KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.30.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

14 de xaneiro de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.30.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Iconas de Breeze

  • engadir iconas de Haguichi de Stephen Brandt (grazas)
  • completar a icona de Calligra
  • engadir unha icona de CUPS, grazas a colin (fallo 373126)
  • actualizar a icona de KAlarm (fallo 362631)
  • engadir unha icona de aplicación para krfb (fallo 373362)
  • engadir compatibilidade co tipo MIME de R (fallo 371811)
  • e máis

Módulos adicionais de CMake

  • appstreamtest: xestionar programas non instalados
  • Activar os avisos colorados na saída de ninja
  • Corrixir un :: que falta na documentación da API para causar a aplicación de estilo ao código
  • Ignorar os ficheiros de libs/includes/cmakeconfig da máquina na cadea de ferramentas de Android
  • Documentar o uso de gnustl_shared coa cadea de ferramentas de Android
  • Non usar nunca -Wl e --no-undefined en Mac (APPLE)

Integración de infraestruturas

  • Mellorar o KNSHandler de KPackage
  • Buscar a versión necesaria máis precisa de AppstreamQt
  • Engadir compatibilidade con KNewStuff a KPackage

KActivitiesStats

  • Facer que compile con -fno-operator-names
  • Non obter máis recursos ligados cando un deles marcha
  • Engadiuse un rol de modelo para obter a lista de actividades ligadas cun recurso

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • engadir Android á lista de plataformas dispoñíbeis
  • incluír ficheiros fonte de ObjC++

KConfig

  • Xerar unha instancia con KSharedConfig::Ptr para o singleton e o argumento
  • kconfig_compiler: Usar nullptr no código xerado

KConfigWidgets

  • Agochar a acción de «Mostrar a barra de menú» se todas as barras de menú son nativas
  • KConfigDialogManager: retirar as clases de kdelibs3

KCoreAddons

  • Devolver tipo de lista de cadeas ou booleanos en KPluginMetaData::value
  • DesktopFileParser: Respectar o campo ServiceTypes

KDBusAddons

  • Engadir unha API para Python a KDBusAddons

KDeclarative

  • Introducir a importación de QML org.kde.kconfig con KAuthorized

KDocTools

  • kdoctools_install: capturar a ruta completa do programa (fallo 374435)

KGlobalAccel

  • [runtime] Introducir a variábel de ambiente KGLOBALACCEL_TEST_MODE

Complementos de interface gráfica de usuario de KDE

  • Engadir unha API para Python a KGuiAddons

KHTML

  • Definir os datos de complemento de xeito que o visualizador de imaxes integrábel funcione

KIconThemes

  • Tamén informar a QIconLoader cando se cambia o tema de iconas de escritorio (fallo 365363)

KInit

  • Ter en conta a propiedade X-KDE-RunOnDiscreteGpu ao iniciar unha aplicación usando KLauncher

KIO

  • Agora KIO::iconNameForUrl devolverá iconas especiais para lugares de xdg como o cartafol de imaxes do usuario
  • ForwardingSlaveBase: corrixir o paso da marca Overwrite a kio_desktop (fallo 360487)
  • Mellorar e exportar a clase KPasswdServerClient, a API de cliente para kpasswdserver
  • [KPropertiesDialog] Retirar a opción «Colocar na área de notificacións»
  • [KPropertiesDialog] Non cambiar o «Name» dos ficheiro .desktop de «Link» se o nome de ficheiro é de só lectura
  • [KFileWidget] Usar urlFromString en vez de QUrl(QString) en setSelection (fallo 369216)
  • Engadir unha opción para executar unha aplicación nunha tarxeta gráfica aparte en KPropertiesDialog
  • terminar DropJob de maneira axeitada tras pasar a un executábel
  • Corrixir o uso de categorías de rexistro en Windows
  • DropJob: emitir o traballo de copia iniciado tras a súa creación
  • Engadir a posibilidade de chamar a suspend() en CopyJob antes de que comece
  • Engadir a posibilidade de suspender traballos inmediatamente, polo menos nos casos de SimpleJob e FileCopyJob

KItemModels

  • Actualizar os proxys a raíz dunha clase de fallos dos que nos decatamos recentemente (xestión de layoutChanged)
  • Permitir que KConcatenateRowsProxyModel funcione en QML
  • KExtraColumnsProxyModel: persistir os índices de modelo tras emitir layoutChange, non antes
  • Corrixir a aserción (en beginRemoveRows) ao retirar da selección un elemento subordinado doutro elemento subordinado seleccionado en korganizer

KJobWidgets

  • Non enfocar xanelas de progreso (fallo 333934)

KNewStuff

  • [Botón de GHNS] Agochar cando corresponda unha restrición de KIOSK
  • Corrixir a preparación do ::Engine ao crealo cunha ruta absoluta de ficheiro de configuración

KNotification

  • Engadir unha proba manual para iniciadores de Unity
  • [KNotificationRestrictions] Permitir ao usuario indicar unha cadea de motivo da restrición

Infraestrutura KPackage

  • [PackageLoader] Non acceder a un KPluginMetadata incorrecto (fallo 374541)
  • corrixir a descrición da opción -t na páxina de manual
  • Mellorar a mensaxe de erro
  • Corrixir a mensaxe de axuda de --type
  • Mellorar o proceso de instalación de paquetes de KPackage
  • Instalar un ficheiro kpackage-generic.desktop
  • Excluír os ficheiros qmlc da instalación
  • Non listar de maneira separada plasmoides de metadata.desktop e .json
  • Corrección adicional para paquetes con distintos tipos pero o mesmo identificador
  • Corrixir un fallo de CMake cando dous paquetes con distinto tipo teñen o mesmo identificador

KParts

  • Chamar o novo checkAmbiguousShortcuts() desde MainWindow::createShellGUI

KService

  • KSycoca: non seguir as ligazóns simbólicas a directorios, aumenta o risco de recursividade

KTextEditor

  • Corrección: Arrastrar texto cara adiante causa unha selección incorrecta (fallo 374163)

Infraestrutura de KWallet

  • Indicar a versión 1.7.0 de GpgME++ como a mínima necesaria
  • Reverter «Se non se atopa Gpgmepp, intentar usar KF5Gpgmepp»

KWidgetsAddons

  • Engadir API para Python
  • Engadir KToolTipWidget, un consello que contén outro trebello
  • Corrixir as comprobacións de KDateComboBox de datas escritas correctamente
  • KMessageWidget: usar unha cor vermella máis escura cando o tipo é Error (fallo 357210)

KXMLGUI

  • Avisar no inicio de atallos ambiguos (coa excepción de Maiús+Supr)
  • MSWin e Mac teñen un comportamento similar de garda automática de tamaño de xanela
  • Mostrar a versión da aplicación na cabeceira do diálogo sobre ela (fallo 372367)

Iconas de Oxygen

  • sincronizar coas iconas de Breeze

Infraestrutura de Plasma

  • Corrixir as propiedades renderType de varios compoñentes
  • [ToolTipDialog] Usar KWindowSystem::isPlatformX11(), que se garda en caché
  • [Elemento de icona] Corrixir a actualización do tamaño implícito cando os tamaños das iconas cambian
  • [Dialog] Usar setPosition e setSize en vez de definir todo por separado
  • [Unidades] Facer constante a propiedade iconSizes
  • Agora hai unha instancia de «Units» global, reducindo o consumo de memoria e o tempo de creación dos elementos SVG
  • [Elemento de icona] Permitir iconas non cadradas (fallo 355592)
  • buscar e substituír tipos vellos definidos a man de plasmapkg2 (fallo 374463)
  • Corrixir os tipos X-Plasma-Drop* (fallo 374418)
  • [ScrollViewStyle de Plasma] Só mostrar o fondo da barra de desprazamento ao cubrila
  • Corrixir #374127 a colocación incorrecta de xanelas emerxentes de doca gaña
  • Marcar a API de Plasma::Package en PluginLoader como obsoleta
  • Comprobar de novo que representación deberíamos usar en setPreferredRepresentation
  • [declarativeimports] Usar QtRendering en dispositivos móbiles
  • considerar que nun panel baleiro os miniaplicativos sempre están cargados (fallo 373836)
  • Emitir toolTipMainTextChanged se cambia en resposta a un cambio de título
  • [TextField] Permitir desactivar o botón de mostrar o contrasinal mediante unha restrición de KIOSK
  • [AppletQuickItem] Engadir unha mensaxe de erro de inicio
  • Corrixir a lóxica de xestión de frechas nas configuracións rexionais RTL (fallo 373749)
  • TextFieldStyle: Corrixir o valor de implicitHeight de xeito que o cursor de texto se centre

Sonnet

  • cmake: buscar hunspell-1.6 tamén

Realce da sintaxe

  • Corrixir o realce de Makefile.inc engadindo prioridade a makefile.xml
  • Salientar os ficheiros SCXML como XML
  • makefile.xml: moitas melloras, demasiadas para listalas aquí
  • sintaxe de Python: engadíronse os literais f e mellorouse a xestión de cadeas

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.30.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.30.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.30.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.30.0 das infraestruturas require Qt 5.5.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais