Skip to content

KDE Plasma 5.14 Beta: Reliable, Light and Innovative.

Thursday, 13 September 2018

Image of Plasma 5.14 Beta

KDE Plasma 5.14 Beta

Thursday, 13 September 2018

Today KDE launches the beta release of Plasma 5.14.

Plasma é o escritorio de Linux lixeiro e completo. Durante os últimos tres meses estivemos engadindo funcionalidades e corrixindo fallos e agora convidámoslle a probar a beta pre-publicación de Plasma 5.14.

Traballamos a reo en mellorar Discover, o xestor de software de Plasma, e entre outras cousas engadimos a funcionalidade de actualización de firmware e moitas melloras sutís da interface de usuario para que funcione de maneira máis fluída. Tamén reescribimos moitos dos efectos do noso xestor de xanelas, KWin, e mellorámolo para que as animacións rendan mellor no seu día a día. Entre o resto de melloras que fixemos hai un novo trebello de configuración da pantalla que pode resultar útil ao facer presentacións.

Próbeo e envíenos informes de fallo e opinións. A versión final publicarase en tres semanas.

Novo en Plasma 5.14 Beta

Novas funcionalidades

Trebello de configuración da pantalla

Trebello de configuración da pantalla

  • Hai un novo trebello de configuración de pantalla para a xestión das pantallas, útil para presentacións.
  • Agora o trebello de volume de son ten unha funcionalidade de proba de altofalante integrada que se retirou da configuración de Phonon.
  • O trebello de rede agora volve funcionar para túneles de VPN de SSH.
  • Agora o cambio de monitor principal ao conectar ou desconectar monitores é máis suave.
  • A pantalla de bloqueo xestiona o cambio de usuario con maior facilidade e seguridade.
  • Agora pode importar ficheiros cifrados existentes desde unha caixa forte de Plasma.
  • O xestor de tarefas mellora a compatibilidade con LibreOffice.
Ferramentas do monitor do sistema

Ferramentas do monitor do sistema

  • O monitor do sistema ten un menú de «Ferramentas» cheo de iniciadores de ferramentas útiles.
  • Agora o menú de aplicacións Kickoff cambia de separador automaticamente ao cubrilos.
Menú vello de edición de trebellos de panel

Menú vello de edición de trebellos de panel

Menú mellorado para editar trebellos de panel

Estilos vello e novo de menú de edición de trebellos de panel

  • Iconas consistentes para os trebellos e paneis e melloras da interface de usuario.
Aviso de saída

Aviso de saída

Plasma Discover

Plasma Discover

Plasma Discover

Discover, a noso instalador de software e complementos, ten máis funcionalidades e mellora a súa aparencia e comportamento.

  • Discover é compatíbel con fwupd, o que lle permite anovar o firmware do computador.
  • Agora permite canles de Snap.
  • Agora Discover pode amosar e ordenar aplicacións por data de publicación.
  • Agora pode ver as dependencias dos paquetes das aplicacións.
  • Cando a Discover se lle solicita instalar un ficheiro independente de Flatpak pero a infraestrutura de Flatpak non está instalada, agora ofrece instalar antes a infraestrutura por vostede.
  • Agora Discover indícalle cando unha actualización de paquete substituirá algúns paquetes por outros.
  • Engadimos moitas pequenas melloras de interface de usuario: os botóns de actualización desactívanse mentres se comproba se hai actualizacións dispoñíbeis, hai unha consistencia visual entre a configuración e as páxinas de actualizacións, as actualizacións ordénanse por porcentaxe de completado, melloramos a sección de recensións do trebello de notificador de actualizacións, etc.
  • Melloramos a fiabilidade e estabilidade mediante varias correccións de fallos.
Efecto de deslizamento mellorado en KWin

KWin e Wayland:

  • Corriximos o copia e pega entre aplicacións GTK e non GTK en Wayland.
  • Corriximos os selectores de tarefas non centrados en Wayland.
  • Melloramos as restricións de punteiros.
  • Hai dúas interfaces novas, XdgShell e XdgOutput, para integrar máis aplicacións co escritorio.
  • Melloramos e pulimos os efectos de KWin en xeral, incluíndo reescribir completamente o efecto de «Escurecer as inactivas», engadir un novo efecto de escala, reescribir o efecto de «Deslizamento» e máis.

Arranxos de erros

Solucionamos moitos fallos, entre eles:

  • Os fondos borrosos tras menús contextuais de escritorio xa non están visualmente corrompidos.
  • Xa non se pode arrastrar accidentalmente botóns do xestor de tarefas ás xanelas das aplicacións.
View full changelog

Package Downloads

Distributions have created, or are in the process of creating, packages listed on our wiki page.

Note that packages of this release might not be available on all distributions at the time of this announcement.

Package download wiki page

Supporting KDE

KDE is a Free Software community that exists and grows only because of the help of many volunteers that donate their time and effort. KDE is always looking for new volunteers and contributions, whether it is help with coding, bug fixing or reporting, writing documentation, translations, promotion, money, etc. All contributions are gratefully appreciated and eagerly accepted. Please read through the Supporting KDE page for further information or become a KDE e.V. supporting member through our Join the Game initiative.

About KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE’s products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE’s full-featured applications run natively on Linux, BSD, Windows, Haiku, and macOS.


Trademark Notices.

KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V..
Linux is a registered trademark of Linus Torvalds. UNIX is a registered trademark of The Open Group in the United States and other countries.
All other trademarks and copyrights referred to in this announcement are the property of their respective owners.


Press Contacts

For more information send us an email: press@kde.org