KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.45.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

8 de abril de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.45.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Definir explicitamente o tipo de contido como datos de formulario

Baloo

  • Simplificar os termos operator&& e ||
  • Non obter o identificador de documento das entradas de resultado saltadas
  • Non obter mtime da base de datos repetidamente ao ordenar
  • Non exportar databasesanitizer de maneira predeterminada
  • baloodb: Engadir unha mensaxe experimental
  • Introducir a ferramenta de interface de liña de ordes baloodb
  • Introducir unha clase desinfectante
  • [FileIndexerConfig] Atrasar o completado dos cartafoles ata que se usen de verdade
  • src/kioslaves/search/CMakeLists.txt - ligar con Qt5Network tras os cambios en KIO
  • balooctl: checkDb tamén debería verificar o último URL coñecido do documentId
  • balooctl monitor: Continuar para agardar polo servizo

Iconas de Breeze

  • engadir a icona window-pin (fallo 385170)
  • cambiar o nome das iconas de 64 px que se engadiron para Elisa
  • cambiar as iconas de 32 px para reprodución aleatoria e repetición
  • Iconas que faltaban en mensaxes entre liñas (fallo 392391)
  • Nova icona para o reprodutor de música Elisa
  • Engadir iconas de estado de son e vídeo
  • Retirar o marco arredor de iconas de accións de reprodución
  • engadir iconas de media-playlist-append e play
  • engadir view-media-album-cover para Babe

Módulos adicionais de CMake

  • Facer uso da infraestrutura raíz de CMake para detectar a cadea de ferramentas do compilador
  • Documentación da API: corrixir que algunhas liñas de bloque de código tivesen liñas baleiras antes e despois
  • Engadir ECMSetupQtPluginMacroNames
  • Fornecer androiddeployqt con todas as rutas de prefixos
  • Incluír «stdcpp-path» no ficheiro JSON
  • Resolver ligazóns simbólicas en rutas de importación de QML
  • Fornecer rutas de importación de QML a androiddeployqt

Integración de infraestruturas

  • kpackage-install-handlers/kns/CMakeLists.txt - ligar con Qt::Xml tras cambios en knewstuff

KActivitiesStats

  • Non asumir que SQLite funciona e non terminar ante erros

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Buscar primeiro qhelpgenerator-qt5 para a xeración de axuda

KArchive

  • karchive, kzip: intentar xestionar ficheiros duplicados un pouco mellor
  • Usar nullptr para pasar un punteiro nulo a crc32

KCMUtils

  • Permitir solicitar programaticamente o módulo de configuración dun complemento
  • Usar X-KDE-ServiceTypes de maneira consistente en vez de ServiceTypes
  • Engadir X-KDE-OnlyShowOnQtPlatforms á definición de tipo de servidor de KCModule

KCoreAddons

  • KTextToHTML: volver cando url estea baleiro
  • Limpar m_inotify_wd_to_entry antes de invalidar os punteiros de Entry (fallo 390214)

KDeclarative

  • Preparar QQmlEngine só unha vez en QmlObject

KDED

  • Engadir X-KDE-OnlyShowOnQtPlatforms á definición de tipo de servidor de KDEDModule

KDocTools

  • Engadir entidades para Elisa, Markdown, KParts, DOT e SVG a general.entities
  • customization/ru: Corrixir a tradución de underCCBYSA4.docbook e underFDL.docbook
  • Corrixir duplicados de lgpl-notice, gpl-notice e fdl-notice
  • customization/ru: Traducir fdl-notice.docbook
  • cambiar como se escribe KWave a petición do mantedor

KFileMetaData

  • taglibextractor: facer cambios internos para mellorar a lexibilidade

KGlobalAccel

  • Non usar unha aserción para validar se se usa correctamente desde D-Bus (fallo 389375)

KHolidays

  • holidays/plan2/holiday_in_en-gb - actualizar o ficheiro de festivos de India (fallo 392503)
  • Este paquete non se actualizou. Pode que sexa un problema co script
  • Modificáronse os ficheiros de vacacións de Alemaña (fallo 373686)
  • Formatar o README.md como espera a ferramenta (cunha sección introdutoria)

KHTML

  • evitar solicitar un protocolo baleiro

KI18n

  • Asegurarse de que ki18n pode construír as súas propias traducións
  • Non chamar a PythonInterp.cmake en KF5I18NMacros
  • Permitir xerar ficheiros PO en paralelo
  • Crear un construtor para KLocalizedStringPrivate

KIconThemes

  • Precisar o comentario de exportación de KIconEngine
  • Evitar un erro de tempo de execución de asan

KInit

  • Eliminar que IdleSlave teña autorización temporal

KIO

  • Asegurarse de que o modelo se define cando se chama resetResizing
  • pwd.h non existe en Windows
  • Retirar de maneira predeterminada as entradas «Gardado este mes» e «Gardado o mes pasado»
  • Facer que KIO se constrúa en Android
  • Desactivar temporalmente a instalación do asistente e a política de KAuth de ioslave de ficheiro
  • Xestionar os diálogos de confirmación de operación privilexiada en SlaveBase en vez de en KIO::Job
  • Mellorar a consistencia da interface de usuario de «Abrir con» mostrando sempre a aplicación superior entre liñas
  • Corrixir a quebra cando un dispositivo indica que está listo para lectura tras rematar o traballo
  • Realzar os elementos seleccionados ao mostrar o cartafol superior desde o diálogo de abrir e gardar (fallo 392330)
  • Engadir compatibilidade con ficheiros agochados de NTFS
  • Usar X-KDE-ServiceTypes de maneira consistente en vez de ServiceTypes
  • Corrixir a aserción en concatPaths ao pegar unha ruta completa no editor de liña de KFileWidget
  • [KPropertiesDialog] Permitir o separador de suma de comprobación para calquera ruta local (fallo 392100)
  • [KFilePlacesView] Chamar a KDiskFreeSpaceInfo só cando sexa necesario
  • FileUndoManager: non eliminar ficheiros locais non existentes
  • [KProtocolInfoFactory] Non baleirar a caché se acaba de construírse
  • Tampouco intentar atopar unha icona para un URL relativo (p. ex. «~»)
  • Usar o URL de elemento correcto para o menú contextual «Crear un novo» (fallo 387387)
  • Corrixir máis casos de parámetro incorrecto para findProtocol
  • KUrlCompletion: volver anticipadamente se o URL é incorrecto como «:/»
  • Non intentar atopar unha icona para un URL baleiro

Kirigami

  • Iconas máis grandes no modo móbil
  • Forzar un tamaño de contido no elemento de estilo de fondo
  • Engadir o tipo InlineMessage e a páxina de exemplo da aplicación Gallery
  • mellor coloración selectiva baseada en heurísticas
  • facer que funcione a carga de SVG locais
  • permitir tamén o método de carga de iconas de Android
  • usar unha estratexia de coloración similar aos estilos distintos anteriores
  • [Tarxeta] Usar a versión propia de «findIndex»
  • matar as transferencias de rede se cambiamos de icona durante a execución
  • primeiro prototipo de reciclador delegado
  • Permitir aos clientes de OverlaySheet omitir o botón de pechar incluído
  • Compoñentes de tarxetas
  • Corrixir o tamaño de ActionButton
  • Facer que as passiveNotifications duren máis para que os usuarios poidan lelas
  • Retirar a dependencias innecesaria de QQC1
  • Disposición de ToolbarApplicationHeader
  • Permitir mostrar o título a pesar de ter accións contextuais

KNewStuff

  • Votar de verdade ao premer estrelas na vista de lista (fallo 391112)

Infraestrutura KPackage

  • Intentar corrixir a construción en FreeBSD
  • Usar Qt5::rcc en vez de buscar o executábel
  • Usar NO_DEFAULT_PATH para asegurarse de que se colle a orde correcta
  • Buscar tamén executábeis de rcc con prefixo
  • definir o compoñente para a xeración correcta de qrc
  • Corrixir a xeración de paquetes binarios de rcc
  • Xerar o ficheiro rcc cada vez, en tempo de instalación
  • Facer que os compoñentes org.kde. inclúan un URL de doazón
  • Desmarcar kpackage_install_package como obsoleto para plasma_install_package

KPeople

  • Expoñer PersonData::phoneNumber a QML

Kross

  • Non hai por que depender de kdoctools

KService

  • Documentación da API: usar X-KDE-ServiceTypes de maneira consistente en vez de ServiceTypes

KTextEditor

  • Permitir construír KTextEditor co gcc 4.9 do NDK de Android
  • evitar un erro de tempo de execución de Asan: o expoñente de movemento -1 é negativo
  • optimización de TextLineData::attribute
  • Non calcular attribute() dúas veces
  • Reverter «Corrección: a vista salta cando se activa o desprazamento alén da fin do documento» (fallo 391838)
  • non ensuciar o historial do portapapeis con duplicados

KWayland

  • Engadir unha interface de acceso remoto a KWayland
  • [servidor] Engadir compatibilidade coa semántica de marco da versión 5 de Pointer (fallo 389189)

KWidgetsAddons

  • KColorButtonTest: retirar código cunha tarefa pendente
  • ktooltipwidget: restar as marxes do tamaño dispoñíbel
  • [KAcceleratorManager] Só definir iconText() se cambiou de verdade (fallo 391002)
  • ktooltipwidget: Evitar mostrar fóra da pantalla
  • KCapacityBar: definir o estado QStyle::State_Horizontal
  • Sincronizar con cambios en KColorScheme
  • ktooltipwidget: corrixir a colocación de consellos (fallo 388583)

KWindowSystem

  • Engadir «SkipSwitcher» á API
  • [xcb] Corrixir o código de _NET_WM_FULLSCREEN_MONITORS (fallo 391960)
  • Reducir o tempo de conxelación de plasmashell

ModemManagerQt

  • cmake: non marcar libnm-util como atopado cando se atopa ModemManager

NetworkManagerQt

  • Exportar os directorios de inclusión de NetworkManager
  • Comezar a requirir NM 1.0.0
  • dispositivo: definir StateChangeReason e MeteredStatus como Q_ENUM
  • Corrixir a conversión de marcas de AccessPoint en capacidades

Infraestrutura de Plasma

  • Modelos de fondo de escritorio: definir a cor de fondo para asegurar o contraste co contido do texto de exemplo
  • Engadir un modelo para fondo de escritorio de Plasma con extensión de QML
  • [ToolTipArea] Engadir o sinal «aboutToShow»
  • windowthumbnail: Usar cambio de escala que respecte a gamma
  • windowthumbnail: usar o filtro de textura de mapas MIP (fallo 390457)
  • Retirar entradas X-Plasma-RemoteLocation sen usar
  • Modelos: retirar un X-Plasma-DefaultSize que non se usa dos metadatos do miniaplicativo
  • Usar X-KDE-ServiceTypes de maneira consistente en vez de ServiceTypes
  • Modelos: retirar entradas de X-Plasma-Requires-* sen usar dos metadatos de miniaplicativo
  • retirar as áncoras dos elementos que estean nunha disposición
  • Reducir o tempo de conxelación de plasmashell
  • cargar previamente só tras emitir o contedor uiReadyChanged
  • Corrixir unha lista despregábel (fallo 392026)
  • Corrixir o cambio de escala de texto con factores de escala non enteiros cando se define PLASMA_USE_QT_SCALING=1 (fallo 356446)
  • novas iconas para dispositivos desconectados e desactivados
  • [Diálogo] Permitir definir outputOnly para o diálogo NoBackground
  • [ToolTip] Comprobar o nome de ficheiro no xestor de KDirWatch
  • Desactivar o aviso de obsolescencia de kpackage_install_package de momento
  • [Tema Breeze de Plasma] Aplicar currentColorFix.sh ás iconas de reprodución cambiadas
  • [Tema Breeze de Plasma] Engadir iconas de estado de reprodución con círculos
  • Retirar os marcos arredor de botóns de reprodución
  • [Window Thumbnail] Permitir usar a textura de atlas
  • [Diálogo] Retirar as chamadas a KWindowSystem::setState, agora obsoletas
  • Permitir texturas Atlas en FadingNode
  • Corrixir un fragmento de FadingMaterial con perfil do núcleo

QQC2StyleBridge

  • corrixir a renderización cando se desactiva
  • mellor disposición
  • funcionalidade experimental de pnemónicos automáticos
  • Asegurarse de que temos en conta o tamaño do elemento ao aplicarlle un estilo
  • Corrixir a renderización de fontes fóra de HiDPI e os factores de escala enteiros (fallo 391780)
  • corrixir as cores das iconas con conxuntos de cores
  • corrixir as cores das iconas para os botóns de ferramentas

Solid

  • Agora Solid pode consultar as baterías, por exemplo as de mandos de xogo sen fíos
  • Usar enumeracións de UP introducidas recentemente
  • engadir dispositivos de entrada de xogos e outros a Battery
  • Engadir unha enumeración de dispositivos de batería
  • [UDevManager] Tamén buscar cámaras de maneira explícita
  • [UDevManager] Filtrar xa por subsistema antes de consultar (fallo 391738)

Sonnet

  • Non obrigar a usar o cliente predeterminado, escoller un compatíbel coa linguaxe solicitada.
  • Incluír as cadeas de substitución na lista de suxestións
  • crear NSSpellCheckerDict::addPersonal()
  • NSSpellCheckerDict::suggest() devolve unha lista de suxestións
  • inicializar o idioma de NSSpellChecker no construtor de NSSpellCheckerDict
  • crear a categoría de rexistro NSSpellChecker
  • NSSpellChecker require AppKit
  • Mover NSSpellCheckerClient::reliability() fóra da liña
  • usar o código de plataforma de Mac preferido
  • Usar o directorio correcto para buscar trigramas no directorio de construción de Windows

Realce da sintaxe

  • Permitir construír completamente o proxecto ao usar compilación cruzada
  • Cambiar o deteño do xerador de sintaxe de CMake
  • Optimizar os realces de Bash, Cisco, Clipper, Coffee, Gap, Haml e Haskell
  • Engadir salientado de sintaxe para ficheiros de MIB

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.45.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.45.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.45.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.45.0 das infraestruturas require Qt 5.8.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais