KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.47.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

09 de xuño de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.47.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Rematar a execución da consulta de maneira anticipada se un subtermo devolve un resultado baleiro
  • Evitar unha quebra ao ler datos corruptos de bases de datos de termos de documentos (fallo 392877)
  • xestionar listas de cadeas como entrada
  • Ignorar máis tipos de ficheiros fonte (fallo 382117)

Iconas de Breeze

  • actualizáronse as asas e o menú de sobreposición

Módulos adicionais de CMake

  • Cadea de ferramentas para Android: permitir indicar bibliotecas adicionais manualmente
  • Android: Non definir qml-import-paths se está baleiro

KArchive

  • xestionar ficheiros ZIP dentro de ficheiros ZIP (fallo 73821)

KCMUtils

  • [KCModuleQml] Ignorar os controis desactivados ao tabular

KConfig

  • kcfg.xsd - non requirir un elemento kcfgfile

KConfigWidgets

  • Corrixir o esquema de cores «Predeterminado» para que volva coincidir co de Breeze

KDeclarative

  • Definir a propiedade de contexto kcm no contexto correcto
  • [Plotter] Non renderizar se m_node é nulo (fallo 394283)

KDocTools

  • Actualizar a lista de entidades ucraínas
  • engadir a entidade OSD a general.entites
  • Engadir as entidades CIFS, NFS, Samba e SMB a general.entities
  • Engadir Falkon, Kirigami, macOS, Solid, USB, Wayland, X11 e SDDM ás entidades xerais

KFileMetaData

  • comprobar que a versión de ffmpeg é polo menos a 3.1, que introduce a API que necesitamos
  • buscar as etiquetas «artist» e «albumartist» de álbum en taglibextractor
  • popplerextractor: non intentar adiviñar o título se non hai un

KGlobalAccel

  • Asegurarse de que a solicitude de teclado de soltar se procesa antes de emitir o atallo (fallo 394689)

KHolidays

  • holiday_es_es - Corrixir o día da Comunidade de Madrid

KIconThemes

  • Comprobar se group < LastGroup, xa que KIconEffect non xestiona UserGroup

KImageFormats

  • Retirar tipos MIME duplicados de ficheiros JSON

KIO

  • Comprobar se o destino existe tamén ao pegar datos binarios (fallo 394318)
  • Funcionalidade de autenticación: devolver a lonxitude real do búfer do sócket
  • Funcionalidade de autenticación: unificar a API de compartición de descritor de ficheiro
  • Funcionalidade de autenticación: crear o ficheiro de sócket no directorio de tempo de execución do usuario
  • Funcionalidade de autenticación: eliminar o ficheiro de sócket despois de usalo
  • Funcionalidade de autenticación: mover a tarefa de limpeza do ficheiro de sócket a FdReceiver
  • Funcionalidade de autenticación: non usar un sócket abstracto en Linux para compartir un descriptor de ficheiro
  • [kcoredirlister] Retirar todos os url.toString() posíbeis
  • KFileItemActions: usar o tipo MIME predeterminado como reserva ao seleccionar só ficheiros (fallo 393710)
  • Introducir KFileItemListProperties::isFile()
  • Agora KPropertiesDialogPlugin pode indicar varios protocolos compatíbeis usando X-KDE-Protocols
  • Preservar o fragmento ao redirixir de HTTP a HTTPS
  • [KUrlNavigator] Emitir tabRequested cando se fai clic central nunha ruta do menú de selección de ruta
  • Rendemento: usar a nova funcionalidade de UDS
  • Non redirixir smb:/ a smb:// e logo a smb:///
  • Permitir aceptar con clic duplo no diálogo de gardar (fallo 267749)
  • Activar a vista previa de maneira predeterminada no diálogo de selector de ficheiros
  • Agochar a vista previa de ficheiro cando a icona sexa pequena de máis
  • internacionalización: usar de novo a forma plural para a mensaxe de complemento
  • Usar un diálogo normal en vez de un diálogo de lista ao botar un ficheiro no lixo ou eliminalo
  • Facer que o texto de aviso de operacións de eliminación faga énfase na súa permanencia e irreversibilidade
  • Reverter «Mostrar os botóns do modo de vista na barra de ferramentas dos diálogos de abrir e gardar»

Kirigami

  • Mostrar action.main de maneira máis prominente en ToolBarApplicationHeader
  • Permitir a Kirigami construírse sen depender do modo de tableta de KWin
  • swipefilter correcto en RTL
  • cambio de tamaño correcto para contentItem
  • corrixir o comportamento de --reverse
  • compartir contextobject para poder acceder sempre a i18n
  • asegurarse de que o consello está agochado
  • asegurarse de non asignar variantes incorrectas ás propiedades das que se fai seguimento
  • xestionar non unha MouseArea, sinal dropped()
  • retirar os efectos ao cubrir en móbiles
  • iconas correctas de overflow-menu-left e overflow-menu-right
  • Asa de arrastrar para cambiar a orde dos elementos dunha ListView
  • Usar pnemotecnia nos botóns da barra de ferramentas
  • Engadíronse ficheiros que faltaban ao .pri de QMake
  • [Documentación da API] Corrixir Kirigami.InlineMessageType → Kirigami.MessageType
  • corrixir applicationheaders en applicationitem
  • Non permitir mostrar ou agochar o caixón cando non hai asa (fallo 393776)

KItemModels

  • KConcatenateRowsProxyModel: desinfectar correctamente a entrada

KNotification

  • Corrixir quebras en NotifyByAudio ao pechar aplicacións

Infraestrutura KPackage

  • kpackage_install_*package: corrixir dependencias que faltaban entre .desktop e .json
  • asegurarse de que as rutas de rcc nunca derivan de rutas absolutas

KRunner

  • Procesar as respostas de D-Bus no fío de ::match (fallo 394272)

KTextEditor

  • Non usar maiúsculas iniciais para a opción «Mostrar o número de palabras»
  • Facer do contador de palabras e caracteres unha preferencia global

KWayland

  • Aumentar a versión da interface org_kde_plasma_shell
  • Engadir «SkipSwitcher» á API
  • Engadir un protocolo de saída de XDG

KWidgetsAddons

  • [KCharSelect] Corrixir o tamaño das celas da táboa con Qt 5.11
  • [Documentación da API] Retirar o uso de \overload que rompía a documentación
  • [Documentación da API] Indicarlle a Doxygen que «e.g.» non remata unha oración, usar «.\ »
  • [Documentación da API] Retirar escapado innecesario de HTML
  • Non definir automaticamente as iconas predeterminadas de cada estilo
  • Facer que KMessageWidget siga o estilo de inlineMessage de Kirigami (fallo 381255)

NetworkManagerQt

  • Converter en mensaxes de depuración a información sobre propiedades non xestionadas
  • WirelessSetting: crear a propiedade assignedMacAddress

Infraestrutura de Plasma

  • Modelos: nomes consistentes, corrixir os nomes dos catálogos de traducións e máis
  • [Tema Breeze de Plasma] Corrixir a icona de Kleopatra para usar a folla de estilo de cores (fallo 394400)
  • [Diálogo] Xestionar correctamente que se minimicen os diálogos (fallo 381242)

Purpose

  • Mellorar a integración con Telegram
  • Tratar as matrices internas como restricións OU en vez de E
  • Permitir restrinxir os complementos segundo a presenza do seu ficheiro de escritorio
  • Permitir filtrar complementos por executábel
  • Salientar o dispositivo seleccionado no complemento de KDE Connect
  • corrixir problemas de internacionalización en frameworks/purpose/complementos
  • Engadir o complemento de Telegram
  • kdeconnect: notificalo cando o proceso non poda iniciar (fallo 389765)

QQC2StyleBridge

  • Usar a propiedade pallet só cando se use qtquickcontrols 2.4
  • Funcionar con Qt<5.10
  • Corrixir a altura da barra de lapelas
  • Usar Control.palette
  • [RadioButton] Cambiar o nome de «control» a «controlRoot»
  • Non definir o espazamento de maneira explícita en RadioButton e CheckBox
  • [FocusRect] Usar colocación manual en vez de áncoras
  • Resulta que o escintilante nunha vista desprazábel é o contentItem
  • Mostrar o rectángulo de foco cando se enfocan CheckBox ou RadioButton
  • corrección chapuceira da detección de vista desprazábel
  • Non cambiar o pai do escintilante á zona de rato
  • [TabBar] Cambiar de separador coa roda do rato
  • O control non debe ter subordinados (fallo 394134)
  • Restrinxir o desprazamento (fallo 393992)

Realce da sintaxe

  • Perl6: engadir compatibilidade coas extensións .pl6, .p6 e .pm6 (fallo 392468)
  • DoxygenLua: corrixir o peche de bloques de comentarios (fallo 394184)
  • Engadir pgf aos formatos de ficheiro de estilo LaTeX (o mesmo formato que tikz)
  • Engadir palabras clave de PostgreSQL
  • Salientado de OpenSCAD
  • debchangelog: engadir Cosmic Cuttlefish
  • cmake: Corrixir o aviso de DetectChar sobre unha barra invertida sen escapar
  • Pony: corrixir o identificador e a palabra clave
  • Lua: actualizouse para Lua 5.3

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.47.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.47.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.47.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.47.0 das infraestruturas require Qt 5.8.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais