KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a beta da segunda edición de Plasma 5

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська


As aplicacións da versión 4 da plataforma de KDE teñen agora un tema adaptado a Plasma 5

30 de setembro de 2014. Hoxe KDE publica a beta da segunda publicación de Plasma 5. Plasma 5 publicouse hai tres meses con moitas melloras de funcionalidades e simplificando a base de código existente do popular escritorio de KDE no que traballarán os desenvolvedores nos vindeiros anos.

Esta publicación é para que os probadores atopen fallos antes da nosa segunda publicación de Plasma 5.


Algunhas novas funcionalidades


Selector de miniaplicativo

Os paneis de Plasma teñen novos conmutadores para intercambiar facilmente os distintos trebellos que cumpren unha mesma función. Pode seleccionar o menú de aplicacións, reloxo ou xestor de tarefa que quere con facilidade.


O xestor de tarefas de só iconas está de volta para os que queiras un panel limpo.


Xestor de tarefas de só iconas

Un novo módulo da configuración do sistema permítelle cambiar de tema de escritorio.



Tema Breeze para Qt 4

Un novo tema de trebellos de Breeze para Qt 4 permite que aplicacións escritas coa versión 4 da plataforma de KDE se axusten aos escritorios coa versión 5 de Plasma.


Descargas de paquetes

Algunhas distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en Facebook, Twitter ou Google+.

Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.

Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Agradecemos a súa opinión.

Apoiar KDE

Producimos software fermoso para o seu computador, e encantaríanos que se nos unise para melloralo ou axudar a outros usuarios. Se non ten tempo para colaborar de maneira directa, considere facer unha doazón.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais