KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

O novo Plasma trae unha interface máis limpa sobre novo software gráfico

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma 5 Banner

Plasma 5.0
Plasma 5.0
15 de xullo de 2014. KDE está orgulloso de anunciar a dispoñibilidade inmediata de Plasma 5.0, que fornece unha experiencia de escritorio base actualizada visualmente que resulta fácil de usar e familiar para o usuario. Plasma 5.0 introduce unha nova versión principal da oferta de espazos de traballo de KDE. O novo concepto de arte de Breeze introduce aspectos visuais máis limpos e unha mellor lexibilidade. Os fluxos de traballo principais simplificáronse sen alterar os padróns de interacción dominantes máis coñecidos. Plasma 5.0 mellora a compatibilidade con pantallas de PPP altos e distribúe un intérprete de ordes converxente, capaz de cambiar entre experiencias de usuario pada distintos dispositivos de destino. Entre os cambios internos están a migración a un novo software de gráficos acelerados completamente por hardware centrado nun grafo de escena OpenGL(ES). Plasma constrúese usando Qt 5 e a versión 5 das infraestruturas.

Entre os principais cambios desta nova versión están:

  • Unha experiencia de usuario visual e interactiva actualizada, modernizada e máis limpa
    O novo tema Breeze ten un contraste alto, un tema plano para o espazo de traballo. Está dispoñíbel en variantes claras e escuras. Os recursos gráficos máis simples e monocromáticos e disposicións centradas nos textos ofrecen unha experiencia de usuario limpa e clara visualmente.
  • Rendemento gráfico máis fluído grazas a un software gráfico actualizado
    As interfaces de usuario de Plasma renderízanse sobre un grafo de escena de OpenGL ou OpenGL ES, descargando moitas da tarefa de renderización que requiren moito procesamento. Isto permite taxas de fotograma superiores e visualización de gráficos máis fluídos ao tempo que se liberan recursos do procesador principal do sistema.

  • Estes son outros cambios visíbeis:
    • Intérprete de ordes converxente
      O «intérprete de ordes converxente de Plasma» que carga o escritorio en Plasma 5.0 pode estenderse con outras experiencias de usuario. Isto estabelece a base para unha experiencia de usuario converxente que trae unha interface de usuario axeitada para o dispositivo de destino. As experiencias de usuario poden cambiarse de maneira dinámica en tempo de execución a raíz de eventos de hardware como conectar un teclado ou un rato.
    • Iniciadores modernizados
      Fixéronse cambios internos nas interfaces de usuario dos iniciadores de aplicacións. Entre os cambios están o cambio de deseño visual do iniciador de aplicacións Kickoff, un novo iniciador de estilo menú chamado Kicker e unha nova interface para KRunner baseada en QtQuick.

    • Melloras de fluxo de traballo na área de notificacións
      Limpouse a área de notificacións, que agora ten unha aparencia máis integrada. Grazas a ter menos xanelas emerxentes e transicións máis rápidas por exemplo entre a xestión de enerxía e a configuración de rede, agora podemos gozar dun padrón de interacción con menos distraccións e maior coherencia visual.
    • Mellor compatibilidade con pantallas de alta densidade (PPP altos)
      Mellorouse a compatibilidade con pantallas de PPP altos. Agora moitas partes da interface de usuario teñen en conta o espazo físico da pantalla. Grazas a iso gozamos dunha mellor facilidade de uso en pantallas con píxeles moi pequenos, como as pantallas Retina.

    A guía visual de funcionalidades de Plasma 5.0 fornece unha viaxe turística pola actualización do escritorio.

    O traballo visual de Breeze mellora a claridade visual

    Brightness Settings in Plasma 5
    Brightness Settings in Plasma 5
    O novo tema Breeze, que aínda está dando os seus primeiros pasos, dá a benvida cunha interface de usuario máis limpa e modernizada, que mellora o contraste e reduce o ruído visual en todo o espazo de traballo. Ao confiar máis no texto é máis doado recoñecer os elementos da interface de usuario. Estes cambios van acompañados dun tema plano predeterminado e un contraste mellorado para mellorar aínda máis a clareza visual. Dado que Breeze é un novo concepto de arte aínda está empezando a dar a cara. Xa hai dispoñíbel un tema para compoñentes do espazo de traballo, estase a traballar nun tema para os trebellos tradicionais, e comezou o traballo nun novo tema de iconas. A migración a un espazo de traballo decorado completamente con Breeze será progresivo, e as primeiras mostras aparecerán en Plasma 5.0.
    Plasma 5 trae un maior nivel de flexibilidade e consistencia aos compoñentes base do escritorio. O explorador de trebellos e os cambiadores de xanela e actividade comparten agora un esquema de interacción. Confiar máis en listas horizontais en vez de verticais para maior facilidade de uso. Mover o cambiador de xanelas á parte lateral da pantalla cambia o foco do usuario ás aplicacións e aos documentos, deixando o escenario libre para a tarefa coa que se está.

    A converxencia da interface de usuario

    Wallpaper Settings
    Wallpaper Settings
    O mecanismo de «Aparencia e comportamento» introducido en Plasma 5 permite cambiar varias partes como os cambiadores de tarefa e de actividade, as pantallas de bloqueo e de acceso e o diálogo de «Engadir trebellos». Isto permite unha maior consistencia entre os fluxos de traballo centrais, mellora a claridade dentro de padróns de interacción similares e cambiar padróns de interacción relacionados en todo o espazo de traballo dunha vez.
    Ademais o intérprete de ordes de Plasma 5 pode cargar e cambiar entre experiencias de usuarios dun dispositivo de destino dado, introducindo un intérprete de ordes de espazo de traballo verdadeiramente converxente. O espazo de traballo que se demostra nesta publicación é o escritorio de Plasma. Representa unha evolución dos paradigmas xa coñecidos de escritorio e portátil. Como alternativas estase traballando en experiencias de usuario para tabletas e para centros multimedia. Plasma 5.0 resultará familiar, pero fornecerá unha experiencia de espazo de traballo máis moderna, consistente e limpa.

    Software gráfico acelerado completamente por hardware

    Search in Plasma
    Search in Plasma
    Plasma 5 completa a migración do espazo de traballo de Plasma a QtQuick. O QtQuick 2 de Qt 5 usa un grafo de escena de OpenGL(ES) acelerado por hardware para compoñer e renderizar os gráficos na pantalla. Isto permite deixar operacións gráficas que requiren moito procesamento en mans da GPU, o que libera recursos para a unidade central de procesamento do sistema, é máis rápido e consume menos enerxía.
    Os cambios internos do compositor gráfico e das infraestruturas correspondentes serven para preparar a compatibilidade con Wayland, planificada para unha publicación futura.

    Idoneidade e actualizacións

    New Lock Screen
    New Lock Screen
    Plasma 5.0 fornece un escritorio base cun conxunto de funcionalidades que serán abondo para a maioría dos usuarios. O equipo de desenvolvemento está centrado nas ferramentas para construír os fluxos de traballo centrais. Polo tanto non todas as funcionalidades da serie 4.x de Plasma están dispoñíbeis xa, moitas delas está planificado que regresen nunha publicación posterior. Como con calquera publicación de software destas dimensións, haberán fallos que fagan a migración a Plasma 5 difícil para algúns usuarios, aínda que non imposíbel. Ao equipo de desenvolvemento gustaríalle saber de calquera problema que experimente, para poder investigalo e solucionalo. Compilamos unha lista de problemas coñecidos. Os usuarios poden esperar actualizacións mensuais de correccións, e unha publicación que trae novas funcionalidades e recupera máis funcionalidades vellas para o outono de 2014.
    Ao substancialmente novo equipo de ferramentas é de esperar que, nesta primeira versión estábel, o acompañarán fascinantes quebras e problemas que levará tempo corrixir. En especial o rendemento gráfico dependerá en gran medida da configuración específica de hardware e software e os padróns de uso. Se ben ten un gran potencial, leva tempo acabar cos problemas. O software sobre o que repousa podería non estar tampouco listo para isto. En moitos casos Plasma 5.0 demostrará o rendemento fluído do que é capaz, pero para outros algúns dos problemas poderían ter efectos negativos. Todo pode corrixirse e corrixirase, pero isto depende en gran medida de compoñentes como Qt, Mesa e os controladores de hardware.

    Instalar e fornecer información

    Antes da instalación recoméndase ler a lista de problemas coñecidos.

    Ending the Plasma Session
    Ending the Plasma Session
    A forma máis sinxela de probalo é a ISO de Neon 5, unha imaxe directa de sistema operativo actualizada coas últimas construcións directamente das fontes.

    Algunhas distribucións crearon ou están a crear paquetes; para un resumo dos paquetes da 5.0 consulte a nosa páxina wiki de paquetes de distribucións

    Descarga das fontes. Pode instalar Plasma 5.0 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4.x, terá que desinstalar as versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

    Pode darnos a súa opinión ben mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Tamén se fala de Plasma 5 nos foros de KDE. Agradecemos que nos faga chegar a súa opinión. E se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

    Apoiar KDE

    KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

    Sobre KDE

    KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


    Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


    Contactos de prensa

    Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
    press@kde.org

    Ligazóns de navegación globais