Anuncios de versiónsPlasma 5.10.0

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

Plasma 5.10
KDE Plasma 5.10

Martes, 30 de maio de 2017. Hoxe KDE publicou a nova versión 5.10 de Plasma, o noso escritorio, con novas funcionalidades en toda a colección para dar aos usuarios unha experiencia á altura da nosa consigna: simple de primeiras, potente cando toca.


Xestor de tarefas do panel

Clic central de rato para agrupar

Agora o xestor de tarefas, a lista de aplicacións do panel, ten opcións de clic central de rato como agrupar e desagrupar aplicacións.

Hai varias melloras adicionais, como por exemplo:


A vista de cartafol é o novo escritorio predeterminado

Carga aniñada na vista de cartafoles
Usar un cartafol no escritorio de maneira predeterminada

Tras algúns anos eludindo as iconas no escritorio aceptamos o inevitábel e cambiamos a vista de cartafol como escritorio predeterminado que trae algunhas iconas de maneira predeterminada e permite aos usuarios poñer calquera ficheiro ou cartafol que queiran a man. Entre as outras melloras que se fixeron á vista de cartafol están:


Novas funcionalidades por todas partes

Agora a pantalla de bloqueo ten controis de música
Agora a pantalla de bloqueo ten controis de música

 

Busca de Plasma no centro de software
A busca de Plasma no centro de software ofrécese a instalar aplicacións

 

Menú de dispositivo de volume de son
Menú de dispositivo de volume de son

Hai moitas máis melloras en todo o escritorio, estas son só algunhas delas:


Mellorouse a compatibilidade con pantallas táctiles

Teclado virtual nas pantallas de acceso e de bloqueo
Teclado virtual nas pantallas de acceso e de bloqueo
Melloráronse moitos aspectos da compatibilidade con áreas táctiles:

Traballando no futuro con Wayland

Traballamos a reo en migrar á nova capa de gráficos Wayland, o cambio chegará, pero non o recomendamos ata que sexa completamente transparente para o usuario. Tamén haberán funcionalidades melloradas, como que KWin agora permite cambiar as pantallas de escala en distintos niveis se ten un monitor de DPI alto e unha pantalla de DPI normal.

Agora a compatibilidade coas disposicións de teclado en Wayland ten todas as funcionalidades de X11:


Selección de pantalla de arranque de Plymouth

Módulo de KControl de Plymouth
Módulo de KControl de Plymouth

Un novo módulo de configuración do sistema permítelle descargar e seleccionar pantallas de arranque.


Agrupacións de paquetes

Seleccionar un ficheiro usando o portal de selector de ficheiro, chamando ao portal de openURI e ao portal de notificación
Integración de Flatpak con xdg-desktop-portal-kde: seleccionar un ficheiro usando o portal de selector de ficheiro, chamando ao portal de openURI e ao portal de notificación

Engadiuse compatibilidade experimental con novos formatos de paquetes independentes que están aparecendo. O centro de software Discover recibiu infraestruturas provisionais para Flatpak e Snappy. O novo complemento xdg-desktop-portal-kde engadiu a KDE integración con aplicacións empaquetadas de Flatpak.

Compatibilidade coas puntuacións de escritorios abertos de GNOME, substituíndo o anterior concurso de popularidade de Ubuntu con moreas de recensións e comentarios que xa existían.


Historial de cambios completo en Plasma 5.10

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro do programa de apoio de KDE e.V.

Sobre KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Solaris, Windows and macOS.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org