Skip to content

KDE Plasma 5.5 Beta Release

Image of Plasma 5.5 Beta

KDE Plasma 5.5 Beta

Thursday, 19 November 2015

Today KDE releases a beta of next month's new feature update, Plasma 5.5.

We have been working hard over the last four months to smooth off the rough edges, add useful new workflows, make Plasma even more beautiful and build the foundations for the future.

Iconas de Breeze

Iconas de Breeze

Actualizouse o tema Breeze de Plasma

O tema de trebellos Breeze de Plasma actualizouse para facelo máis consistente.

Mentres o tema de iconas de Breeze engade novas iconas e actualiza o conxunto de iconas existentes para mellorar o deseño visual.

Explorador de trebellos de Plasma

Agora o explorador de trebellos de Plasma permite unha vista de dúas columnas con novas iconas de trebello para Breeze, Breeze Escuro e Oxygen

Grupo de funcionalidades estendido no iniciador de aplicacións

Agora os menús contextuais do iniciador de aplicacións («Kickoff») pode listar documentos abertos recentemente nunha aplicacións, permite editar a entrada de menú dunha aplicación e engadir a aplicación ao panel, ao xestor de tarefas ou o escritorio. Agora os favoritos permiten documentos, directorios e accións do sistema ou poden crearse desde o resultado dunha busca. Antes estas funcionalidades (e outras) só estaban dispoñíbeis no menú de aplicacións alternativo («Kicker») e están agora dispoñíbeis no iniciador de aplicacións predeterminado grazas a compartir ambos iniciadores a mesma infraestrutura.

Miniaplicativo de Plasma de selector de cores

Miniaplicativo de Plasma de selector de cores

Novos miniaplicativos nos complementos de Plasma

Selector de cores

Non só recuperamos o miniaplicativo de selector de cores, senón que lle demos unha interface de usuario completamente nova adaptada a Plasma 5.

O miniaplicativo de selector de cores permítelle seleccionar unha cor de calquera parte da pantalla e copia automaticamente o código da cor no portapapeis nunha variedade de formatos (RGB, hexadecimal, RGBA de QML de Qt, LaTeX).

Miniaplicativo de Plasma de selector de usuario

Miniaplicativo de Plasma de selector de usuario

Selector de usuario

User switching has been updated and improved and is now accessible from the Application Launcher, the new User Switcher applet and in the lock screen. It shows the user's full name and user set avatar. This is very useful for offices with shared desks. More info in the developer blog.

Uso do disco

Plasma 5.5 recibe un novo miniaplicativo deseñado para ambientes de negocios ou universidades. Este miniaplicativo amosaralle uso determinado non a raíz do uso real do disco, senón da cota que o administrador do sistema lle permitiu.

Paxinador de actividades

Feito para usuarios cun caso de uso das actividades que entra en conflito cos escritorios virtuais: parece un paxinador, compórtase como un paxinador pero usa actividades en vez de escritorios virtuais. Isto dá un vista rápida de que actividades están en execución e cantas xanelas hai asociadas a cada actividade.

Iconas vellas de área de notificacións

Iconas vellas de área de notificacións

Restaurar a compatibilidade con iconas antigas na área de notificacións

A raíz de comentarios recibidos, reescribimos a compatibilidade con aplicacións antigas que non usan o novo estándar StatusNotifier para iconas da área de notificacións.

Estatísticas de fallos

No percorrido cara a beta de Plasma 5.5 beta corrixíronse máis de 1.000 fallos!

Compatibilidade con OpenGL ES en KWin

Volve a KWin a posibilidade de cambiar a OpenGL ES. De momento só se permite cambiando unha variábel de contorno e reiniciando KWin. Defina a variábel de contorno KWIN_COMPOSE como «O2ES» para forzar a infraestrutura de OpenGL ES. Teña en conta que non todos os controladores son compatíbeis con OpenGL ES. É por iso que non está exposto mediante un mecanismo de configuración. Considéreo un modo de experto.

Bloqueador da pantalla

Bloqueador da pantalla

Progreso de Wayland:

Con Plasma 5.5 fornécese unha sesión básica de Wayland. Wayland é o sucesor do anticuado sistema de xanelas X11, que fornece un sistema moderno. O sistema é máis seguro (p. ex. os rexistradores de teclas xa non son triviais de crear) e segue o paradigma de que «todo fotograma debe ser perfecto», o que fai moi difícil que se produzan rachaduras de pantalla. Con Plasma 5.4 a comunidade de KDE xa forneceu unha versión preliminar baseada no conxunto de funcionalidades do proxecto de teléfono. Con Plasma 5.5 estendémolo con máis usos de «estilo de escritorio». Funcionalidades importantes, como mover e cambiar de tamaño xanelas, xa están dispoñíbeis xunto con moitas funcionalidades de integración co intérprete de ordes de escritorio. Isto permite que o usen os primeiros usuarios, aínda que temos que aclarar que aínda non está preparada para substituír completamente a unha sesión de X. Animamos aos nosos usuarios máis técnicos a darlle unha volta e informarnos de todos os fallos que atopedes.

A new screen management protocol has been created for configuring the connected screens of a Wayland session.

Tamén se engadiron algúns protocolos para controlar os efectos de KWin en Wayland como desenfoque de fondo de xanela e a animación de minimizar das xanelas

As sesións de Plasma en Wayland agora contan con bloqueo de pantalla seguro, algo que era imposíbel de conseguir con X. Consulte máis información sobre a corrección deste fallo de hai 11 anos no blog do desenvolvedor da integración co bloqueo de pantalla.

Consulte tamén a lista de problemas coñecidos con Wayland na páxina de fe de erratas.

Descubrir

Descubrir

Novo deseño de Discover

Coa axuda do grupo de deseño visual de KDE construímos un novo deseño que mellorará a facilidade de uso do noso instalador de software.

Estado do indexador de ficheiros

Estado do indexador de ficheiros

Centro de información

Engadiuse un módulo de estado para o indexador de ficheiros.

Xestor de rede de Plasma

There have been several improvements to our network manager applet. WPA/WPA2 Enterprise validation was added, it uses a new password field widget and OpenVPN has more options.

Problemas coñecidos

Please see the Plasma 5.5 Errata page for some of the highest profile issues including some significant problems caused by Intel drivers.

View full changelog

Package Downloads

Distributions have created, or are in the process of creating, packages listed on our wiki page.

Note that packages of this release might not be available on all distributions at the time of this announcement.

Package download wiki page

Supporting KDE

KDE is a Free Software community that exists and grows only because of the help of many volunteers that donate their time and effort. KDE is always looking for new volunteers and contributions, whether it is help with coding, bug fixing or reporting, writing documentation, translations, promotion, money, etc. All contributions are gratefully appreciated and eagerly accepted. Please read through the Supporting KDE page for further information or become a KDE e.V. supporting member through our Join the Game initiative.

About KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Windows, Haiku, and macOS.


Trademark Notices.

KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V..
Linux is a registered trademark of Linus Torvalds. UNIX is a registered trademark of The Open Group in the United States and other countries.
All other trademarks and copyrights referred to in this announcement are the property of their respective owners.


Press Contacts

For more information send us an email: press@kde.org