KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.40.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

11 de novembro de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.40.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Considerar os ficheiros de DjVu documentos (fallo 369195)
  • Corrixir a ortografía para que as presentacións de Office de WPS se recoñezan correctamente

Iconas de Breeze

  • engadir folder-stash para a icona de reserva da barra de ferramentas de Dolphin

KArchive

  • Corrixir unha fuga de memoria potencial. Corrixir a lóxica

KCMUtils

  • sen marxes para os módulos de QML do lado de QWidget
  • Preparar as variábeis (atopado por coverity)

KConfigWidgets

  • Corrixir a icona de KStandardAction::MoveToTrash

KCoreAddons

  • corrixir a detección de URL con URL duplas como «http://www.foo.bar<http://foo.bar/>»
  • Usar HTTPS para os URL de KDE

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • documentación completa para o substituto de disableSessionManagement()
  • Facer que kssl compile con OpenSSL 1.1.0 (fallo 370223)

KFileMetaData

  • Corrixir o nome para mostrar da propiedade Generator

KGlobalAccel

  • KGlobalAccel: corrixir (de novo) a compatibilidade coas teclas do teclado numérico

KInit

  • Instalación correcta de start_kdeinit cando DESTDIR e libcap se usan xuntos

KIO

  • Corrixir a visualización de remote:/ en qfiledialog
  • Permitir categorías en KfilesPlacesView
  • HTTP: corrixir unha cadea de erro para o caso de 207 Estado múltiple
  • KNewFileMenu: limpar código morto, descuberto por Coverity
  • IKWS: Corrixir potenciais bucles infinitos, descuberto por Coverity
  • Función KIO::PreviewJob::defaultPlugins()

Kirigami

  • sintaxe que funciona no anterior Qt 5.7 (fallo 385785)
  • organizar a rima de folla de capas de maneira distinta (fallo 386470)
  • Mostrar tamén a propiedade salientada do delegado cando non haxa foco
  • consellos de tamaño preferidos para o separador
  • corrixir o uso de Settings.isMobile
  • Permitir que as aplicacións sexan máis ou menos converxentes en sistemas tipo escritorio
  • Asegurarse de que o contido de SwipeListItem non cubre a asa (fallo 385974)
  • A scrollview de Overlaysheet sempre é ointeractive
  • Engadir categorías ao ficheiro de escritorio de galería (fallo 385430)
  • Actualizar o ficheiro kirigami.pri
  • usar o complemento non instalado para facer as probas
  • Marcar Kirigami.Label como obsoleta
  • Migrar o uso de Label do exemplo de galería para ser consistente con QQC2
  • Migrar os usos en Kirigami.Controls de Kirigami.Label
  • facer a zona de desprazamento interactiva ante eventos táctiles
  • Mover a chamada de find_package de Git a onde se usa
  • usar elementos de vista de lista transparentes de maneira predeterminada

KNewStuff

  • Retirar PreferCache das solicitudes de rede
  • Non separar os punteiros compartidos a datos privados ao definir vistas previas
  • KMoreTools: Actualizar e corrixir ficheiros de escritorio (fallo 369646)

KNotification

  • Retirar a comprobación das máquinas de SNI ao escoller se usar o modo antigo (fallo 385867)
  • Só comprobar se hai iconas antigas da área de notificacións se imos facer unha (fallo 385371)

Infraestrutura KPackage

  • usar os ficheiros de servizo non instalados

KService

  • Preparar os valores
  • Preparar algún punteiro

KTextEditor

  • Documentación da API: corrixir nomes incorrectos de métodos e argumentos, e engadir un \since que faltaba
  • Evitar (certas) quebras ao executar scripts de QML (fallo 385413)
  • Evitar unha quebra de QML causada por scripts de sangrado de estilo C
  • Aumentar o tamaño da marca final
  • corrixir algúns sangradores que sangraban caracteres aleatorios
  • Corrixir un aviso de obsolescencia

KTextWidgets

  • Preparar o valor

KWayland

  • [cliente] Retirar as comprobacións de que platformName sexa «wayland»
  • Non conectar por duplicado a wl_display_flush
  • Protocolo estranxeiro de Wayland

KWidgetsAddons

  • corrixir unha inconsistencia de enfoque de trebello de createKMessageBox
  • diálogo de contrasinal máis compacto (fallo 381231)
  • Definir correctamente a anchura de KPageListView

KWindowSystem

  • KKeyServer: corrixir a xestión de Meta+Maiús+Imprimir, Alt+Maiús+tecladefrecha, etc.
  • Engadir compatibilidade coa plataforma Flatpak
  • Usar a API de detección de plataforma de KWindowSystem en vez de código duplicado

KXMLGUI

  • Usar HTTPS para os URL de KDE

NetworkManagerQt

  • 8021xSetting: domain-suffix-match está definido en NM 1.2.0 e versións máis novas
  • Permitir «domain-suffix-match» en Security8021xSetting

Infraestrutura de Plasma

  • debuxar manualmente o arco do círculo
  • [PlasmaComponents Menu] Engadir ungrabMouseHack
  • [FrameSvg] Optimizar updateSizes
  • Non colocar un Dialog se o seu tipo é OSD

QQC2StyleBridge

  • Mellorar a compilación como complemento estático
  • facer o botón de raio un botón de raio
  • usar qstyle para pintar o Dial
  • usar unha ColumnLayout para os menús
  • corrixir Dialog
  • retirar unha propiedade de grupo incorrecta
  • Corrixir o formato do ficheiro md para que se corresponda cos dos outros módulos
  • comportamento da caixa despregábel máis parecido a qqc1
  • solución temporal para QQuickWidgets

Sonnet

  • Engadir o método assignByDictionnary
  • Sinal se podemos asignar un dicionario

Realce da sintaxe

  • Makefile: corrixir a coincidencia das expresións regulares en «CXXFLAGS+»

ThreadWeaver

  • Limpeza de CMake: Non definir -std=c++0x a man

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.40.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.40.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.40.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.40.0 das infraestruturas require Qt 5.7.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais