diálogos de configuración. As barras laterais de Plasma, como o explorador de trebellos, o cambiador de xanela e o xestor de actividades, aparecen na parte dereita da pantalla.

Miniaplicativos mellorados

Context Menu Media Controls

Controis de reprodución no menú contextual

Os miniaplicativos de cambiador de escritorio virtual («paxinador») e de lista de xanela reescribíronse usando a nova infraestrutura de xestor de tarefas que introducimos na versión 5.7 de Plasma. Isto permítelles usar o mesmo conxunto de datos que o xestor de tarefas e mellora o seu rendemento ao tempo que reduce o consumo de memoria. O cambiador de escritorio virtual tamén recibiu unha opción para amosar só a pantalla actual nas configuracións de varios monitores e agora comparte a meirande parte do seu código co miniaplicativo de cambiador de actividade.

O xestor de tarefas recibiu nesta publicación máis funcionalidades para mellorar a produtividade. Os controis de reprodución que xa estaban dispoñíbeis nas xanelas emerxentes do xestor de tarefas agora tamén están dispoñíbeis no menú de contexto. Ademais de traer as xanelas ao primeiro plano durante as operacións de arrastrar e soltar, soltar ficheiros nas propias entradas do xestor de tarefas os abrirá na aplicación asociada. Por último, agora a xanela emerxente das xanelas agrupadas pode navegarse usando o teclado e mellorouse a renderización de texto das súas etiquetas.

Atallos globais simplificados

Global Shortcuts Setup

Configuración dos atallos globais

A configuración dos atallos globais simplificouse para centrarse na tarefa máis común, que é iniciar aplicacións. Construíndo sobre a funcionalidade de lista de salto engadida en versións anteriores, agora os atallos globais poden configurarse para saltar a tarefas específicas dentro dunha aplicación.

Grazas ao noso esforzo con Wayland por fin podemos ofrecer os chamados «atallos de só modificador», que lle permiten abrir o menú da aplicación premendo simplemente a tecla Meta. Por demanda popular, esta funcionalidade migrouse á sesión de X11.

Outras melloras

Plasma Discover's new UI

Nova interface de usuario do Discover de Plasma

Esta versión inclúe varias correccións de erros en configuracións de varias pantallas e, xunto con Qt 5.6.1, debería mellorar de maneira significativa a súa experiencia ancorando estacións e proxectores.

Agora KWin, o xestor de xanelas de Plasma, permite compoñer con llvmpipe, facendo máis fácil despregar en soporte físico exótico e dispositivos incrustados. Agora que hai unha interface estandarizada e amplamente usada para que as aplicacións soliciten apagar a composición, retirouse a opción «Deixar de redirixir a pantalla completa». Moitas veces causaba problemas de estabilidade e por iso xa se desactivou para moitos controladores.

Agora que Kirigami, o noso conxunto de controles versátiles e compatíbel con varias plataformas, publicouse, estamos moi alegres de traervos unha versión reescrita de Plasma Discover baseada en Kirigami.

Temos novas fontes predeterminadas, a fonte Noto de Google vale para todas as escritas dispoñíbeis no estándar Unicode mentres que a nosa nova fonte monoespazo, Hack, é perfecta para programadores e usuarios de terminal.

Estamos en Wayland!

Plasma on Wayland Now with GTK+ support

Plasma en Wayland agora compatíbel con GTK+

Plasma en Wayland avanzou moito estes meses. Se ben a nosa promesa de mantemento a longo prazo non afecta ao software de Wayland, que evoluciona a un ritmo frenético, pensamos que está listo para que o público xeral o probe. Aínda haberán pequenos errores e faltarán funcionalidades, pero xa estamos no punto no que podemos pedirlle que o probe e nos informe de calquera fallo. Entre as melloras máis salientábeis están:

View full changelog

Package Downloads

Distributions have created, or are in the process of creating, packages listed on our wiki page.

Note that packages of this release might not be available on all distributions at the time of this announcement.

Package download wiki page

Supporting KDE

KDE is a Free Software community that exists and grows only because of the help of many volunteers that donate their time and effort. KDE is always looking for new volunteers and contributions, whether it is help with coding, bug fixing or reporting, writing documentation, translations, promotion, money, etc. All contributions are gratefully appreciated and eagerly accepted. Please read through the Supporting KDE page for further information or become a KDE e.V. supporting member through our Join the Game initiative.

About KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Windows, Haiku, and macOS.


Trademark Notices.

KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V..
Linux is a registered trademark of Linus Torvalds. UNIX is a registered trademark of The Open Group in the United States and other countries.
All other trademarks and copyrights referred to in this announcement are the property of their respective owners.


Press Contacts

For more information send us an email: press@kde.org