
KDE Plasma 5.8.1, a versión de corrección de erros de outubro
Tamén dispoñíbel en:
English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

Martes, 11 de outubro de 2016. Hoxe KDE publica unha actualización de correccións de KDE Plasma 5, con versión 5.8.1. Plasma 5.8 publicouse en outubro con moitas melloras de funcionalidades e módulos novos para completar a experiencia de escritorio.
Esta versión engade un resultado dunha semana de novas traducións e correccións dos colaboradores de KDE. As correccións adoitan ser pequenas pero importantes, e inclúen:
- Corrixir os atallos só con modificador tras usar Alt+Tab
- Compatibilidade con EGL_KHR_platform_x11
- Corrixir a quebra ao mover un panel entre dúas xanelas
- Moitas correccións de Wayland, p. ex. resize-only-borders
Imaxes en vivo
A forma máis sinxela de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. Pode consultar unha lista de imaxes directas con Plasma 5 no wiki da comunidade de KDE.
Descargas de paquetes
As distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.
Descargas de fontes
Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.
Feedback
Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en


Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.
Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!
Agradecemos a súa opinión.
Apoiar KDE
KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.
Sobre KDE
KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.
Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.
Contactos de prensa
Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org