KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.42.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

13 de xaneiro de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.42.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Cambios xerais

  • Correccións de avisos de AUTOMOC con CMake ≥ 3.10
  • Uso máis xeneralizado de rexistro con categoría, para desactivar a saída de depuración de maneira predeterminada (use kdebugsetting para activalo de novo)

Baloo

  • balooctl status: procesar todos os argumentos
  • Corrixir varias consultas de etiqueta de palabras
  • Simplificar as condicións de cambio de nome
  • Corrixir un nome para mostrar incorrecto de UDSEntry

Iconas de Breeze

  • Corrixir o nome de icona, «weather-none» → «weather-none-available» (fallo 379875)
  • retirar a icona de Vivaldi porque a icona orixinal da aplicación encaixa perfectamente con Breeze (fallo 383517)
  • engadir algúns tipos MIME que faltaban
  • Engadir a icona document-send a Breeze (fallo 388048)
  • actualizar a icona de intérprete de álbum
  • engadir compatibilidade con labplot-editlayout
  • retirar duplicados e actualizar o tema escuro
  • engadir unha icona de Breeze para Gnumeric

Módulos adicionais de CMake

  • Usar readelf para atopar as dependencias dos proxectos
  • Introducir INSTALL_PREFIX_SCRIPT para preparar facilmente os prefixos

KActivities

  • evitar unha quebra en kactivities se non hai dispoñíbel ningunha conexión de D-Bus

KConfig

  • Documentación da API: explicar como usar KWindowConfig desde o construtor dun diálogo
  • Marcar KDesktopFile::sortOrder() como obsoleto
  • Corrixir o resultado de KDesktopFile::sortOrder()

KCoreAddons

  • Estender CMAKE_AUTOMOC_MACRO_NAMES tamén para a construción propia
  • Atopar coincidencias entre claves de licenza e spdx

KDBusAddons

  • Corrixir a detección de ruta absoluta para CMake 3.5 en Linux
  • Engadiuse a función de CMake «kdbusaddons_generate_dbus_service_file»

KDeclarative

  • Controis de QML para a creación de kcm

KDED

  • Usar a función de CMake «kdbusaddons_generate_dbus_service_file» desde kdbusaddons para xerar un ficheiro de servizo de D-Bus
  • Engadir a propiedade used á definición de ficheiro de servizo

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Informar ao usuario se o modulo non se pode rexistrar con org.kde.kded5 e saír con erro
  • Corrección de compilación de Mingw32

KDocTools

  • engadir unha entidade para Michael Pyne
  • engadir entidades para Martin Koller a contributor.entities
  • corrixir a entrada de Debian
  • engadir a entidade Debian a general.entities
  • engadir a entidade kbackup, importárase
  • engadir a entidade latex, xa temos 7 entidades en index.docbook distintos en KF5

KEmoticons

  • Engadir o esquema (file://). É necesario cando o usamos en QML e engadímolos todos

KFileMetaData

  • retirar o extractor baseado en QtMultimedia
  • Comprobar se se está en Linux en vez de se está TagLib e evitar construír usermetadatawritertest en Windows
  • Restaurar # 6c9111a9 ata que se constrúa correctamente e se pode ligar sen TagLib
  • Retirar a dependencia de taglib, causada por unha inclusión restante

KHTML

  • Permitir finalmente desactivar a saída de depuración usando rexistro con categoría

KI18n

  • non tratar ts-pmap-compile como executábel
  • Corrixir unha fuga de memoria en KuitStaticData
  • KI18n: corrixir varias buscas duplas

