Anuncios de versiónsPlasma 5.13.0

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Русский | Svenska | Українська

Plasma 5.13
KDE Plasma 5.13

Martes, 12 de xuño de 2018. Hoxe KDE destapa a versión final de Plasma 5.13.0.

Os membros do equipo de Plasma estiveron a traballar a reo en seguir facendo de Plasma un escritorio lixeiro e reactivo que se carga e funciona rapidamente, pero sigue contando cunha morea de funcionalidades e unha aparencia pulida. Pasamos os últimos catro meses optimizando o inicio e minimizando o consumo de memoria. As funcionalidades básicas, como as xanelas emerxentes dos paneis, optimizáronse para asegurarse de que se executan de maneira fluída incluso en soporte físico con capacidades limitadas. O noso equipo de deseño tampouco descansou, e produciu uns novos gráficos de pantalla de bloqueo e de acceso integrados e preciosos.


Examinar a lista completa de cambios de Plasma 5.13 para atopar aínda máis axustes e correccións de fallos incluídas nestas versión: Historial de cambios completo en Plasma 5.13.0


Novo en Plasma 5.13


Integración co navegador de Plasma

A integración de Plasma con navegadores é unha colección de novas funcionalidades que fan que Firefox, Chrome e navegadores baseados en Chromium funcionen co seu escritorio. Agora as descargas móstranse na xanela emerxente de notificacións de Plasma igual que cando se transfiren ficheiros con Dolphin. Os plasmoides de control de reprodución poden silenciar e saltar vídeos e música que se reproduza desde o navegador. Pode enviar unha ligazón ao seu teléfono con KDE Connect. Os separadores do navegador poden abrirse directamente usando KRunner mediante o atallo de teclado Alt+Espazo. Para activar a integración de Plasma con navegadores, engada o complemento correspondente da tenda de complementos do seu navegador favorito.

Integración das descargas do navegador con Plasma     Integración dos controis de reprodución do navegador con Plasma
Integración das descargas e dos controis de reprodución do navegador con Plasma

Cambios de deseño da configuración do sistema

Cambiamos o deseño das nosas páxinas de configuración. O grupo de deseño visual de KDE revisou varias das ferramentas da configuración do sistema e agora estamos a facer realidade eses deseños. A infraestrutura Kirigami de KDE confire unha mellor aparencia ás páxinas. Comezamos coas ferramentas de temas, que inclúen páxinas de iconas, de temas de escritorio e de temas de cursores. Agora a páxina da pantalla de acceso pode descargar novas pantallas de acceso da tenda de KDE. Agora a páxina das fontes pode mostrar vistas previas da configuración de antialias de subpíxeles.

Tema de escritorio Configuración das fontes Temas de iconas
Cambiouse o deseño de páxinas da configuración do sistema

Nova aparencia para as pantallas de bloqueo e acceso

As nosas pantallas de acceso e bloqueo contan con novo deseño que mostra o fondo da versión actual de Plasma de maneira predeterminada. Agora a pantalla de bloqueo incorpora unha transición de esvaer a desenfocar moi bonita para mostrar os controis, que permite que se poida usar facilmente como protector de pantalla.

Bloquear a pantalla Pantalla de identificación
Nova aparencia para as pantallas de bloqueo e acceso

Efecto de desenfoque mellorado no menú do panel de control
Efecto de desenfoque mellorado no menú do panel de control

Compositor de gráficos

O noso compositor, KWin, recibiu efectos de desenfoque e cambio de escritorio moi mellorados. O traballo en Wayland continuou, coa volta das regras de xanelas, o uso de contextos de EGL de prioridade alta, e a compatibilidade inicial con emisións de pantalla e comparticións de escritorio.


As listas de Discover con puntuacións, iconas adaptadas ao tema e opcións de orde
As listas de Discover con puntuacións, iconas adaptadas ao tema e opcións de orde

Descubrir

Discover, a noso instalador de software e complementos, ten máis funcionalidades e inclúe melloras da súa aparencia e comportamento.

A nosa infraestrutura de interface de usuario Kirigami permitiunos mellorar a aparencia das páxinas de listas e categorías, que agora usan barras de ferramentas en vez de imaxes de báners grandes. Agora as listas poden ordenarse e usar o novo trebello de tarxetas de Kirigami. Nas páxinas de listas e aplicacións móstranse as puntuacións de estrelas. As iconas de aplicacións usan o tema de iconas local para axustarse mellor á configuración do escritorio. Agora todos os metadatos de AppStream móstranse na páxina da aplicación, incluíndo todos os tipos de URL.

Continuou o traballo nos formatos de aplicacións empaquetadas. A compatibilidade con Snap agora permite aos usuarios controlar os permisos das aplicacións, e pódense instalar Snaps que usan o modo clásico. E agora permítese o formato de URL «snap://». A compatibilidade con Flatpak recibe a habilidade de escoller o repositorio preferido do que instalar cando hai máis dun configurado.


Moito máis

Entre os outros cambios están:


GEdit co menú na barra de título    Novo deseño para o trebello do reprodutor de son e vídeo    Conectar un monitor externo
GEdit co menú de barra de título. Cambiouse o deseño do trebello do reprodutor. Diálogo de conectar monitores externos.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Solaris, Windows and macOS.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org