KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.44.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

10 de marzo de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.44.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • balooctl: Retirar a opción checkDb (fallo 380465)
  • indexerconfig: Describir algunhas funcións
  • indexerconfig: expoñer a función canBeSearched (fallo 388656)
  • balooctl monitor: Agardar pola interface de D-Bus
  • fileindexerconfig: Introducir canBeSearched() (fallo 388656)

Iconas de Breeze

  • retirar view-media-playlist das iconas da configuración
  • engadir unha icona de media-album-cover de 24 px
  • engadir compatibilidade con QML en Babe (22px)
  • actualizar as iconas «handle-» en Kirigami
  • engadir iconas de son e vídeo de 64 px para Elisa

Módulos adicionais de CMake

  • Definir __ANDROID_API__
  • Corrixir o nome da orde readelf en x86
  • Cadea de ferramentas de Android: engadir a variábel ANDROID_COMPILER_PREFIX, corrixir a ruta de inclusión dos destinos de x86, estender a ruta de busca das dependencias de NDK

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Saír en caso de erro se o directorio de saída non está baleiro (fallo 390904)

KConfig

  • Aforrar algunhas asignacións de memoria usando a API correcta
  • Exportar kconf_update con ferramentas

KConfigWidgets

  • Mellorar KLanguageButton::insertLanguage cando non se pasa un nome
  • Engadir iconas para «Cancelar a selección» e «Substituír» en KStandardActions

KCoreAddons

  • Limpar m_inotify_wd_to_entry antes de invalidar os punteiros de Entry (fallo 390214)
  • kcoreaddons_add_plugin: retirar un OBJECT_DEPENDS sen efecto dun ficheiro JSON
  • Axudar a automoc a atopar ficheiros JSON de metadatos aos que se fai referencia no código
  • kcoreaddons_desktop_to_json: deixar unha nota sobre o ficheiro xerado no rexistro de construción
  • Aumentar shared-mime-info a 1.3
  • Introducir K_PLUGIN_CLASS_WITH_JSON

KDeclarative

  • Corrixir o fallo da construción en armhf e aarch64
  • Matar QmlObjectIncubationController
  • desconectar render() no cambio de xanela (fallo 343576)

KHolidays

  • Allen Winter é oficialmente o novo mantedor de KHolidays

KI18n

  • Documentación de API: engadir unha nota sobre chamar a setApplicationDomain tras a creación de QApp

KIconThemes

  • [KIconLoader] Ter en conta devicePixelRatio para as capas

KIO

  • Non asumir a disposición de msghdr nin a estrutura de iovec (fallo 391367)
  • Corrixir a selección de protocolo en KUrlNavigator
  • Cambiar qSort por std::sort
  • [KUrlNavigatorPlacesSelector] Usar KFilePlacesModel::convertedUrl
  • [Traballo de soltar] Crear un ficheiro de lixo axeitado ao ligar
  • Corrixir unha activación accidental de elemento de menú de ronsel (fallo 380287)
  • [KFileWidget] Ocultar o marco e a cabeceira dos lugares
  • [KUrlNavigatorPlacesSelector] Poñer as categorías en menús subordinados (fallo 389635)
  • Usar a cabeceira de asistencia de probas estándar de KIO
  • Engadir Ctrl+H á lista de atallos de «mostrar ou agochar ficheiros agochados» (fallo 390527)
  • Engadir compatibilidade con semánticas de movemento en KIO::UDSEntry
  • Corrixir o problema de «atallo ambiguo» introducido en D10314
  • Meter a caixa de mensaxe «Non se puido atopar o executábel» nunha lambda encolada (fallo 385942)
  • Mellorar a facilidade de uso do diálogo de «Abrir con» engadindo a opción para filtrar a árbore de aplicacións
  • [KNewFileMenu] KDirNotify::emitFilesAdded tras storedPut (fallo 388887)
  • Corrixir unha aserción ao cancelar o diálogo rebuild-ksycoca (fallo 389595)
  • Corrixir o fallo #382437 «Unha regresión en KDialog causa unha extensión de ficheiro incorrecta» (fallo 382437)
  • Inicio máis rápido de simplejob
  • Reparar a copia de ficheiros a VFAT sen avisos
  • kio_file: saltar a xestión de erros para permisos iniciais durante a copia de ficheiros
  • Permitir que a semántica de mover se xere desde KFileItem. Agora o construtor, o destrutor e o operador de asignación de copia existentes tamén os xera o compilador
  • Non chamar stat(/etc/localtime) entre read() e write() ao copiar ficheiros (fallo 384561)
  • remoto: non crear entradas con nomes baleiros
  • Engadir a funcionalidade supportedSchemes
  • Usar F11 como atallo para conmutar a vista previa lateral
  • [KFilePlacesModel] Agrupar as comparticións de rede na categoría «Remoto»

Kirigami

  • Mostrar o botón de ferramenta como marcado mentres se mostra o menú
  • indicadores de desprazamento non interactivos en móbiles
  • Corrixir o menú subordinado de accións
  • Permitir usar QQC2.Action
  • Permitir grupos de accións exclusivos (fallo 391144)
  • Mostrar o texto canda os botóns de ferramenta de acción de páxina
  • Permitir que as accións mostren menús subordinados
  • Non ter unha posición de compoñente específica no seu pai
  • Non causar as accións de SwipeListItem se non están expostas
  • Engadir unha comprobación isNull() antes de definir se QIcon é unha máscara
  • Engadir FormLayout.qml a kirigami.qrc
  • corrixir as cores de swipelistitem
  • mellor comportamento para cabeceiras e pés
  • Mellorar o comportamento de completado pola esquerda e elidir de ToolBarApplicationHeader
  • Asegurarse de que os botóns de navegación non van baixo a acción
  • compatibilidade coas propiedades header e footer en overlaysheet
  • Eliminar o recheo inferior innecesario en OverlaySheets (fallo 390032)
  • Pulir a aparencia de ToolBarApplicationHeader
  • mostrar un botón de pechar en escritorios (fallo 387815)
  • non se pode pechar a folla coa roda do rato
  • Só multiplicar o tamaño da icona se Qt non o fixo xa (fallo 390076)
  • ter en conta o pé global para a posición das asas
  • comprimir os eventos da creación e destrución de barras de desprazamento
  • ScrollView: Publicar a política da barra de desprazamento e corrixila

KNewStuff

  • Engadir vokoscreen a KMoreTools e engadilo ao agrupamento «screenrecorder»

KNotification

  • Usar QWidget para ver se a xanela está dispoñíbel

Infraestrutura KPackage

  • Axudar a automoc a atopar ficheiros JSON de metadatos aos que se fai referencia no código

KParts

  • Limpar código vello inútil

KRunner

  • Actualizar o modelo de complemento de KRunner

KTextEditor

  • Engadir iconas de exportar documento, retirar marcador e formatar texto en maiúsculas, minúsculas e maiúsculas iniciais a KTextEditor

KWayland

  • Permitir liberar saída liberada polo cliente
  • [servidor] Xestionar correctamente a situación na que o DataSource dun arrastre se destrúe (fallo 389221)
  • [servidor] Non quebrar cando unha superficie subordinada se remite e a superficie superior se destruíu (fallo 389231)

KXMLGUI

  • Restabelecer os datos internos de QLocale cando temos un idioma de aplicación personalizado
  • Non permitir configurar accións de separador mediante o menú de contexto
  • Non mostrar o menú contextual ao facer clic dereito fóra (fallo 373653)
  • Mellorar KSwitchLanguageDialogPrivate::fillApplicationLanguages

Iconas de Oxygen

  • engadir unha icona para Artikulate (fallo 317527)
  • engadir a icona folder-games (fallo 318993)
  • corrixir unha icona de 48 px incorrecta de calc.template (fallo 299504)
  • engadir as iconas media-playlist-repeat e shuffle (fallo 339666)
  • Oxygen: engadir iconas de etiqueta como en Breeze (fallo 332210)
  • ligar emblem-mount a media-mount (fallo 373654)
  • engadir iconas de rede que están dispoñíbeis en breeze-icons (fallo 374673)
  • sincronizar as iconas de Oxygen coas de Breeze: engadir iconas para o plasmoide de son
  • Engadir edit-select-none a Oxygen para Krusader (fallo 388691)
  • Engadir a icona rating-unrated (fallo 339863)

Infraestrutura de Plasma

  • usar o novo valor para largeSpacing en Kirigami
  • Reducir a visibilidade do texto de substitución do TextField de PC3
  • Tampouco facer os títulos un 20% transparentes
  • [PackageUrlInterceptor] Non reescribir «inline»
  • Non facer as cabeceiras un 20% transparentes, para coincidir con Kirigami
  • non poñer fullrep na xanela emerxente se non está colapsada
  • Axudar a automoc a atopar ficheiros JSON de metadatos aos que se fai referencia no código
  • [AppletQuickItem] Cargar previamente o expansor de miniaplicativo só se non se expandiu xa
  • outras optimizacións microscópicas de carga anticipada
  • Usar smooth=true de maneira predeterminada en IconItem
  • cargar tamén o expansor (o diálogo) de maneira preventiva
  • [AppletQuickItem] Corrixir a definición da política de carga previa predeterminada se non hai ningunha variábel de contorno definida
  • corrixir a aparencia de RTL en ComboBox (fallo https://bugreports.qt.io/browse/QTBUG-66446)
  • intentar cargar previamente certos miniaplicativos de maneira intelixente
  • [Elemento de icona] Definir o filtrado na textura FadingNode
  • Inicializar m_actualGroup como NormalColorGroup
  • Asegurarse de que as instancias de FrameSvg e Svg teñen o devicePixelRatio correcto

Prison

  • Actualizar ligazóns a dependencias e marcar Android como oficialmente compatíbel
  • Facer opcional a dependencia de DMTX
  • Engadir compatibilidade con QML para Prison
  • Definir o tamaño mínimo tamén en códigos de barra 1D

Purpose

  • Corrixir a capa, axustar a KIO

QQC2StyleBridge

  • Corrixir un erro de sintaxe da remisión anterior, detectado ao iniciar ruqola
  • Mostrar un botón redondo ao mostrar un botón exclusivo (fallo 391144)
  • crear MenuBarItem
  • crear DelayButton
  • Novo compoñente: botón arredondado
  • ter en conta a posición da barra de ferramentas
  • permitir cores para as iconas nos botóns
  • permitir --reverse
  • facer que as iconas de Menu funcionen completamente
  • sombras consistentes co novo estilo Breeze
  • Algúns QStyles non parece devolver pixelmetrics sensatas
  • compatibilidade inicial incompleta con iconas
  • non rodear coa roda do rato

Solid

  • corrixir unha fuga e unha comprobación de punteiro nulo incorrecta en DADictionary
  • [UDisks] Corrixir unha regresión de montaxe automática (fallo 389479)
  • [UDisksDeviceBackend] Evitar varias buscas
  • Infraestrutura de Mac e IOKit: compatibilidade con unidades, discos e volumes

Sonnet

  • Usar Locale::name() en vez de Locale::bcp47Name()
  • Atopar a construción de libhunspell en MSVC

Realce da sintaxe

  • Compatibilidade básica con bloques de código delimitados de PHP e Python en Markdown
  • Permitir WordDetect que ignore maiúsculas
  • Salientado de esquemas: retirar cores definidas a man
  • Engadir salientado de sintaxe para políticas e contextos de ficheiro de CIL de SELinux
  • Engadir a extensión de ficheiro ctp ao realce de sintaxe de PHP
  • Yacc e Bison: Corrixir o símbolo $ e actualizar a sintaxe de Bison
  • awk.xml: engadir palabras clave de extensión de gawk (fallo 389590)
  • Engadir APKBUILD para salientar como un ficheiro de Bash
  • Reverter «Engadir APKBUILD para salientar como un ficheiro de Bash»
  • Engadir APKBUILD para salientar como un ficheiro de Bash

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.44.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.44.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.44.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.44.0 das infraestruturas require Qt 5.7.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais