KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.32.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

11 de marzo de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.32.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Permitir etiquetas aniñadas

Iconas de Breeze

  • Engadíronse iconas para Plasma Vault
  • Cambiouse o nome das iconas para cartafoles cifrados e descifrados
  • Engadir a icona de 22px de torrents
  • Engadir iconas da área de notificacións para o xestor de rede (fallo 374672)
  • xestión de cores: retirar ligazóns sen definir (fallo 374843)
  • Agora system-run é unha acción ata ≤ 32 px e unha icona de aplicación en 48 px (fallo 375970)

Módulos adicionais de CMake

  • Detectar inotify
  • Reverter «Marcar automaticamente as clases funcións puramente virtuais como /Abstract/.»

KActivitiesStats

  • Permitir planificar con antelación e definir a orde dun elemento que aínda non estea na lista

KArchive

  • Corrixir unha fuga de memoria potencial á que apuntaba «limitedDev»

KCMUtils

  • Corrixiuse unha quebra potencial nos KCM de QML cando cambia a paleta das aplicacións

KConfig

  • KConfig: deixar de exportar e instalar KConfigBackend

KConfigWidgets

  • KColorScheme: usar o esquema da aplicación de maneira predeterminada se KColorSchemeManager o define (fallo 373764)
  • KConfigDialogManager: obter o sinal de cambio de metaObject ou dunha propiedade especial
  • Corrixir a comprobación de erros de KCModule::setAuthAction

KCoreAddons

  • Excluír (6) do recoñecemento de emoticonas
  • KDirWatch: corrixir unha fuga de memoria na destrución

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Corrixir un fallo en kfiledialog.cpp que causa unha quebra cando se usan trebellos nativos

KDocTools

  • meinproc5: ligar aos ficheiros, non á biblioteca (fallo 377406)
  • Retirar a biblioteca estática KF5::XsltKde
  • Exportar unha biblioteca compartida axeitada para KDocTools
  • Migrar a rexistros con categoría e limpar as inclusións
  • Engadir unha función para extraer un único ficheiro
  • Facer que a construción falle cedo se xmllint non está dispoñíbel (fallo 376246)

KFileMetaData

  • Novo mantedor para kfilemetadata
  • [ExtractorCollection] Usar a herdanza de tipos MIME para devolver complementos
  • engadir unha nova propiedade DiscNumber para ficheiros de son de álbums de varios discos

KIO

  • KCM de cookies: desactivar o botón de «Eliminar» cando non hai un elemento actual
  • kio_help: Usar a nova biblioteca compartira exportada por KDocTools
  • kpac: desinfectar os URL antes de pasalos a FindProxyForURL (corrección de seguranza)
  • Importar o escravo de entrada e saída remotas de plasma-workspace
  • kio_trash: permitir cambiar o nome de ficheiros e directorios raíz
  • PreviewJob: Retirar de maneira predeterminada o tamaño máximo dos ficheiros locais
  • DropJob: permitir engadir accións de aplicación nun menú aberto
  • ThumbCreator: marcar DrawFrame como obsoleto, tal e como se discutiu en https://git.reviewboard.kde.org/r/129921/

KNotification

  • Engadir compatibilidade con portais de Flatpak
  • Enviar desktopfilename como parte dos consellos de notifyByPopup
  • [KStatusNotifierItem] Restaurar as xanelas minimizadas como normais

Infraestrutura KPackage

  • Completar a funcionalidade de apertura de paquetes comprimidos

KTextEditor

  • Lembrar o tipo de ficheiro definido polo usuario entre sesións
  • Restabelecer o tipo de ficheiro ao abrir un URL
  • Engadiuse un obtedor para o valor de configuración «word-count» (número de palabras)
  • Conversión consistente entre cursor e coordenadas
  • Actualizar o tipo de ficheiro ao gardar só se a ruta cambia
  • Compatibilidade con ficheiros de configuración de EditorConfig (detalles: http://editorconfig.org/)
  • Engadir FindEditorConfig a ktexteditor
  • Corrección: a acción emmetToggleComment non funciona (fallo 375159)
  • Usar maiúscula só ao principio das oracións nos textos das etiquetas dos campos de edición
  • Inverter o significado de :split e :vsplit para coincidir coas accións de vi e Kate
  • Usar o log2() de C++11 en vez de log() ou log(2)
  • KateSaveConfigTab: poñer un espazador detrás do último grupo da lapela Avanzadas, non dentro
  • KateSaveConfigTab: retirar unha marxe incorrecta arredor do contido da lapela «Avanzada»
  • Páxina subordinada de configuración dos bordos: corrixir a posición da caixa despregábel da visibilidade da barra de desprazamento

KWidgetsAddons

  • KToolTipWidget: agochar o consello en enterEvent se hideDelay é cero
  • Corrixir que KEditListWidget perdese o foco ao premer os botóns
  • Engadir a descomposición de sílabas de han-geul en letras de han-geul
  • KMessageWidget: corrixir o comportamento de chamadas que se sobrepoñen de animatedShow e animatedHide

KXMLGUI

  • Non usar as teclas de KConfig con barras invertidas

NetworkManagerQt

  • Sincronizar as introspeccións e os ficheiros xerados con NM 1.6.0
  • Xestor: Corrixir que se emitise deviceAdded dúas veces cando se reinicie NM

Infraestrutura de Plasma

  • definir os consellos predeterminados cando repr non exporta Layout.* (fallo 377153)
  • permitir definir expanded=false para un contedor
  • [Menú] Mellorar a corrección de espazo dispoñíbel en openRelative
  • mover a lóxica de setImagePath a updateFrameData() (fallo 376754)
  • IconItem: Engadir a propiedade roundToIconSize
  • [SliderStyle] Permitir fornecer un elemento «hint-handle-size»
  • Conectar todas as conexións a unha acción en QMenuItem::setAction
  • [ConfigView] Respectar as restricións do módulo de control KIOSK
  • Corrixir que se desactivase a animación de voltas cando o indicador de actividade non ten opacidade
  • [FrameSvgItemMargins] Non actualizar ao chamarse repaintNeeded
  • Iconas para o miniaplicativo de Plasma Vault
  • Migrar AppearAnimation e DisappearAnimation a Animators
  • Aliñar o extremo inferior co superior de visualParent no caso de TopPosedLeftAlignedPopup
  • [ConfigModel] Emitir dataChanged cando unha ConfigCategory cambia
  • [ScrollViewStyle] Avaliar a propiedade frameVisible
  • [Button Styles] Usar Layout.fillHeight en vez de parent.height nunha Layout (fallo 375911)
  • [ContainmentInterface] Aliñar tamén o menú contextual do contedor ao panel

Prison

  • Corrixir a versión mínima de Qt

Solid

  • Agora os disquetes aparecen como «Disquete» en vez de como «Dispositivo extraíbel de 0 B»

Realce da sintaxe

  • Engadir máis palabras clave. Desactivar a corrección ortográfica de palabras clave
  • Engadir máis palabras clave
  • Engadir a extensión de ficheiro *.RHTML ao realce de Ruby on Rails (fallo 375266)
  • Actualizar o salientado de sintaxe de SCSS e CSS (fallo 376005)
  • realce de less: corrixir que os comentarios dunha única liña inicien rexións
  • Realce de LaTeX: corrixir o ambiente de alignat (fallo 373286)

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.32.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.32.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.32.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.32.0 das infraestruturas require Qt 5.6.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais