KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.39.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

8 de outubro de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.39.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Só considerar coincidencias os tipos MIME reais, p. ex. non considerar «imaxe de CD en cru» (fallo 364884)
  • Retirar pf.path() do contedor antes de que .remove() estrague a referencia
  • Corrixir a descrición do protocolo de escravo de KIO de etiquetas
  • Considerar os ficheiros de Markdown documentos

Iconas de Breeze

  • engadir a icona overflow-menu (fallo 385171)

Módulos adicionais de CMake

  • Corrixir a compilación da API de Python tras 7af93dd23873d0b9cdbac192949e7e5114940aa6

Integración de infraestruturas

  • Facer que KStandardGuiItem::discard coincida con QDialogButtonBox::Discard

KActivitiesStats

  • Cambiouse o límite predeterminado das consultar a cero
  • Engadiuse a opción de activar o probador de modelo

KCMUtils

  • Permitir o desprazamento en KCMultiDialog (fallo 354227)

KConfig

  • Marcar KStandardShortcut::SaveOptions como obsoleto

KConfigWidgets

  • Marcar KStandardAction::PasteText e KPasteTextAction como obsoletos

KCoreAddons

  • desktoptojson: mellorar a vella heurística de detección de tipos de servizo (fallo 384037)

KDeclarative

  • Cambiar a licenza a LGPL2.1+
  • Engadiuse o método openService() a KRunProxy

KFileMetaData

  • corrixir unha quebra cando se destrúe máis dunha instancia de ExtractorCollection

KGlobalAccel

  • Reverter «KGlobalAccel: migrar ao novo método symXModXToKeyQt de KKeyServer para corrixir as teclas numéricas» (fallo 384597)

KIconThemes

  • engadir un método para restabelecer a paleta personalizada
  • usar qApp->palette() cando non se defina unha personalizada
  • asignar o tamaño de búfer correcto
  • permitir definir unha paleta personalizada en vez de colorSets
  • expoñer o conxunto de cores para a folla de estilos

KInit

  • Windows: Corrixir «klauncher usa a ruta de instalación de tempo de compilación absoluta para atopar kioslave.exe»

KIO

  • kioexec: Vixiar o ficheiro cando rematou de copiar (fallo 384500)
  • KFileItemDelegate: Reservar sempre espazo para as iconas (fallo 372207)

Kirigami

  • non crear unha instancia do ficheiro Theme en BasicTheme
  • engadir un novo botón de Redirixir
  • menos contraste co fondo da barra de desprazamento da folla
  • inserción e retirada máis fiábel do menú de desbordamento
  • mellor renderización de iconas contextuais
  • ter máis coidado ao centrar o botón de acción
  • usar iconsizes para os botóns de accións
  • tamaños de icona de píxel perfecto en escritorio
  • seleccionouse un efecto para falsear a icona de asa
  • corrixir a cor das asas
  • mellor cor para o botón de acción principal
  • corrixir o menú contextual para o estilo de escritorio
  • menú «Máis» mellor para a barra de ferramentas
  • un menú axeitado para o menú contextual das páxinas intermedias
  • engadir un campo de texto que só debería mostrar un teclado numérico
  • non quebrar cando se inicie sen estilos existentes
  • Concepto de ColorSet no tema
  • simplificar a xestión da roda (fallo 384704)
  • nova aplicación de exemplo con ficheiros de QML principais para escritorio e móbiles
  • asegurarse de que currentIndex é correcto
  • Xerar os metadatos de AppStream da aplicación de galería
  • Buscar QtGraphicalEffects para que os empaquetadores non o esquezan
  • Non incluír o control sobre a decoración de fondo (fallo 384913)
  • coloración máis clara cando listview non ten activeFocus
  • compatibilidade parcial con disposicións de dereita a esquerda
  • Desactivar os atallos cando unha acción estea desactivada
  • crear a estrutura completa do complemento no directorio de construción
  • corrixir a accesibilidade da páxina principal da galería
  • Se Plasma non está dispoñíbel tampouco o está KF5Plasma. Debería corrixir o erro da integración continua

KNewStuff

  • Requirir Kirigami 2.1 en vez de 1.0 para KNewStuffQuick
  • Crear KPixmapSequence correctamente
  • Non queixarse se o ficheiro de knsregistry non está presente antes de ser útil

Infraestrutura KPackage

  • kpackage: empaquetar unha copia de servicetypes/kpackage-generic.desktop
  • kpackagetool: empaquetar unha copia de servicetypes/kpackage-generic.desktop

KParts

  • Modelo de KPartsApp: corrixir o lugar de instalación do ficheiro de escritorio de KPart

KTextEditor

  • Ignorar a marca predeterminada do bordo da icona para unha única marca seleccionábel
  • Usar QActionGroup para a selección do método de entrada
  • Corrixir a falta da barra de corrección ortográfica (fallo 359682)
  • Corrixir o valor de escuridade de reserva dos caracteres con código Unicode > 255 (fallo 385336)
  • Corrixir a visualización de espazo sobrante para liñas RTL

KWayland

  • Só enviar sendApplied e sendFailed de OutputConfig ao recurso correcto
  • Non quebrar se un cliente usa (correctamente) un xestor de contraste global eliminado
  • Compatibilidade coa versión 6 de XDG

KWidgetsAddons

  • KAcceleratorManager: definir o texto da icona nas accións para retirar marcadores de CJK (fallo 377859)
  • KSqueezedTextLabel: Apertar o texto ao cambiar o sangrado ou a marxe
  • Usar a icona edit-delete para a acción de descarte destrutivo (fallo 385158)
  • Corrixir o fallo 306944 - Usar a roda do rato para aumentar ou reducir as datas (fallo 306944)
  • KMessageBox: Usar a icona de signo de interrogación final para diálogos de pregunta
  • KSqueezedTextLabel: Respectar o sangrado, a marxe e a anchura de marco

KXMLGUI

  • Corrixir o ciclo de pintura de KToolBar (fallo 377859)

Infraestrutura de Plasma

  • Corrixir org.kde.plasma.calendar con Qt 5.10
  • [FrameSvgItem] Iterar polos nodos subordinados de maneira axeitada
  • [Interface de Containment] Non engadir accións de contedor ás accións do miniaplicativo no escritorio
  • Engadir un novo compoñente para as etiquetas agrisadas nos delegados de elemento
  • Corrixir FrameSVGItem co renderizador de software
  • Non animar IconItem no modo de software
  • [FrameSvg] Usar o novo estilo de «connect»
  • posibilidade de definir un ámbito de cor anexado para non herdar
  • Engadir un indicador visual adicional para o foco do teclado de Checkbox e Radio
  • non crear de novo un mapa de píxeles nulo
  • Pasar o elemento a rootObject() dado que agora é un singleton (fallo 384776)
  • Non listar os nomes de lapelas dúas veces
  • non aceptar o foco activo na lapela
  • rexistrar a revisión 1 de QQuickItem
  • [Compoñentes de Plasma 3] Corrixir RTL nalgúns trebellos
  • Corrixir un identificador incorrecto en viewitem
  • actualizar a imaxe de notificación de correo para darlle mellor contraste (fallo 365297)

qqc2-desktop-style

New module: QtQuickControls 2 style that uses QWidget's QStyle for painting This makes it possible to achieve an higher deree of consistency between QWidget-based and QML-based apps.

Solid

  • [solid/fstab] Engadir compatibilidade con opcións de estilo x-gvfs en fstab
  • [solid/fstab] Intercambiar as propiedades de fabricante e produto, permitir a internacionalización da descrición

Realce da sintaxe

  • Corrixir referencias de itemData incorrectas de 57 ficheiros de realce
  • Engadir a posibilidade de rutas de busca personalizadas para sintaxe específica de aplicación e definicións de temas
  • AppArmor: corrixir regras de D-Bus
  • Indexador de realce: retirar comprobacións dos ciclos «mentres» máis pequenos
  • ContextChecker: permitir o cambio de contexto de «!» e fallthroughContext
  • Indexador de realce: comprobar a existencia de nomes de contexto aos que se fai referencia
  • Cambiar a licenza do salientado de QMake a MIT
  • Permitir que o realce de qmake cobre preferencia sobre o de Prolog para ficheiros .pro (fallo 383349)
  • Permitir macros «@» de clojure con corchetes
  • Engadir salientado de sintaxe para perfís de AppArmor
  • Indexador de salientado: capturar intervalos incorrectos a-Z e A-z en expresións regulares
  • Corrixir intervalos postos en maiúscula incorrectamente en expresións regulares
  • engadir ficheiros de referencia que faltan para probas, teñen boa pinta na miña opinión
  • Engadir compatibilidade cos ficheiros HEX de Intel para a base de datos de realce de sintaxe
  • Desactivar a corrección ortográfica para cadeas en scripts de Sieve

ThreadWeaver

  • Corrixir unha fuga de memoria

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.39.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.39.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.39.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.39.0 das infraestruturas require Qt 5.7.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais