KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.29.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

12 de decembro de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.29.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Nova infraestrutura

This release includes Prison, a new framework for barcode generation (including QR codes).

Xeral

FreeBSD was added to metainfo.yaml in all frameworks tested to work on FreeBSD.

Baloo

  • Melloras de rendemento ao escribir (×4 de velocidade ao escribir datos de saída)

Iconas de Breeze

  • Activar BINARY_ICONS_RESOURCE de maneira predeterminada
  • engadir o MIME vnd.rar para shared-mime-info 1.7 (fallo 372461)
  • engadir icona de claws (fallo 371914)
  • engadir unha icona de gdrive en vez de unha icona xenérica de nube (fallo 372111)
  • corrixir o fallo «list-remove-symbolic usa a imaxe incorrecta» (fallo 372119)
  • outros engadidos e melloras

Módulos adicionais de CMake

  • Saltar a proba de API de Python se PyQt non está instalado
  • Só engadir a proba se se atopa Python
  • Reducir a versión mínima necesaria de CMake
  • Engadir o módulo ecm_win_resolve_symlinks

Integración de infraestruturas

  • atopar QDBus, requirido polo xestor de KPackage de AppStream
  • Permitir a KPackage depender de packagekit e appstream

KActivitiesStats

  • Enviar correctamente o evento ligado con recursos

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Adaptar ao cambio de quickgit a cgit
  • Corrixir un fallo se o nome do grupo non está definido. Aínda pode romper se se dan malas condicións.

KArchive

  • Engadir o método errorString() para fornecer información de erro

KAuth

  • Engadir a propiedade «timeout» (fallo 363200)

KConfig

  • kconfig_compiler - xerar código con sobreposicións
  • Analizar correctamente palabras clave de funcións (fallo 371562)

KConfigWidgets

  • Asegurarse de que as accións de menú obteñen o MenuRole correspondente

KCoreAddons

  • KTextToHtml: corrixir o fallo «[1] engádese ao final das ligazóns» (fallo 343275)
  • KUser: só buscar un avatar se loginName non está baleiro

KCrash

  • Aliñarse con KInit e non usar DISPLAY en Mac
  • Non pechar todos os descritores de ficheiro en OS X

KDesignerPlugin

  • src/kgendesignerplugin.cpp - engadir sobreposicións ao código xerado

KDESU

  • Retira a definición de XDG_RUNTIME_DIR en procesos executados con kdesu

KFileMetaData

  • Atopar de verdade o libpostproc de FFMpeg

KHTML

  • java: aplicar os nomes aos botóns correctos
  • java: definir nomes no diálogo de permisos

KI18n

  • Comprobar correctamente a desigualdade de punteiros desde dngettext (fallo 372681)

KIconThemes

  • Permitir mostrar iconas de todas as categorías (fallo 216653)

KInit

  • Definir as variábeis de contorno desde KLaunchRequest ao iniciar un novo proceso

KIO

  • Migrouse a rexistros con categoría
  • Corrixir a compilación co SDK de Windows XP
  • Permitir sumas de comprobación en maiúsculas que coincidan co separador de sumas de comprobación (fallo 372518)
  • Non estirar nunca a última columna (=data) no diálogo de ficheiro (fallo 312747)
  • Importar e actualizar os docbook de KControl sobre o código de KIO da rama mestra de kde-runtime
  • [OS X] facer que o lixo de KDE use o de OS X
  • SlaveBase: engadir documentación sobre os bucles de eventos, as notificacións e os módulos de kded

KNewStuff

  • Engadir unha nova opción de xestión de arquivos (subdirectorio) a knsrc
  • Consumir os novos sinais de erro (definir erros de traballo)
  • Xestionar unha estrañeza sobre ficheiros que desaparecían xusto despois de crearse
  • Instalar de verdade as cabeceiras principais, con MaiúsculasIniciais

KNotification

  • [KStatusNotifierItem] Gardar ou restaurar a posición do trebello durante a xanela de agochar ou restaurar (fallo 356523)
  • [KNotification] Permitir anotar notificacións con URL

Infraestrutura KPackage

  • seguir instalando metadata.desktop (fallo 372594)
  • cargar os metadatos manuales se se pasa unha ruta absoluta
  • Corrixir un fallo potencial se un paquete non é compatíbel con appstream
  • Informar a KPackage de X-Plasma-RootPath
  • Corrixir a xeración do ficheiro metadata.json

KPty

  • Máis busca de ruta de utempter (incluíndo /usr/lib/utempter/)
  • Engadir a ruta da biblioteca de xeito que se atope o binario de utempter en Ubuntu 16.10

KTextEditor

  • Evitar avisos de Qt sobre o modo de portapapeis non permitido en Mac
  • Usar as definicións de sintaxe de KF5::SyntaxHighlighting

KTextWidgets

  • Non substituír as iconas de xanela co resultado dunha busca fallada

KWayland

  • [cliente] Corrixir unha resolución de punteiro nulo en ConfinedPointer e LockedPointer
  • [client] Instalar pointerconstraints.h
  • [servidor] Corrixir unha regresión en SeatInterface::end e cancelPointerPinchGesture
  • Compatibilidade co protocolo PointerConstraints
  • [servidor] Reducir os recursos que pointersForSurface necesita
  • Devolver SurfaceInterface::size no espazo do compositor global
  • [tools/generator] Xerar a enumeración FooInterfaceVersion do lado do servidor
  • [tools/generator] Cubrir os argumentos das solicitudes de wl_fixed con wl_fixed_from_double
  • [tools/generator] Xerar código de solicitudes do lado do cliente
  • [tools/generator] Xerar fábricas de recursos do lado do cliente
  • [tools/generator] Xerar retrochamadas e un oínte no lado do cliente
  • [tools/generator] Pasar isto como punteiro q a Client::Resource::Private
  • [tools/generator] Xerar Private::setup(wl_foo *arg) do lado do cliente
  • Compatibilidade co protocolo PointerGestures

KWidgetsAddons

  • Evitar quebras en Mac
  • Non substituír iconas co resultado dunha busca fallada
  • KMessageWidget: corrixir a disposición cando se activa wordWrap sen accións
  • KCollapsibleGroupBox: non agochar os trebellos, sobrepoñer a política de foco

KWindowSystem

  • [KWindowInfo] Engadir pid() e desktopFileName()

Iconas de Oxygen

  • Engadir unha icona de application-vnd.rar (fallo 372461)

Infraestrutura de Plasma

  • Comprobar a validez dos metadatos en settingsFileChanged (fallo 372651)
  • Non xirar a disposición da barra de lapelas en vertical
  • Retirar radialGradient4857 (fallo 372383)
  • [AppletInterface] Non sacar nunca o foco de fullRepresentation (fallo 372476)
  • Corrixir o prefixo do identificador dunha icona SVG (fallo 369622)

Solid

  • winutils_p.h: Restaurar a compatibilidade co SDK de Windows XP

Sonnet

  • Buscar tamén hunspell-1.5

Realce da sintaxe

  • Normalizar os valores dos atributos de licenza de XML
  • Sincronizar as definicións de sintaxe de ktexteditor
  • Corrixir a fusión da rexión de pregado

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.29.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.29.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.29.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.29.0 das infraestruturas require Qt 5.5.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais