KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.41.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

10 de decembro de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.41.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Reducir e reescribir o escravo de KIO de etiquetas de Baloo (fallo 340099)

BluezQt

  • Non deixar os descritores de ficheiro de rfkill en memoria (fallo 386886)

Iconas de Breeze

  • Engadir tamaños de icona que faltaban (fallo 384473)
  • engadir iconas de instalar e desinstalar para Discover

Módulos adicionais de CMake

  • Engadir a etiqueta de descrición aos ficheiros de pkgconfig xerados
  • ecm_add_test: Usar o separador de ruta axeitado en Windows
  • Engadir FindSasl2.cmake a ECM
  • Só pasar ARGS ao usar Makefiles
  • Engadir FindGLIB2.cmake e FindPulseAudio.cmake
  • ECMAddTests: definir QT_PLUGIN_PATH de xeito que se poidan atopar os complementos construídos localmente
  • KDECMakeSettings: máis documentación sobre a disposición do directorio de construción

Integración de infraestruturas

  • Permitir descargar a segunda e a terceira ligazóns dun produto KNS (fallo 385429)

KActivitiesStats

  • Comezar a corrixir libKActivitiesStats.pc: (fallo 386933)

KActivities

  • Corrixir unha condición de carreira que inicia kactivitymanagerd varias veces

KAuth

  • Permitir construír unicamente o xerador de código kauth-policy-gen
  • Engadir unha nota sobre chamar ao asistente desde aplicativos con varios fíos

KBookmarks

  • Non mostrar a acción de editar os marcadores se keditbookmarks non está instalado
  • Migrar do obsoleto KAuthorized::authorizeKAction a authorizeAction

KCMUtils

  • navegación co teclado dentro e fóra dos módulos KCM de QML

KCompletion

  • Non quebrar ao definir unha edición de liña nova nun selector despregábel editábel
  • KComboBox: Volver anticipadamente ao definir o editábel ao valor anterior
  • KComboBox: usar de novo o obxecto de completado existente no novo editor de liña

KConfig

  • Non buscar /etc/kderc cada vez

KConfigWidgets

  • Actualizar as cores predeterminadas para que coincidan coas novas cores de D7424

KCoreAddons

  • Validación de entrada de SubJobs
  • Avisar sobre erros ao analizar ficheiros JSON
  • Instalar as definicións de tipos MIME de ficheiros kcfg, kcfgc, ui.rc, knotify e qrc
  • Engadir unha nova función para medir a lonxitude por texto
  • Corrixir un fallo de KAutoSave con ficheiros con espazos en branco

KDeclarative

  • Facer que compile en Windows
  • facer que compile con QT_NO_CAST_FROM_ASCII/QT_NO_CAST_FROM_BYTEARRAY
  • [MouseEventListener] Permitir aceptar eventos de rato
  • usar un único motor de QML

KDED

  • kded: retirar as chamadas de D-Bus a KSplash

KDocTools

  • Actualizar a tradución ao portugués do Brasil
  • Actualizar a tradución ao ruso
  • Actualizar a tradución ao ruso
  • Actualizar customization/xsl/ru.xml (faltaba nav-home)

KEmoticons

  • KEmoticons: migrar os complementos a JSON e engadir a posibilidade de cargar con KPluginMetaData
  • Non permitir fugas de símbolos de clases de código privado, protexer con Q_DECL_HIDDEN

KFileMetaData

  • A proba usermetadatawritertest require Taglib
  • Se o valor da propiedade é nulo, retirar o atributo user.xdg.tag (fallo 376117)
  • Abrir en modo de só lectura os ficheiros no extractor TagLib

KGlobalAccel

  • Agrupar algunhas chamadas de D-Bus que bloquean
  • kglobalacceld: evitar cargar un cargador de icona sen motivo
  • xerar cadeas de atallo correctas

KIO

  • KUriFilter: ignorar complementos duplicados
  • KUriFilter: simplificar estruturas de datos, corrixir unha fuga de memoria
  • [CopyJob] Non empezar desde cero tras retirar un ficheiro
  • Corrixir a creación dun directorio mediante KNewFileMenu e KIO::mkpath en Qt ≥ 5.9.3 (fallo 387073)
  • Creouse a función de asistencia «KFilePlacesModel::movePlace»
  • Expoñer o rol «iconName» de KFilePlacesModel
  • KFilePlacesModel: Evitar o sinal innecesario «dataChanged»
  • Devolver un obxecto de marcador válido para calquera entrada en KFilePlacesModel
  • Crear unha función «KFilePlacesModel::refresh»
  • Crear a función estática «KFilePlacesModel::convertedUrl»
  • KFilePlaces: Creouse a sección «remote»
  • KFilePlaces: Engadir unha sección para dispositivos extraíbeis
  • Engadíronse uns URL de Baloo ao modelo de lugares
  • Corrixir KIO::mkpath con qtbase 5.10 beta 4
  • [KDirModel] Emitir un cambio de HasJobRole cando os traballos cambien
  • Cambiar a etiqueta «Opcións avanzadas» por «Opcións de terminal»

Kirigami

  • Desprazar a barra de desprazamento o tamaño da cabeceira (fallo 387098)
  • marxe inferior baseada na presenza de actionbutton
  • non asumir que applicationWidnow() está dispoñíbel
  • Non notificar sobre cambios de valor se aínda estamos no construtor
  • Substituír o nome da biblioteca nas fontes
  • permitir cores en máis lugares
  • colorar as iconas das barras de ferramentas se fai falla
  • considerar as cores das iconas dos botóns de acción principais
  • inicio dunha propiedade agrupada «icon»

KNewStuff

  • Reverter «Separar antes de definir o punteiro d» (fallo 386156)
  • non instalar a ferramenta de desenvolvemento para agrupar ficheiros de escritorio
  • [knewstuff] Evitar unha fuga de ImageLoader en caso de erro

Infraestrutura KPackage

  • Facer cadeas de maneira axeitada na infraestrutura de kpackage
  • Non intentar xerar metadata.json se non hai un metadata.desktop
  • corrixir o uso da caché de kpluginindex
  • Mellorar a saída de erro

KTextEditor

  • Corrixir as ordes de búfer do modo VI
  • evitar a ampliación accidental

KUnitConversion

  • Migrar de QDom a QXmlStreamReader
  • Usar HTTPS para descargar os tipos de cambio de divisa

KWayland

  • Expoñer wl_display_set_global_filter como método virtual
  • Corrixir kwayland-testXdgShellV6
  • Engadir compatibilidade con zwp_idle_inhibit_manager_v1 (fallo 385956)
  • [server] Permitir inhibir IdleInterface

KWidgetsAddons

  • Evitar un diálogo de contrasinal inconsistente
  • Definir o consello enable_blur_behind cando se pida
  • KPageListView: Actualizar a anchura ao cambiar o tipo de letra

KWindowSystem

  • [KWindowEffectsPrivateX11] Engadir unha chamada de reserve()

KXMLGUI

  • Corrixir a tradución do nome da barra de ferramentas cando ten o contexto de internacionalización

Infraestrutura de Plasma

  • A directiva #warning non é universal, concretamente non é compatíbel con MSVC
  • [IconItem] Usar ItemSceneHasChanged en vez de conectar a windowChanged
  • [Icon Item] Emitir overlaysChanged de maneira explícita no definidor en vez de conectar con el
  • [Dialog] Usar KWindowSystem::isPlatformX11()
  • Reducir a cantidade de cambios de propiedade espurios en ColorScope
  • [Elemento de icona] Emitir validChanged só se de verdade cambia
  • Desactivar os indicadores de desprazamento innecesarios se o escintilante é unha ListView cunha orientación coñecida
  • [AppletInterface] Emitir sinais de cambio de configurationRequired e -Reason
  • Usar a anchura e a altura de setSize() en vez de as de setProperty
  • Corrixiuse un problema polo que o menú de PlasmaComponents aparecían con esquinas rotas (fallo 381799)
  • Corrixiuse un problema polo que os menús contextuais aparecían con esquinas rotas (fallo 381799)
  • Documentación da API: engadir unha nota de obsolescencia atopada no rexistro de Git
  • Sincronizar o compoñente co de Kirigami
  • Buscar en todos os compoñentes de KF5 como tales en vez de como infraestruturas separadas
  • Reducir as emisións de sinais espurias (fallo 382233)
  • Engadir sinais que indiquen se unha pantalla s engadiu ou retirou
  • instalar cousas de selector
  • Non depender de inclusións de inclusións
  • Optimizar os nomes de roles de SortFilterModel
  • Retirar DataModel::roleNameToId

Prison

  • Engadir un xerador de código Aztec

QQC2StyleBridge

  • determinar a versión de QQC2 en tempo de construción (fallo 386289)
  • manter o fondo invisíbel de maneira predeterminada
  • engadir un fondo en ScrollView

Solid

  • Acelerar UDevManager::devicesFromQuery

Sonnet

  • Permitir compilación cruzada de Sonnet

Realce da sintaxe

  • Engadir PKGUILD á sintaxe de Bash
  • JavaScript: incluír tipos MIME estándar
  • debchangelog: engadir Bionic Beaver
  • Actualizar o ficheiro de sintaxe de SQL de Oracle (fallo 386221)
  • SQL: mover a detección de comentarios antes dos operadores
  • crk.xml: engadiuse a liña de cabeceira de <?xml>

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.41.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.41.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.41.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.41.0 das infraestruturas require Qt 5.7.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais