KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.35.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

10 de xuño de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.35.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Mellorar a notificación de erro

BluezQt

  • Pasar unha lista explícita de argumentos. Isto impide que QProcess intente xestionar a nosa ruta que contén un espazo mediante un intérprete de ordes
  • Corrixir que os cambios de propiedade se perdan inmediatamente tras engadir un obxecto (fallo 377405)

Iconas de Breeze

  • actualizar o tipo MIME de awk dado que é unha linguaxe de scripting (fallo 376211)

Módulos adicionais de CMake

  • restaurar a proba de visibilidade agochada con Xcode 6.2
  • ecm_qt_declare_logging_category(): protección de inclusión máis única para a cabeceira
  • Engadir ou mellorar as mensaxes «Xerado. Non editar» e facelas consistentes
  • Engadir un novo módulo de FindGperf
  • Cambiar a ruta de instalación predeterminada de pkgconfig para FreeBSD

KActivitiesStats

  • Corrixir kactivities-stats en tier3

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Non considerar a palabra clave Q_REQUIRED_RESULT

KAuth

  • Verificar que quen chama é quen di ser

KCodecs

  • Xerar saída de gperf en tempo de construción

KCoreAddons

  • Asegurarse de que KRandom usa unha semente axeitada por fío
  • Non vixiar as rutas de QRC (fallo 374075)

KDBusAddons

  • Non incluír o identificador de proceso na ruta de D-Bus ao usar Flatpak

KDeclarative

  • Emitir o sinal MouseEventListener::pressed de maneira consistente
  • Non manter un obxecto MimeData en memoria (fallo 380270)

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Xestionar os espazos na ruta de CMAKE_SOURCE_DIR

KEmoticons

  • Corrección: Qt5::DBus só se usa de maneira privada

KFileMetaData

  • usar /usr/bin/env para atopar python2

KHTML

  • Xerar saída de gperf de kentities en tempo de construción
  • Xerar a saída de gperf de doctypes en tempo de construción

KI18n

  • Estender a guía do programados con notas sobre a influencia de setlocale()

KIO

  • Solucionouse un problema polo que certos elementos de aplicacións (p. ex. a vista de ficheiros de Dolphin) volveríanse inaccesíbeis en configuracións de varias pantallas con DPI alto (fallo 363548)
  • [RenameDialog] Forzar o formato de texto simple
  • Identificar os binarios PIE (application/x-sharedlib) como ficheiros executábeis (fallo 350018)
  • core: expoñer GETMNTINFO_USES_STATVFS na cabeceira de configuración
  • PreviewJob: saltar os directorios remotos. Xerar unha vista previa require moitos recursos (fallo 208625)
  • PreviewJob: limpar o ficheiro temporal baleiro cando get() falle (fallo 208625)
  • Acelerar a visualización da vista de árbore de detalles evitando demasiados cambios de tamaño de columnas

KNewStuff

  • Usar un único QNAM (e unha caché de disco) para traballos de HTTP
  • Caché interna para os datos do fornecedor ao inicializar

KNotification

  • Corrixir que KSNIs non puidese rexistrar o servizo desde Flatpak
  • Usar o nome da aplicación en vez de o identificador de proceso ao crear o servidor de D-Bus de SNI

KPeople

  • Non exportar símbolos de bibliotecas privadas
  • Corrixir a exportación de símbolos de KF5PeopleWidgets e KF5PeopleBackend
  • limitar #warning a GCC

Infraestrutura de KWallet

  • Substituír kwalletd4 unha vez rematada a migración
  • Completado de sinal de axente de migración
  • Só iniciar o temporizador do axente de migración se fai falla
  • Comprobar se hai unha instancia única da aplicación o antes posíbel

KWayland

  • Engadir requestToggleKeepAbove/below
  • Manter QIcon::fromTheme no fío principal
  • Retirar changedSignal de pid en Client::PlasmaWindow
  • Engadir pid ao protocolo de xestión de xanelas de Plasma

KWidgetsAddons

  • KViewStateSerializer: Corrixir a quebra cando a vista se destrúe antes do serializador do estado (fallo 353380)

KWindowSystem

  • Unha corrección mellor para NetRootInfoTestWM das rutas con espazos

KXMLGUI

  • Definir a xanela principal como pai dos menús emerxentes independentes
  • Ao construír as xerarquías de menús, subordinar os menús aos seus contedores

Infraestrutura de Plasma

  • Engadir unha icona da área de notificacións para VLC
  • Modelos de plasmoide: usar a imaxe que forma parte do paquete (de novo)
  • Engadir un modelo para miniaplicativo de QML de Plasma con extensión de QML
  • Recrear plasmashellsurf ao expoñerse, destruírse ou agocharse

Realce da sintaxe

  • Haskell: realzar o quasi-entrecomiñador «julius» coas regras Normal##Javascript
  • Haskell: activar o realce de hamlet tamén para o quasi-entrecomiñador «shamlet»

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.35.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.35.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.35.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.35.0 das infraestruturas require Qt 5.6.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais