KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica Plasma 5.2

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Français | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Martes, 27 de xaneiro de 2015. Hoxe KDE publica Plasma 5.2. Esta publicación engade varios compoñentes novos, moitas novas funcionalidades e moitas máis correccións.

Plasma 5.2

Novos compoñentes

Configuración de dous monitores
Configuración de dous monitores en KScreen

Esta versión de Plasma inclúe algúns compoñentes novos para completar o teu escritorio:

BlueDevil: un intervalo de compoñentes de escritorio para xestionar dispositivos de Bluetooth. Configurará o seu rato e teclado, enviar e recibir ficheiros e pode examinar os seus dispositivos.

KSSHAskPass: se accede a computadores con chaves de SSH pero esas chaves teñen contrasinal, este módulo forneceralle unha interface gráfica de usuario para escribir eses contrasinais.

Muon: instalar e xestionar software e outros complementos do computador.

Configuración do tema de acceso (SDDM): agora SDDM é o xestor de acceso escollido por Plasma e este novo módulo de configuración do sistema permítelle configurar o tema.

KScreen: publícase a primeira versión para Plasma 5 do módulo da configuración do sistema para configurar a compatibilidade con varios monitores.

Estilo de aplicacións de GTK: este novo módulo permite configurar o tema das aplicacións de GNOME.

KDecoration: esta nova biblioteca facilita e estabiliza facer temas para KWin, o xestor de xanelas de Plasma. Ten impresionantes melloras de memoria, rendemento e estabilidade. Se bota en falta algunha funcionalidade non se preocupe, volverá en Plasma 5.3.

Outras cousas a salientar

Desfacer cambios na disposición de escritorio de Plasma

Desfacer os cambios de escritorio
Desfacer os cambios na disposición de escritorio

Orde máis intelixente dos resultados de KRunner, prema Alt+Espazo para buscar facilmente no seu computador

Ordenamento intelixente en KRunner
Ordenamento intelixente en KRunner

O tema de decoración de xanelas de Breeze engade un novo aspecto ao escritorio e agora úsase de maneira predeterminada

Nova decoración de xanela de Breeze
Nova decoración de xanela de Breeze

Os artistas do grupo de deseño visual estiveron traballando duramente en moitas novas iconas de Breeze

Nova decoración de xanela de Breeze
Máis iconas de Breeze

Engadiron un novo tema de cursor de rato branco para Breeze.

Novos trebellos de Plasma: quebracabezas 15, navegador web, mostrar o escritorio

Plasmoide de navegador web
Plasmoide de navegador web

Controis do reprodutor de son de KRunner, prema Alt + Espazo e escriba «seguinte» para cambiar a pista de música

O menú de aplicacións alternativas de Kicker pode instalar aplicacións desde o menú e engade funcionalidades de edición de menús.

A nosa funcionalidade de busca de escritorio, Baloo, recibiu optimizacións de inicio. Agora consume entre 2 e 3 veces menos CPU no inicio. O analizador de consultas permite as propiedades «type» e «kind», para que poida escribir «kind:Audio» en KRunner para limitar os resultados a sons.

No bloqueador de pantalla melloramos a integración con logind para asegurarnos de que a pantalla está bloqueada correctamente antes de suspender. O fondo da pantalla de bloqueo pode configurarse. Internamente usa parte do protocolo de Wayland que é o futuro do escritorio de Linux.

Hai melloras na xestión de varios monitores. O código de detección de varios monitores migrouse para usar a extensión XRandR directamente e corrixíronse varios fallos relacionados.

As aplicacións predeterminadas do menú de panel Kickoff actualizáronse para listar a mensaxaría instantánea, Kontact e Kate.

Hai unha agradecida volta á funcionalidade de activar e desactivar áreas táctiles para áreas de teclas de portátil con estas teclas.

Breeze preparará os temas de GTK na primeira sesión para que coincidan.

Corrixíronse máis de 300 fallos nos módulos de Plasma.

Historial completo de cambio da versión 5.2 dos módulos de Plasma

Imaxes en vivo

A forma máis doada de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco de USB. Hai imaxes que usan Plasma 5.2 beta dispoñíbeis para versións de desenvolvemento de Kubuntu Vivid beta e Fedora 21 remix. Prevemos que Plasma 5 se converta no escritorio predeterminado das principais distribucións durante os próximos meses.

Descargas de paquetes

As distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en Facebook, Twitter ou Google+.

Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.

Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Agradecemos a súa opinión.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais