KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a primeira versión de corrección de erros de Plasma 5

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Suomi | Galician | Hungarian | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma 5

12 de agosto de 2014. Hoxe KDE publica a primeira actualización de correccións de Plasma 5. Plasma 5 publicouse hai un mes con moitas melloras de funcionalidades e simplificando a base de código existente do popular escritorio de KDE no que traballarán os desenvolvedores nos vindeiros anos.

Esta publicación, con versión 5.0.1, engade un mes de novas traducións e correccións dos colaboradores de KDE. As correccións adoitan ser pequenas pero importantes, como corrixir texto que non se podía traducir, usar as iconas correctas ou corrixir ficheiros que se sobrepoñen con software da versión 4 das bibliotecas de KDE.

Imaxes en vivo

A forma máis sinxela de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. Hai imaxes dispoñíbeis para versións de desenvolvemento de Kubuntu Plasma 5.

Descargas de paquetes

Algunhas distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión ben mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Tamén se fala de Plasma 5 nos foros de KDE. Agradecemos que nos faga chegar a súa opinión. E se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Solaris, Windows and macOS.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais