Anuncios de versiónsPlasma 5.15.0

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Русский | Svenska | Українська

Plasma 5.15
KDE Plasma 5.15

Martes, 12 de febreiro de 2019.

Hoxe KDE publica a primeira versión estábel de Plasma en 2019: saúde a Plasma 5.15.

Para o primeiro lanzamento de produción de 2019 o equipo de Plasma adoptou o obxectivo de facilidade de uso e produtividade de KDE e estivo a traballar en cazar e retirar todas as pequenas cousas que reducen a súa produtividade.

Tendo isto en conta, fixemos equipo cos colaboradores do VDG (grupo de deseño visual) para que avaliasen todos os problemas molestos do noso software e corrixímolos para asegurar que o fluxo de traballo sexa intuitivo e consistente para uso diario.

Plasma 5.15 trae varios cambios nas interfaces de configuración, como máis opcións para configuracións de rede complexas. Engadíronse moitas iconas e cambiouse o deseño doutras tantas para aclaralas. Melloramos de maneira significativa a integración con tecnoloxías de terceiros como GTK e Firefox.

Discover, o instalador de software e complementos de Plasma, recibiu moreas de melloras para axudarlle a manterse ao día e atopar as ferramentas que necesita para completar as súas tarefas.

Instale Plasma 5.15 e díganos o que lle parece.

Examinar a lista de cambios completa de Plasma 5.15 para aprender máis sobre outros axustes e correccións de fallos incluídas nesta versión:


Novo en Plasma 5.15

Trebellos de Plasma


Configuración


Integración multiplataforma


Descubrir


Xestión das xanelas


Wayland


Xestión da rede


Iconas de Breeze

As iconas de Breeze publícanse coas infraestruturas de KDE pero úsanse de maneira xeneralizada en Plasma, así que aquí salientamos algunhas das melloras que se fixeron durante os últimos meses.


Outro


Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores. Xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, ou doando cartos, todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org