Live Images
The easiest way to try it out is with a live image booted off a USB disk. Docker images also provide a quick and easy way to test Plasma.
Download live images with Plasma Download Docker images with PlasmaTuesday, 6 February 2018
Today KDE releases a feature update to Plasma 5, versioned 5.12.0.
Plasma 5.12 LTS é a segunda publicación con mantemento a longo prazo que fai o equipo de Plasma 5. Estivemos traballando a reo centrándonos na velocidade e a estabilidade desta publicación . O tempo de arranque do escritorio reduciuse revisando o código en busca de calquera cousa que bloquease a execución. O equipo estivo a revisar e corrixir fallos que afectaban a todos os aspectos da base de código, organizando as obras de arte, retirando casos illados e asegurando a integración entre escritorios. Por vez primeira ofrecemos a nosa integración con Wayland con mantemento a longo prazo para asegurarlle que continuaremos fornecendo correccións e melloras na experiencia con Wayland.
As melloras de velocidade e memoria son o foco desta versión de mantemento a longo prazo. A nova LTS de Plasma usa menos CPU e menos memoria que versións anteriores. O proceso de iniciar o escritorio Plasma é moito máis rápido.
A lista de novas funcionalidades de Plasma 5.12 LTS non se limita á mellora de rendemento. Tamén inclúen:
Fixemos moitas melloras na interface de usuario de Discover, empezando co cambio do deseño das páxinas dos aplicativos para facer xustiza ao impresionante software que pode instalar. Agora as seccións sen navegación da interface teñen cabeceiras máis estreitas, e as vistas de navegación son máis compactas, para permitirlle ver máis aplicacións ao mesmo tempo. As capturas de pantalla son máis grandes e pode navegarse por elas co teclado. A lista de aplicacións instalados ordénase alfabeticamente, e puliuse a interface para configurar as fontes.
Tamén se fixeron grandes melloras de estabilidade e de compatibilidade con Snap e Flatpak en Discover. Permite os URL apt://, e notificaralle cando un paquete requira reiniciar tras a instalación ou a actualización. As distribucións que usan Discover poden activar as actualizacións sen Internet, e a funcionalidade de anovación da distro pode usarse para obter novas publicacións de distribucións. Discover inclúe unha mellor facilidade de uso en pantallas de dispositivos móbiles (usa a acción principal de Kirigami, e ten unha vista específica para buscar), e integra os sinais globais de PackageKit coas notificacións. En xeral, o proceso de manter o software con Discover será moito máis fluído.
Continúa mellorando a compatibilidade de Plasma con Wayland, e agora é axeitado para que o probe máis xente. Inclúese como unha funcionalidade de mantemento a longo prazo por vez primeira, o que significa que corrixiremos fallos durante toda a serie 5.12 LTS. Entre as ovas funcionalidades están:
Plasma en Wayland preocúpase da súa vista, polo que tamén hai dispoñíbel unha funcionalidade exclusiva de Wayland chamada cor nocturna. A cor nocturna intégrase con KWin e retira a luz azul da pantalla pola noite, funcionando como un equivalente á xenial aplicación Redshift que funciona en X.
Tamén comezamos a crear regras de xanelas en Wayland e permitir usar unha política de planificación en tempo real para que a entrada responda. Xa non se necesita XWayland para executar o escritorio Plasma; porén, as aplicacións que só son compatíbeis con X aínda o usan.
Para os que están familiarizados co código de Wayland, estes son os protocolos que engadimos:
Tamén hai un cambio importante de política: 5.12 é a última versión na que se desenvolven funcionalidades en KWin en X11. A partir de 5.13 só se engadirán funcionalidades relevantes para Wayland.
We have put a lot of work into making Wayland support in Plasma as good as possible, but there are still some missing features and issues with particular hardware configurations. Therefore, we don't yet recommend it for daily use. More information is available on the Wayland status wiki page.
Se estaba a usar a nosa anterior versión LTS, Plasma 5.8, pode que lle chamen a atención algúns cambios interesantes ao anovar a Plasma 5.12. Poderá gozar das seguintes funcionalidades:
Agora o sistema de notificacións permite vistas previas interactivas que lle permiten sacar rapidamente unha captura de pantalla e arrastrala a unha xanela de charla, un editor de mensaxe ou un formulario dun navegador web. Así non ten que saír nunca da aplicación coa que está a traballar.
Por petición popular fixemos posíbel cambiar entre xanelas desde o xestor de tarefas mediante os atallos Meta + número para facilitar traballar de maneira intensiva en varias tarefas. Outra das novidades do xestor de tarefas é a de fixar aplicativos distintos en cada unha das actividades. Hai algunha aplicación facendo ruído de fondo mentres intenta centrarse nunha tarefa concreta? Agora as aplicacións que reproducen son márcanse cunha icona similar á dos navegadores web modernos. Xunto cun botón para silenciar a aplicación correspondente, isto pode axudarlle a centrarse no que está a facer.
Volveron os menús globais. A funcionalidade para separar a barra de menú das xanelas das aplicacións, pioneira de KDE, permite un novo paradigma de interface de usuario con ou ben un trebello de Plasma que mostra o menú ou ben gardando o menú no título de xanela. A súa configuración simplificouse en gran medida en Plasma 5.12: en canto engade o trebello de menú global ou o botón da barra de título iníciase automaticamente o servizo necesario en segundo plano. Non hai que cargar de novo o escritorio ou premer ningún botón!
Agora a vista de cartafol é a disposición de escritorio predeterminada. Tras anos de repudiar as iconas no escritorio, acabamos aceptando o inevitábel e cambiamos á vista de cartafol como escritorio predeterminado. Isto inclúe algunhas iconas no escritorio de maneira predeterminada, e permítelle poñer os ficheiros e cartafoles que queiran nel para acceder a eles facilmente. Para que isto funcione fixéronse moitas melloras na vista de cartafol. A carga aniñada confire velocidade e potencia a arrastrar e soltar, a grade de iconas está máis axustada, e fixéronse grandes melloras de rendemento.
Engadíronse controis de reprodución na pantalla de bloqueo, que poden desactivarse en Plasma 5.12 para maior protección da privacidade. Ademais, a música deterase automaticamente ao suspenderse o sistema.
Introducimos un novo deseño da interface de usuario da configuración do sistema para acceder facilmente a opcións habituais. É o primeiro paso de cara a facilitar a navegación e o uso desta aplicación de uso habitual pero complexo. O novo deseño engádese como opción, así que os usuarios que prefiren a icona anterior ou vistas de árbore poden volver ao seu método de navegación preferido.
KDE céntrase na protección da privacidade. A fin de contas, a nosa visión é a dun mundo no que calquera persoa ten control da súa vida dixital e goza de liberdade e privacidade.
O nova funcionalidade Plasma Vault ofrece fortes opcións de cifrado para usuarios que adoitan xestionar información sensíbel, confidencial ou privada, e fainas fáciles de usar. Permítelle bloquear e cifrar conxuntos de documentos e ocultalos de ollos alleos incluso cando ten a sesión iniciada. Plasma Vault estende a funcionalidade de actividades de Plasma con almacenamento seguro.
Bota unha ollada ao que ofrece Plasma, unha selección de funcionalidades sen rival en ningún software de escritorio.
Cubre o teu escritorio de trebellos útiles para estar ao día do tempo meteorolóxico, entreterte con banda deseñada e axudar con cálculos.
Descargar fondos de pantalla, estilos de xanelas, trebellos, efectos de escritorio e ducias doutros recursos directamente ao seu escritorio. Traballamos na nova tenda de KDE para traerlle unha ampla selección de complementos listos para instalar.
Plasma permite buscar facilmente aplicacións, cartafoles, música, vídeos, ficheiros… se o ten, Plasma pode atopalo.
O tema predeterminado Breeze de Plasma theme ten unha aparencia unificada en todos os conxuntos de ferramentas comúns de programación: Qt 4 e 5, GTK 2 e 3, e LibreOffice.
Con KDE Connect pode recibir notificacións de novas mensaxes de texto no escritorio, transferir facilmente ficheiros entre o seu computador e o seu dispositivo móbil, silenciar a música durante as chamadas, e mesmo usar o seu móbil como mando a distancia.
Plasma é simple de maneira predeterminada, pero potente cando se necesita. Pode personalizalo como guste con novos trebellos, paneis, pantallas e estilos.
View full changelogThe easiest way to try it out is with a live image booted off a USB disk. Docker images also provide a quick and easy way to test Plasma.
Download live images with Plasma Download Docker images with PlasmaDistributions have created, or are in the process of creating, packages listed on our wiki page.
Note that packages of this release might not be available on all distributions at the time of this announcement.
Package download wiki pageYou can install Plasma directly from source.
Community instructions to compile it Source Info PageYou can give us feedback and get updates on our social media channels:
Discuss KDE on the KDE Forums.
You can provide feedback direct to the developers via the #Plasma Matrix channel, Plasma-devel mailing list or report issues via Bugzilla. If you like what the team is doing, please let them know!
Your feedback is greatly appreciated.
KDE is a Free Software community that exists and grows only because of the help of many volunteers that donate their time and effort. KDE is always looking for new volunteers and contributions, whether it is help with coding, bug fixing or reporting, writing documentation, translations, promotion, money, etc. All contributions are gratefully appreciated and eagerly accepted. Please read through the Supporting KDE page for further information or become a KDE e.V. supporting member through our Join the Game initiative.
KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Windows, Haiku, and macOS.
Trademark Notices.
KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V..
Linux is a registered trademark of Linus Torvalds. UNIX is a registered trademark of The Open Group in the United States and other countries.
All other trademarks and copyrights referred to in this announcement are the property of their respective owners.
For more information send us an email: press@kde.org