KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.46.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

12 de maio de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.46.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Evitar os bucles infinitos ao obter o URL de DocumentUrlDB (fallo 393181)
  • Engadir sinais de D-Bus de Baloo para ficheiros movidos ou retirados
  • Instalar un ficheiro pri para compatibilidade con qmake e documentalo en metainfo.yaml
  • baloodb: Engadir a orde «clean»
  • balooshow: colorar só cando estea anexado a un terminal
  • Retirar FSUtils::getDirectoryFileSystem
  • Evitar definir a man os sistemas de ficheiros que permiten copiar ao escribir
  • Permitir desactivar CoW para fallar cando o sistema de ficheiros non o permita
  • databasesanitizer: Usar marcas para filtrar
  • Corrixir a fusión de termos en AdvancedQueryParser
  • Usar QStorageInfo en vez de código propio
  • sanitizer: Mellorar a lista de dispositivos
  • Aplicar termInConstruction inmediatamente cando se completa o termo
  • Xestionar correctamente caracteres especiais adxacentes (fallo 392620)
  • Engadir un caso de proba para analizar aperturas duplas «((» (fallo 392620)
  • Usar statbuf de maneira consistente

Iconas de Breeze

  • Engadir unha icona da área de notificacións de plasma-browser-integration
  • Engadir unha icona para Virt-manager grazas a ndavis
  • Engadir video-card-inactive
  • overflow-menu como view-more-symbolic e horizontal
  • Usar a icona «dous controis desprazábeis», máis axeitada para «configurar»

Módulos adicionais de CMake

  • Incluír FeatureSummary antes de chamar a set_package_properties
  • Non instalar complementos dentro de lib en Android
  • Permitir construír varios APK a partir dun proxecto
  • Comprobar se o paquete de aplicación androiddeployqt ten un símbolo main()

KCompletion

  • [KLineEdit] Usar a funcionalidade do botón de limpar incluída en Qt
  • Corrixir KCompletionBox en Wayland

KCoreAddons

  • [KUser] Comprobar se .face.icon pode lerse antes de devolvelo
  • Publicar os sinais de KJob para que a sintaxe de Qt 5 de connect poidan funcionar

KDeclarative

  • Cargar gráficos de NV restabelecidos segundo a configuración
  • [KUserProxy] Axustar ao servizo de contas (fallo 384107)
  • Optimizacións de Plasma Mobile
  • Facer oco para o pé e a cabeceira
  • nova política de cambio de tamaño (fallo 391910)
  • engadir compatibilidade coa visibilidade das accións
  • Permitir notificacións de restabelecemento de NVidia en QtQuickViews

KDED

  • Add platform detection and adjustment to kded (automatic setting of )

KFileMetaData

  • Engadir unha descrición e o motivo da dependencia Xattr
  • extractores: agochar avisos sobre cabeceiras do sistema
  • corrixir a detección de taglib ao compilar para Android
  • Instalar un ficheiro pri para compatibilidade con qmake e documentalo en metainfo.yaml
  • Permitir usar saltos de liña automáticos en cadeas concatenadas
  • ffmpegextractor: silenciar os avisos de obsolescencia
  • taglibextractor: Corrixir un fallo de xénero baleiro
  • xestionar máis etiquetas en taglibextractor

KHolidays

  • holidays/plan2/holiday_sk_sk - corrección do día do mestre (fallo 393245)

KI18n

  • [Documentación da API] Novo marcador de interface de usuario @info:placeholder
  • [Documentación da API] Novo marcador de interface de usuario @item:valuesuffix
  • Non se necesita executar de novo as ordes das iteracións anteriores (fallo 393141)

KImageFormats

  • [Cargador de XCF e GIMP] Aumentar o tamaño de imaxe máximo permitido a 32767x32767 en plataformas de 64 bits (fallo 391970)

KIO

  • Cambio de escala suave de miniatura no selector de ficheiros (fallo 345578)
  • KFileWidget: Aliñar perfectamente o trebello de nome de ficheiro coa vista de icona
  • KFileWidget: Gardar a anchura do panel de lugares tamén tras agochar o panel
  • KFileWidget: evitar que a anchura do panel de lugares medre 1 px de cada vez
  • KFileWidget: Desactivar os botóns de ampliación tras acadar mínimo e máximo
  • KFileWidget: definir o tamaño mínimo do control de ampliación
  • Non seleccionar a extensión de ficheiro
  • concatPaths: procesar correctamente un path1 baleiro
  • Mellorar a disposición de iconas en grade no diálogo de selección de ficheiro (fallo 334099)
  • Agochar KUrlNavigatorProtocolCombo se só se permite un protocolo
  • Só mostrar esquemas compatíbeis en KUrlNavigatorProtocolCombo
  • O selector de ficheiros le a vista previa das miniaturas da configuración de Dolphin (fallo 318493)
  • Engadir Escritorio e Descargar á lista predeterminada de Lugares
  • Agora KRecentDocument almacena QGuiApplication::desktopFileName en vez de applicationName
  • [KUrlNavigatorButton] Tampouco iniciar MTP
  • getxattr acepta 6 parámetros en macOS (fallo 393304)
  • Engadir un elemento de menú de «Cargar de novo» ao menú contextual de KDirOperator (fallo 199994)
  • Gardar a configuración da vista do diálogo aínda que se cancele (fallo 209559)
  • [KFileWidget] Definir manualmente o nome de usuario de exemplo
  • Non mostrar a aplicación superior «Abrir con» para cartafoles, só para ficheiros
  • Detectar un parámetro incorrecto en findProtocol
  • Usar o texto «Outra aplicación…» no menú subordinado «Abrir con»
  • Codificar correctamente os URL de miniaturas (fallo 393015)
  • Axustar as anchuras das columnas na vista de árbore dos diálogos de abrir e gardar ficheiros (fallo 96638)

Kirigami

  • Non avisar cando se use Page {} fóra de pageStack
  • Modificar InlineMessages para solucionar varios problemas
  • corrixir en 7Qt 5.11
  • basear en unidades para o tamaño do botón de ferramenta
  • colorar a icona de pechar as cubrila
  • mostrar unha marxe baixo o pé cando sexa necesario
  • corrixir isMobile
  • esvaer tamén nas animacións de abrir e pechar
  • incluír as cousas de D-Bus só en UNIX excluídos Android e Apple
  • vixiar o tabletMode desde KWin
  • no modo de escritorio mostras as accións ao cubrir (fallo 364383)
  • asa na barra de ferramentas superior
  • usar un botón de pechar gris
  • menor dependencia de applicationwindow
  • menos avisos sen applicationwindow
  • funcionar correctamente sen applicationWindow
  • Non ter un tamaño non integral en separadores
  • Non mostrar as accións se están desactivadas
  • elementos marcábeis de FormLayout
  • usar iconas distintas no exemplo de conxunto de cores
  • incluír iconas só en Android
  • facelo funcionar con Qt 5.7

KNewStuff

  • Corrixir marxes duplas arredor de DownloadDialog
  • Corrixir os consellos dos ficheiros de interface gráfica sobre subclases de trebellos personalizados
  • Non suxerir un complemento de QML como destino de ligazón

Infraestrutura KPackage

  • usar KDE_INSTALL_DATADIR en vez de FULL_DATADIR
  • Engadir os URL de doazón aos datos de proba

KPeople

  • Corrixir o filtrado de PersonSortFilterProxyModel

Kross

  • Tamén facer opcional a instalación de documentación traducida

KRunner

  • Permitir caracteres de substitución no nome de servizo de executores de D-Bus

KTextEditor

  • optimización de KTextEditor::DocumentPrivate::views()
  • [ktexteditor] positionFromCursor moito máis rápido
  • Permitir usar un clic único nun número de liña para seleccionar a liña
  • Corrixir a falta de etiquetas de letra grosa, inclinada e demais con versións modernas de Qt (≥ 5.9)

Infraestrutura de Plasma

  • Corrixir un marcador de evento que non se mostra no calendario cos temas Air e Oxygen
  • Usar «Configurar %1…» para o texto da acción de configuración de miniaplicativo
  • [Estilos de botóns] Encher a altura e aliñar verticalmente (fallo 393388)
  • engadir a icona video-card-inactive para a área de notificacións
  • corrixir a aparencia dos botóns planos
  • [Containment Interface] Non entrar no modo de edición cando sexa inmutábel
  • asegurarse de que largespacing é un múltiplo perfecto de small
  • chamar a addContainment cos parámetros axeitados
  • Non mostrar o fondo se Button.flat é verdadeiro
  • asegurarse de que o contedor que creamos ten a actividade que pedimos
  • engadir un containmentForScreen de versión con actividade
  • Non alterar a xestión de memoria para agochar un elemento (fallo 391642)

Purpose

  • Asegurarse de que damos espazo vertical a complementos de configuración
  • Migrar a configuración do complemento KDEConnect a QQC2
  • Migrar AlternativesView a QQC2

QQC2StyleBridge

  • exportar os espazamentos de disposición de qstyle, iniciar desde Control
  • [ComboBox] Corrixir a xestión da roda do rato
  • facer que a zona de rato non interfira cos controis
  • corrixir acceptableInput

Solid

  • Actualizar o punto de montaxe tras operacións de montaxe (fallo 370975)
  • Invalidar a caché de propiedades cando se retira unha interface
  • Evitar crear entradas de propiedade duplicadas na caché
  • [UDisks] Optimizar varias comprobacións de propiedades
  • [UDisks] Xestión correcta de sistemas de ficheiros extraíbeis (fallo 389479)

Sonnet

  • Corrixir a activación e desactivación do botón de Retirar
  • Corrixir a activación e desactivación do botón de Engadir
  • Buscar dicionarios nos subdirectorios

Realce da sintaxe

  • Actualizar o URL do proxecto
  • «Headline» é un comentario, así que basealo en dsComment
  • Engadir realce para listas de ordes de GDB e ficheiros gdbinit
  • Engadir salientado de sintaxe para Logcat

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.46.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.46.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.46.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.46.0 das infraestruturas require Qt 5.8.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Solaris, Windows and macOS.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais