KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.33.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Eesti | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

8 de abril de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.33.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Engadíronse descricións ás ordes (balooctl)s
  • Buscar tamén en directorios que sexan ligazóns simbólicas (fallo 333678)

BluezQt

  • Fornecer un tipo de dispositivo para dispositivos de baixa enerxía

Módulos adicionais de CMake

  • Indicar qml-root-path como o directorio de compartición no prefixo
  • Corrixir a compatibilidade de ecm_generate_pkgconfig_file compatibility co novo CMake
  • Só rexistrar as opcións APPLE_* cando APPLE é verdadeiro

KActivitiesStats

  • Engadíronse predefinicións á aplicación de proba
  • Mover elementos de maneira axeitada á posición desexada
  • Sincronizando o cambio de orde con outras instancias do modelo
  • Se a orde non está definida, ordenar as entradas por identificador

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • [Meta] Cambiar o mantedor en setup.py

KAuth

  • Infraestrutura para Mac
  • Engadir a posibilidade de matar un KAuth::ExecuteJob

KConfig

  • Desinfectar a lista de atallos ao ler ou escribir de kdeglobals
  • Evitar cambios de asignación innecesarios retirando a chamada a squeeze no búfer temporal

KDBusAddons

  • KDBusService: engadir un accesor para o nome de servizo de D-Bus que rexistramos

KDeclarative

  • Con Qt ≥ 5.8 usar a nova API para definir a infraestrutura de grafo de escena
  • Non definir acceptHoverEvents en DragArea xa que non os usaremos

KDocTools

  • meinproc5: ligar aos ficheiros, non á biblioteca (fallo 377406)

KFileMetaData

  • Facer que PlainTextExtractor volva a coincidir con «text/plain»

KHTML

  • Páxina de erro, cargar correctamente a imaxe (cun URL real)

KIO

  • Facer que a redirección de URL file:// remotos a smb:// volva a funcionar
  • Manter a codificación da consulta ao usar un proxy de HTTP
  • Actualizáronse os axentes de usuarios (Firefox 52 ESR, Chromium 57)
  • Xestionar e truncar a cadea de visualización de URL asignada á descrición do traballo. Evita que os URL de data: longos se inclúan nas notificacións da interface gráfica
  • Engadir KFileWidget::setSelectedUrl() (fallo 376365)
  • Corrixir o modo de garda de KUrlRequester engadindo setAcceptMode

KItemModels

  • Mencionar o novo QSFPM::setRecursiveFiltering(true), que fai KRecursiveFilterProxyModel obsoleto

KNotification

  • Non retirar as notificacións encoladas cando se inicia o servizo fd.o
  • Adaptacións para a plataforma Mac

KParts

  • Documentación da API: corrixir a nota que falta para chamar a setXMLFile con KParts::MainWindow

KService

  • Corrixir as mensaxes de terminal “Non se atopou: «»”

KTextEditor

  • Expoñer funcionalidade interna adicional de View na API pública
  • Aforrar moitas asignacións en setPen
  • Corrixir ConfigInterface de KTextEditor::Document
  • Engadíronse opcións de fonte e de corrección ortográfica sobre a marcha a ConfigInterface

KWayland

  • Engadir compatibilidade con wl_shell_surface::set_popup e popup_done

KWidgetsAddons

  • Permitir construír con Qt sen a11y activada
  • Corrixir un consello de tamaño incorrecto cando se chama a animatedShow cun pai agochado (fallo 377676)
  • Corrixir que os caracteres de KCharSelectTable se elidan
  • Activar todos os planos no diálogo de probas de kcharselect

NetworkManagerQt

  • WiredSetting: devolver autonegotiate incluso cando estea desactivado
  • Impedir que Qt defina os sinais de glib2
  • WiredSetting: A velocidade e o dúplex poden definirse unicamente cando a negociación automática está desactivada (fallo 376018)
  • O valor de negociación automática da opción con fíos debería ser falso

Infraestrutura de Plasma

  • [ModelContextMenu] Usar Instantiator en vez do apaño «Repeater e cambiar de pai»
  • [Calendario] Encoller e elidir os nomes das semanas como se fai no delegado dos días (fallo 378020)
  • [Elemento de icona] Facer que a propiedade «smooth» funcione de verdade
  • Definir o tamaño implícito a partir do tamaño de orixe para fontes de URL de imaxe ou SVG
  • engadir unha nova propiedade no contedor para un modo de edición
  • corrixir maskRequestedPrefix cando non se usa prefixo (fallo 377893)
  • [Menu] Harmonizar a colocación de openRelative
  • A maioría dos menús (contextuais) agora teñen aceleradores (atallos Alt+letra) (fallo 361915)
  • Controis de Plasma baseados en QtQuickControls2
  • Xestionar applyPrefixes cunha cadea baleira (fallo 377441)
  • eliminar realmente as cachés vellas de temas
  • [Interface de contedor] Abrir os menús contextuais ao premer a tecla de menú
  • [Tema Breeze de Plasma] Mellorar as iconas action-overlay (fallo 376321)

Realce da sintaxe

  • TOML: Corrixir o salientado de secuencias de escape de cadeas
  • Actualizar o realce de sintaxe de Clojure
  • Algunhas actualizacións na sintaxe de OCaml
  • Salientar os ficheiros *.sbt como código Scala
  • Usar o salientador de QML tamén para ficheiros .qmltypes

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.33.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.33.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.33.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.33.0 das infraestruturas require Qt 5.6.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais