KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.4.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

6 de novembro de 2014. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.4.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Corrixir a construción con Qt 5.4

KArchive

  • Engadir compatibilidade con ficheiros RCC

KAuth

  • Corrixir o directorio de instalación ao usar KDE_INSTALL_USE_QT_SYS_PATHS

KCMUtils

  • Corrixir que KPluginSelector non engada complementos de ficheiro que non son .desktop

KConfigWidgets

  • Corrixir o URL de KHelpClient::invokeHelp

KCoreAddons

  • Varias correccións de construción (QNX, Ubuntu 14.04)

KDeclarative

  • Optimizar a memoria e a velocidade de IconItem en QIconItem

KIO

  • Novo traballo job KIO::mkpath()
  • Novo traballo KIO::PasteJob para xestionar pegar e soltar URLs e datos; KIO::paste substitúe a KIO::pasteClipboard
  • Nova función KIO::pasteActionText para xestionar a acción de pegar
  • Ao premer un script ou un ficheiro de escritorio nun xestor de ficheiros, o usuario pode escoller entre executar e ver como texto
  • KUrlRequester: corrixir a xestión do directorio de inicio
  • Ofrecer tamén unha opción de sobrescribir ao copiar varios ficheiros e existir un conflito (regresión en comparación con kdelibs4)
  • KDirLister: non matar e reiniciar os traballos de actualización en execución.
  • KDirLister: non emitir refreshItems para elementos que non cambiaron.
  • Evitar mensaxes incorrectas sobre a enchida do disco en montaxes nas que non se pode determinar o espazo libre en disco.
  • Corrixir a execución do editor de tipo de ficheiro

KNewStuff

  • Moitas pequenas correccións e limpezas

KNotifications

  • Permitir iconas personalizadas (método de comodidade KNotification::Event con nome de icona)

KTextEditor

  • Codificar a acción «Ir á última posición de edición»
  • Protexer da posibilidade dun estado roto de pregado de código en disco

KWallet

  • Emitir o sinal «walletListDirty» ao eliminarse o directorio «kwalletd»

KWidgetsAddons

  • Nova función KMimeTypeEditor::editMimeType() para iniciar keditfiletype5

KXmlGui

  • Agora permite atopar ficheiros de interface de usuario en recursos (lugar predeterminado: :/kxmlgui5/<nome_do_compoñente>)

Infraestruturas de Plasma

  • Correccións no tamaño e a posición do compoñente QML de diálogo
  • Correccións nos compoñentes QML de Slider e ProgressBar
  • Novas iconas

Solid

  • [non comunicado]

Cambios do sistema de construción

  • Novos módulos, FindWaylandScanner e FindQtWaylandScanner, que inclúen os macros ecm_add_qtwayland_client_protocol e ecm_add_qtwayland_server_protocol

Frameworkintegration

  • Permitir definir etiquetas personalizadas en diálogos de ficheiros

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes