KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica Plasma 5.3 beta, unha nova versión de funcionalidades

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Français | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Martes, 14 de abril de 2015. Hoxe KDE publica unha versión beta de Plasma 5, con versión 5.2.95.

Beta da versión 5.3 de Plasma
Beta da versión 5.3 de Plasma

Realces


Informar sobre o que bloquea o aforro de enerxía
Agora o miniaplicativo de batería informa de que bloquea o aforro de enerxía
Monitor de uso de enerxía
Novo monitor de uso de enerxía

Xestión da enerxía mellorada

  • A configuración da xestión de enerxía pode configurarse de maneira distinta para certas actividades
  • O portátil non se suspenderá ao pechar a tapa mentres hai un monitor externo conectado («modo de cine», predeterminado, pode desactivarse)
  • As inhibicións da xestión de enerxía tamén bloquean a pantalla de bloqueo
  • Os cambios de brillo das pantallas están agora animados en case todo o hardware
  • Xa non suspende ao pechar a tapa mentres se está a apagar
  • Permitir os botóns de teclado de control de brillo da pantalla de bloqueo
  • KInfoCenter fornece estatísticas sobre o consumo de enerxía
  • Agora o vixiante da batería mostra que aplicativos están afectados actualmente por unha inhibición da xestión de enerxía (p. ex. «Chrome está a inhibir a xestión de enerxía: Reproducindo un vídeo»)

Bluedevil
O novo miniaplicativo de Bluedevil

Mellores funcionalidades de Bluetooth

  • Novo miniaplicativo de Bluetooth
  • Bluedevil migrouse a unha nova biblioteca de KDE, BluezQt
  • Engadiuse a posibilidade de bloquear e desbloquear o Bluetooth
  • Agora os dispositivos conectados con funcionalidade de navegación de ficheiros (ObexFTP) móstranse no panel de lugares do diálogo de ficheiros

Configure a súa área táctil
Configure a súa área táctil

Engadiuse un módulo de configuración de área táctil


O menú de aplicativo pode acceder aos contactos
O menú de aplicativo pode acceder aos contactos
O menú de aplicativo pode mostrar os contactos recentes
O menú de aplicativo pode mostrar os contactos recentes

Melloráronse os trebellos de Plasma

  • O miniaplicativo de portapapeis recibe a posibilidade de mostrar códigos de barras
  • Unificáronse as bases de código de contedor do escritorio e da vista de cartafol, e producíronse melloras de rendemento
  • Agora as seccións de documentos e aplicativos recentes do menú dos aplicativos (Kicker) fan uso das actividades de KDE
  • Volve o trebello de banda deseñada
  • Volven os plasmoides do monitor do sistema, como o monitor da carga da CPU e do uso do disco duro

Centro multimedia de Plasma - Versión preliminar

Centro Multimedia de Plasma
Centro Multimedia de Plasma

O centro multimedia de Plasma engádese como versión preliminar nesta beta. É completamente estábel pero fáltanlle funcionalidades en comparación coa versión 1. Pode iniciar sesión directamente no centro multimedia de Plasma se quere usalo nun dispositivo multimedia como un televisor ou un proxector, ou pode executalo desde o escritorio de Plasma. Buscará vídeos, música e imaxes no computador para permitirlle examinalos e reproducilos.


Agora Plasma pode iniciar un servidor de XWayland aniñado
Agora Plasma pode iniciar un servidor de XWayland aniñado

Grandes avances na compatibilidade con Wayland

  • Plasma 5.3 da un gran paso cara a compatibilidade co sistema de xanelas Wayland ademais de co sistema de xanelas predeterminado X11. Agora o xestor de xanelas e compositor de Plasma, KWin, pode iniciar un servidor aniñado de XWayland que actúa de ponte entre o vello mundo (X11) e o novo (Wayland). As xanelas de X11 poden conectarse a este servidor como se fose un servidor de X normal, pero para KWin parece unha xanela de Wayland. Isto significa que KWin pode xestionar xanelas de Wayland nesta publicación, pero non se espera unha integración completa ata Plasma 5.4.
  • Ademais KWin recibiu novos modos de saída para Wayland que permiten iniciar un KWin aniñado en X11 e iniciar KWin directamente nun dispositivo de búfer de fotogramas, que será a reserva para o caso non que non se permitan nin OpenGL nin a configuración de modo de núcleo. Para Plasma 5.4 espérase unha infraestrutura de renderización na configuración do modo de núcleo. Pode atopar máis información sobre novas infraestruturas e como probalos nas páxinas wiki de KWin. Teña en conta que isto só é unha versión preliminar de desenvolvemento e código novo altamente experimental.

Correccións de fallos por todas partes

Corrixíronse 348 fallos reducindo as quebras e permitindo un uso máis fiábel.

Historial de cambios completo en Plasma 5.2.95

Imaxes en vivo

A forma máis sinxela de probar Plasma é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB.

Descargas de paquetes

As distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en Facebook, Twitter ou Google+.

Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.

Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Agradecemos a súa opinión.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais