KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.28.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

15 de novembro de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.28.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Nova infraestrutura: syntax-highlighting

Motor de salientado de sintaxe para definicións de sintaxe de Kate Esta é unha codificación independente do motor de realce de sintaxe de Kate. Está pensado como bloque de construción para editores de texto e para renderización simple de texto realzado (p. ex. HTML), permitindo tanto integración cun editor personalizado como unha subclase de QSyntaxHighlighter lista pasa usar.

Iconas de Breeze

  • actualizar as iconas de accións de KStars (fallo 364981)
  • Breeze Escuro lístase como Breeze na configuración do sistema, ficheiro .themes incorrecto (fallo 370213)

Módulos adicionais de CMake

  • Facer que KDECMakeSettings funcione con KDE_INSTALL_DIRS_NO_DEPRECATED
  • Non requirir as dependencias da API de Python para ECM
  • Engadir o módulo PythonModuleGeneration

KActivitiesStats

  • Ignorar o estado de ligazón ao ordenar os modelos UsedResources e LinkedResources

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • [CSS] reverter os cambios feitos por doxygen 1.8.12
  • Engadir un ficheiro de doxygenlayout
  • Actualizar a forma de definir nomes de grupos

KAuth

  • Asegurarse de que se pode facer máis dunha solicitude
  • Asegurarse de que nos informamos do progreso lendo a saída do programa

KConfig

  • Asegurarse de que non rompemos a compilación con unidades rotas pasadas
  • Continuar aínda que non se analice correctamente o campo File (ficheiro)

KCoreAddons

  • Mostrar un URL incorrecto
  • Cargar os avatares de usuario de AccountsServicePath se existe (fallo 370362)

KDeclarative

  • [QtQuickRendererSettings] Corrixir o predeterminado para estar baleiro en vez de ser «false»

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Facer que a bandeira de Francia use o mapa de píxeles completo

KDocTools

  • Corrixir «checkXML5 xera ficheiros HTML no directorio de traballo para docbooks válidos» (fallo 371987)

KIconThemes

  • Permitir factores de cambio de dimensións non enteiros en kiconengine (fallo 366451)

KIdleTime

  • Desactivouse cubrir toda a saída de consola de mensaxes de «agardando»

KImageFormats

  • imageformats/kra.h - sobreposicións para overrides capabilities() e create() de KraPlugin

KIO

  • Corrixir o formato de data de HTTP que envía kio_http para que sempre use a configuración rexional C (fallo 372005)
  • KACL: corrixir fugas de memoria detectadas por ASAN
  • Corrixir fugas de memoria en KIO::Scheduler, detectado por ASAN
  • Retirar un botón duplicado de baleirar (fallo 369377)
  • Corrixir a edición das entradas de inicio automático cando /usr/local/share/applications non existe (fallo 371194)
  • [KOpenWithDialog] Agochar a cabeceira de TreeView
  • Desinfectar o tamaño de búfer do nome da ligazón simbólica (fallo 369275)
  • Rematar de maneira axeitada os DropJob cando non se emite triggered (fallo 363936)
  • ClipboardUpdater: corrixir outra quebra en Wayland (fallo 359883)
  • ClipboardUpdater: corrixir unha quebra en Wayland (fallo 370520)
  • Permitir factores de cambio de dimensións non enteiros en KFileDelegate (fallo 366451)
  • kntlm: Distinguir entre NULL e dominio baleiro
  • Non mostrar o diálogo de sobrescribir se o nome de ficheiro está baleiro
  • kioexec: usar nomes de ficheiro intuitivos
  • Corrixir quen ten o foco cando se cambia o URL antes de mostrar o trebello
  • Gran mellora de rendemento ao desactivar as vistas previas no diálogo de ficheiros (fallo 346403)

KItemModels

  • Engadir API para Python

KJS

  • Exportar FunctionObjectImp para que o depurador de khtml poida usalo

KNewStuff

  • Ordenar por separado roles e filtros
  • Permitir consultar as entradas instaladas

KNotification

  • Non resolver un obxecto ao que non fixemos referencia cando a notificación non ten acción
  • KNotification deixará de quebrar ao usalo nun QGuiApplication se non hai ningún servizo de notificacións en funcionamento (fallo 370667)
  • Corrixir quebras en NotifyByAudio

Infraestrutura KPackage

  • Asegurarse de que buscamos metadatos tanto de JSON como de escritorio
  • Impedir que Q_GLOBAL_STATIC se destrúa ao apagarse a aplicación
  • Corrixir un punteiro solto en KPackageJob (fallo 369935)
  • Retirar o descubrimento asociado a unha clave ao retirar unha definición
  • Xerar a icona no ficheiro de AppStream

KPty

  • Usar ulog-helper en FreeBSD en vez de utempter
  • buscar utempter mellor usando tamén un prefixo básico de CMake
  • apañar os fallos de find_program(utempter…)
  • usar a tira de ECM para atopar o binario utempter, máis fiábel que un simple prefixo de CMake

KRunner

  • i18n: xestionar cadeas en ficheiros kdevtemplate

KTextEditor

  • Breeze Escuro: escurecer a cor de fondo da liña actual para mellorar a lexibilidade (fallo 371042)
  • Ordenáronse as instrucións do Dockerfile
  • Breeze (Escuro): Facer os comentarios máis claros para que sexan máis fáciles de ler (fallo 371042)
  • Corrixir os sangradores de CStyle e C++ ou boost cando se activan os corchetes automáticos (fallo 370715)
  • Engadir parénteses automáticos no modo de liña
  • Corrixir a inserción de texto tras o final do ficheiro (caso estraño)
  • Corrixir ficheiros XML de salientado incorrectos
  • Maxima: Retirar cores definidas a man, corrixir a etiqueta de itemData
  • Engadir definicións de sintaxe de OBJ, PLY e STL
  • Engadir salientado de sintaxe para Praat

KUnitConversion

  • Novas unidades termais e eléctricas e función de comodidade de unidades

Infraestrutura de KWallet

  • Se non se atopa Gpgmepp, intentar usar KF5Gpgmepp
  • Usar Gpgmepp de GpgME-1.7.0

KWayland

  • Mellorouse a posibilidade de cambio de lugar de exportación de CMake
  • [tools] Corrixir a xeración de wayland_pointer_p.h
  • [ferramentas] Xerar métodos eventQueue só para clases globais
  • [servidor] Corrixir unha quebra ao actualizar unha superficie de teclado co foco
  • [servidor] Corrixir unha quebra posíbel na creación de DataDevice
  • [servidor] Asegurarse de que temos un DataSource no DataDevice de setSelection
  • [tools/generator] Mellorar a destrución de recursos no lado do servidor
  • Engadir unha solicitude para ter o foco nunha PlasmaShellSurface de panel de rol
  • Engadir a posibilidade de paneis que se agochan automaticamente á interface PlasmaShellSurface
  • Permitir pasar un QIcon xenérico a través da interface PlasmaWindow
  • [servidor] Crear a propiedade xenérica «window» en QtSurfaceExtension
  • [cliente] Engadir métodos para obter ShellSurface dunha QWindow
  • [servidor] Enviar os eventos de punteiro aos recursos de wl_pointer dun cliente
  • [servidor] Non chamar a wl_data_source_send_send se DataSource non está asociado
  • [servidor] Usar deleteLater cando se destrúe unha ClientConnection (fallo 370232)
  • Engadir compatibilidade co protocolo de punteiro relativo
  • [servidor] Cancelar a selección anterior desde SeatInterface::setSelection
  • [servidor] Enviar eventos de tecla a todos os recursos de wl_keyboard dun cliente

KWidgetsAddons

  • mover kcharselect-generate-datafile.py ao subdirectorio src
  • Importar o script kcharselect-generate-datafile.py script con historial
  • Retirar unha sección sen actualizar
  • Engadir unha nota de dereitos de autor e permisos sobre Unicode
  • Corrixir un aviso: Falta unha sobreposta
  • Engadir bloques SMP de símbolos
  • Corrixir as referencias de «Ver tamén»
  • Engadir bloques de Unicode que faltaban; mellorar o ordenamento (fallo 298010)
  • engadir as categorías dos caracteres ao ficheiro de datos
  • actualizar as categorías de Unicode no script de xeración do ficheiro de datos
  • axustar o ficheiro de xeración de ficheiro de datos para poder analizar os ficheiros de datos de Unicode 5.2.0
  • migrar cara adiante unha corrección da xeración das traducións
  • deixar que o script para xerar o ficheiro de datos para KCharSelect tamén escriba modelos de tradución
  • Engadir o script para xerar o ficheiro de datos para KCharSelect
  • nova aplicación KCharSelect (agora usa o trebello using kcharselect de kdelibs)

KWindowSystem

  • Mellorouse a posibilidade de cambio de lugar de exportación de CMake
  • Engadir compatibilidade con desktopFileName a NETWinInfo

KXMLGUI

  • Permitir usar o novo estilo de connect en KActionCollection::addAction

ModemManagerQt

  • Corrixir o directorio de inclusión no ficheiro pri

NetworkManagerQt

  • Corrixir o directorio de inclusión no ficheiro pri
  • Corrixir un erro de moc por mor de usar Q_ENUMS nun espazo de nomes, coa rama 5.8 de Qt

Infraestrutura de Plasma

  • asegurarse de que OSD non ten marca de Dialog (fallo 370433)
  • definir as propiedades de contexto antes de cargar de novo o qml (fallo 371763)
  • Non analizar de novo o ficheiro de metadatos se xa se cargou
  • Corrixir unha quebra en qmlplugindump cando non hai ningún QApplication dispoñíbel
  • Non mostrar o menú de «Alternativas» de maneira predeterminada
  • Novo booleano para usar o sinal activado como conmutador do expandido (fallo 367685)
  • Correccións para construír plasma-framework con Qt 5.5
  • [PluginLoader] Usar o operador << para finalArgs en vez de unha lista de inicialización
  • usar KWayland para sombras e para a colocación de diálogos
  • Iconas restantes e melloras de rede
  • Ascender availableScreenRect e Region a AppletInterface
  • Non cargar as accións de contedor para contedores incrustados (área de notificacións)
  • Actualizar a visibilidade da entrada de menú de alternativas de miniaplicativo baixo demanda

Solid

  • Corrixir unha vez máis a orde inestábel dos resultados da consulta
  • Engadir unha opción de CMake para cambiar entre os xestores HAL e UDisks en FreeBSD
  • Facer que a infraestrutura de UDisks2 compile en FreeBSD (e, posiblemente, noutros UNIX)
  • Windows: non mostrar os diálogos de erro (fallo 371012)

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.28.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.28.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.28.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.28.0 das infraestruturas require Qt 5.5.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais