Anuncios de versiónsPlasma 5.14.0

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Русский | Svenska | Українська

Plasma 5.14
KDE Plasma 5.14

Martes, 9 de outubro de 2018. Hoxe KDE publica a primeira versión de Plasma 5.14.

Plasma é o escritorio de Linux lixeiro e completo. Durante os últimos tres meses estivemos engadindo funcionalidades e corrixindo fallos e agora convidámoslle a instalar Plasma 5.14.

Traballamos a reo en mellorar Discover, o xestor de software de Plasma, e entre outras cousas engadimos a funcionalidade de actualización de firmware e moitas melloras sutís da interface de usuario para que funcione de maneira máis fluída. Tamén reescribimos moitos dos efectos do noso xestor de xanelas, KWin, e mellorámolo para que as animacións rendan mellor no seu día a día. Entre o resto de melloras que fixemos hai un novo trebello de configuración da pantalla que pode resultar útil ao facer presentacións.


Examinar a lista completa de cambios de Plasma 5.14 para descubrir máis axustes e correccións de fallos incluídas nestas versión: Historial de cambios completo en Plasma 5.14


Novo en Plasma 5.14


Novas funcionalidades


Plasma Discover
Plasma Discover

Plasma Discover

Discover, a noso instalador de software e complementos, ten máis funcionalidades e mellora a súa aparencia e comportamento.


Efecto de deslizamento mellorado en KWin

KWin e Wayland:


Arranxos de erros

Solucionamos moitos fallos, entre eles:


Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores. Xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, ou doando cartos, todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org