KInit

  • Retirar código inútil

KIO

  • Analizar correctamente as datas das cookies ao usar unha configuración rexional distinta de inglés (fallo 387254)
  • [kcoredirlister] Corrixir a creación de ruta subordinada
  • Reflectir o estado do lixo en iconNameForUrl
  • Enviar os sinais de QComboBox en vez de os sinais de edición de liña de QComboBox
  • Corrixiuse que os atallos web mostrasen a súa ruta de ficheiro en vez de o seu nome lexíbel para humanos
  • TransferJob: corrixir cando readChannelFinished xa se emitiu antes de chamarse ao inicio (fallo 386246)
  • Corrixir unha quebra que debe darse desde Qt 5.10? (fallo 386364)
  • KUriFilter: non devolver un erro en caso de que non existan os ficheiros
  • Corrixir a creación de rutas
  • Crear un diálogo de KFile no que poder engadir un trebello personalizado
  • Verificar que qWaitForWindowActive non falla
  • KUriFilter: deixar de usar KServiceTypeTrader
  • Documentación de API: usar nomes de clase en títulos de capturas de pantalla de exemplo
  • Documentación da API: xestionar tamén macros de exportación KIOWIDGETS na creación de QCH
  • corrixir a xestión de KCookieAdvice::AcceptForSession (fallo 386325)
  • Creouse «GroupHiddenRole» para KPlacesModel
  • redirixir cadeas de erros de sócket a KTcpSocket
  • Facer cambios internos e retirar código duplicado de kfileplacesview
  • Emitir o sinal «groupHiddenChanged»
  • Reorganizando o código de uso de agochar e ocultar animacións dentro de KFilePlacesView
  • Agora o usuario pode agochar un grupo enteiro de lugares desde KFilePlacesView (fallo 300247)
  • Codificación de agochar grupos de lugares en KFilePlacesModel (fallo 300247)
  • [KOpenWithDialog] Retirar unha creación redundante de KLineEdit
  • Engadir a posibilidade de desfacer en BatchRenameJob
  • Engadir BatchRenameJob a KIO
  • Corrixir un bloque de código de Doxygen que non remataba con endcode

Kirigami

  • manter o escintileo interactivo
  • prefixo axeitado tamén para as iconas
  • corrixir o tamaño do formulario
  • ler wheelScrollLines de kdeglobals se se está saíndo
  • engadir un prefixo nos ficheiros de Kirigami para evitar conflitos
  • algunhas correccións de ligazóns estáticas
  • mover os estilos de Plasma a plasma-framework
  • Usar comiñas simples para caracteres coincidentes + QLatin1Char
  • FormLayout

KJobWidgets

  • Ofrecer a API de QWindow para os decoradores KJobWidgets::

KNewStuff

  • Limitar o tamaño da caché das solicitudes
  • Requirir a mesma versión interna que se está construíndo
  • Evitar que as variábeis globais se usen tras liberalas

KNotification

  • [KStatusNotifierItem] Non «restaurar» a posición do trebello ao mostralo por vez primeira
  • Usar as posicións das iconas vellas da área de notificacións para as accións de minimizar e restaurar
  • Xestionar a posición dos clics esquerdos en iconas obsoletas da área de notificacións
  • non facer que o menú contextual sexa unha xanela
  • Engadir un comentario explicativo
  • Atrasar a instancia e carga dos complementos de KNotification ata que faga falla

Infraestrutura KPackage

  • invalidar a caché de tempo de execución ao instalar
  • funcionalidade experimental de carga de ficheiros RCC en KPackage
  • compilar sobre Qt 5.7
  • Corrixir a indexación de paquetes e engadir caché en tempo de execución
  • novo método KPackage::fileUrl()

KRunner

  • [RunnerManager] Non enredar co número de fíos de ThreadWeaver

KTextEditor

  • Corrixir a coincidencia de caracteres de substitución para liñas de modo
  • Corrixir unha regresión causada polo cambio do comportamento da tecla de retroceso
  • migrar a unha API non obsoleta como a que xa se usa noutro lugar (fallo 386823)
  • Engadir unha inclusión que faltaba para std::array
  • MessageInterface: Engadir CenterInView como posición adicional
  • Limpeza da lista da preparación de QStringList

Infraestrutura de KWallet

  • Usar a ruta correcta de executábel de servizo para instalar o servizo de D-Bus de kwalletd en Win32

KWayland

  • Corrixir a inconsistencia de nomes
  • Crear unha interface para pasar paletas de decoración de servidor
  • Incluír explicitamente as funcións std::bind
  • [servidor] Engadir o método IdleInterface::simulateUserActivity
  • Corrixir unha regresión causada por compatibilidade con versións previas na orixe de datos
  • Engadir compatibilidade coa versión 3 da interface do xestor de dispositivos de datos (fallo 386993)
  • Restrinxir o ámbito dos obxectos exportados e importados á proba
  • Corrixir un erro en WaylandSurface::testDisconnect
  • Engadir un protocolo explícito de AppMenu
  • Corrixir a funcionalidade de exclusión de ficheiros xerados por automoc

KWidgetsAddons

  • Corrixir unha quebra en setMainWindow en Wayland

KXMLGUI

  • Documentación da API: facer que Doxygen inclúa de novo os macros e funcións relacionadas con sesións
  • Desconectar a rañura shortcutedit ao destruír o trebello (fallo 387307)

NetworkManagerQt

  • 802-11-x: compatibilidade co método PWD EAP

Infraestrutura de Plasma

  • [tema Air] Engadir un gráfico de progreso da barra de tarefas (fallo 368215)
  • Modelos: retirar un * solto das cabeceiras de licenza
  • facer que packageurlinterceptor faga o menos posíbel
  • Reverter «Non apagar o renderizador e outros traballos en progreso cando se invoca Svg::setImagePath co mesmo argumento»
  • mover aquí os estilos de Plasma de Kirigami
  • permitir que as barras de desprazamento desaparezan en móbiles
  • aproveitar a instancia de KPackage entre PluginLoader e Applet
  • [AppletQuickItem] Só definir o estilo da versión 1 dos controis de QtQuick unha vez por motor
  • Non definir unha icona de xanela en Plasma::Dialog
  • [RTL] - aliñar correctamente o texto seleccionado en RTL (fallo 387415)
  • Inicializar o factor de escala ao último definido en calquera instancia
  • Reverter «Inicializar o factor de escala ao último definido en calquera instancia»
  • Non actualizar cando o FrameSvg interno é repaint-blocked
  • Inicializar o factor de escala ao último definido en calquera instancia
  • Mover a comprobación «if» dentro de «#ifdef»
  • [FrameSvgItem] Non crear nodos innecesarios
  • Non apagar o renderizador e outros traballos en progreso cando se invoca Svg::setImagePath co mesmo argumento

Prison

  • Buscar tamén qrencode co sufixo debug

QQC2StyleBridge

  • simplificar e non intentar bloquear eventos de rato
  • se non hai wheel.pixelDelta, usar as liñas de desprazamento de roda globais
  • as barras de separadores de escritorio teñen anchuras distintas para cada separador
  • asegurar un consello de tamaño que non sexa 0

Sonnet

  • Non exportar os executábeis de asistentes internos
  • Sonnet: corrixir o idioma incorrecto para as suxestións nos textos que mesturan idiomas
  • Retirar un apaño vello e roto
  • Non causar ligazóns circulares en Windows

Realce da sintaxe

  • Indexador de realce: avisar sobre o cambio de contexto fallthroughContext="#stay"
  • Indexados de salientado: avisar de atributos baleiros
  • Indexados de salientado: activar os erros
  • Indexador de realce: informar de elementos itemData que non se usen ou que falten
  • Prolog, RelaxNG e RMarkDown: Corrixir problemas de salientado
  • Haml: Corrixir casos de itemData incorrectos ou sen usar
  • ObjectiveC++: Retirar contextos de comentario duplicados
  • Diff, ObjectiveC++: Limpezas e corrixir ficheiros de realce
  • XML (depuración): Corrixir unha regra DetectChar incorrecta
  • Indexador de realce: permitir comprobacións de contexto entre realces
  • Reverter: Engadir GNUMacros de novo a gcc.xml, que isocpp.xml usa
  • email.xml: engadir *.email ás extensións
  • Indexador de salientado: comprobar se hai ciclos sen fin
  • Indexador de realce: comprobar se hai nomes de contexto baleiros e expresións regulares baleiras
  • Corrixir a referencia de listas de claves non existentes
  • Corrixir casos simples de contextos duplicados
  • Corrixir itemDatas duplicado
  • Corrixir as regras de DetectChar e Detect2Chars
  • Indexador de salientado: comprobar as listas de palabras clave
  • Indexados de salientado: avisar de contextos duplicados
  • Indexador de salientado: comprobar se hai duplicados de itemData
  • Indexador de realce: comprobar DetectChar e Detect2Chars
  • Validalo para todos os atributos para os que exista un itemData

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.42.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.42.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.42.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.42.0 das infraestruturas require Qt 5.7.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais