Mércores, 25 de outubro de 2017. Hoxe KDE publica unha actualización LTS bugfix a Plasma 5, con versión 5.8.8 LTS.
Plasma 5.8 LTS
publicouse en October con moitas melloras de funcionalidades e módulos novos para completar a experiencia de escritorio.
Esta versión engade un resultado de six months' de novas traducións e correccións dos colaboradores de KDE. As correccións adoitan ser pequenas pero importantes, e inclúen:
Corrixir a quebra ao usar Discover durante as actualizacións. Remisión. Corrixe o fallo #370906
Intentar ler o reloxo da CPU de cpufreq/scaling_cur_freq en vez de /proc/cpuinfo. Remisión. Corrixe o fallo #382561. Revisión de código de Phabricator D8153
Xestor de quebras DrKonqi: facer que anexar trazas inversas a informes de fallo funcione. Remisión.
Look and Feel/Notifications. Fix crash when removing panel with system tray in it. Commit. Fixes bug #378508. Phabricator Code review D6653
A forma máis dopada de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. As imaxes de Docker tamén ofrecen unha forma rápida e sinxela de probar Plasma.
KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.
Sobre KDE
KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.
Notas de marca rexistrada.
Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son
marcas rexistradas de KDE e.V.
Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds.
UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e
outros países.
O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son
propiedade dos seus respectivos propietarios.
Contactos de prensa
Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico: press@kde.org