KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.27.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

8 de outubro de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.27.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

New mimetypes icons.

Baloo

  • Usar a entrada correcta de configuración na condición de inicio automático
  • Corrixir a inserción ordenada (tamén chamada inserción estilo flat_map) (fallo 367991)
  • Engadir un «env» de peche que faltaba, como indicou Loïc Yhuel (fallo 353783)
  • Cando non se cree unha transacción non intentar interrompelas
  • corrixir unha asignación m_env = nullptr que faltaba
  • Facer compatíbeis con fíos cousas como Baloo::Query
  • En sistemas de 64 bits agora Baloo permite un almacenamento de índice de máis de 5 GB (fallo 364475)
  • Permitir ctime/mtime == 0 (fallo 355238)
  • Xestionar a corrupción da base de datos de índice de baloo_file, intentar crear de novo a base de datos ou interromper se iso falla

BluezQt

  • Corrixir a quebra ao intentar engadir un dispositivo a un adaptador descoñecido (fallo 364416)

Iconas de Breeze

  • Novas iconas de tipos MIME
  • Actualizar algunhas iconas de KStars (fallo 364981)
  • actions/24/format-border-set de estilo incorrecto (fallo 368980)
  • Engadir a icona de aplicación en wayland
  • Engadir unha icona de aplicación para xorg (fallo 368813)
  • Reverter distribute-randomize e view-calendar e aplicar de novo a corrección de transformación (fallo 367082)
  • Cambiar folder-documents de un ficheiro a varios porque nun cartafol inclúese máis dun ficheiro (fallo 368224)

Módulos adicionais de CMake

  • Asegurarse de que non engadimos a proba de AppStream dúas veces

KActivities

  • Ordenar as actividades alfabeticamente por nome na caché (fallo 362774)

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Moitos cambios na disposición xeral da documentación xerada da API
  • Ruta de etiquetas correcta dependendo de se a biblioteca forma parte dun grupo ou non
  • Busca: corrixir o href de bibliotecas que non forman parte dun grupo

KArchive

  • Corrixir unha fuga de memoria co KCompressionDevice de KTar
  • KArchive: corrixir unha fuga de memoria cando xa existe unha entrada co mesmo nome
  • Corrixir unha fuga de memoria en KZip ao xestionar directorios baleiros
  • K7Zip: Corrixir fugas de memoria cando se producen erros
  • Corrixir unha fuga de memoria detectada por ASAN cando open() falla no dispositivo correspondente
  • Retirar unha reinterpretación como KFilterDev, detectada por ASAN

KCodecs

  • Engadir macros de exportación que faltaban nas clases Decoder e Encoder

KConfig

  • Corrixir unha fuga de memoria en SignalsTestNoSingletonDpointer, atopada por ASAN

KCoreAddons

  • Rexistrar QPair<QString,QString> como metatipo en KJobTrackerInterface
  • Non converter como URL un URL que ten comiñas duplas
  • Corrección de compilación de Windows
  • Corrixir un fallo moi vello ao retirar espazo dun URL como «foo <<url> <url>>»

KCrash

  • Opción KCRASH_CORE_PATTERN_RAISE de CMake para pasar ao núcleo
  • Cambiar o nivel de rexistro predeterminado de aviso a información

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Limpeza. Non instalar inclusións que apuntan a inclusións inexistentes e ademais retirar eses ficheiros
  • Usar std::remove_pointer, que é máis correcto e está dispoñíbel con c++11

KDocTools

  • Corrixir «checkXML5 imprime o HTML xerado á saída estándar para docbooks válidos» (fallo 369415)
  • Corrixir o fallo de non poder executar as ferramentas nativas do paquete ao usar un kdostools froito de compilación cruzada
  • Configurar os destinos de compilación cruzada executando kdoctools desde outros paquetes
  • Engadir a posibilidade de compilación cruzada de docbookl10nhelper
  • Engadir a posibilidade de compilación cruzada de meinproc5
  • Converter checkxml5 nun executábel del Qt por compatibilidade con varias plataformas

KFileMetaData

  • Mellorar o extractor de epub, menos fallos de segmento (fallo 361727)
  • Facer que o indexador de ODF sexa máis resistente a erros, comprobar se os ficheiros existen (e son ficheiros) (meta.xml + content.xml)

KIO

  • Corrixir que os escravos de KIO só usasen tls1.0
  • Corrixir unha rotura da ABI en KIO
  • KFileItemActions: engadir addPluginActionsTo(QMenu *)
  • Mostrar os botóns de copia só tras calcular a suma de comprobación
  • Engadir información que faltaba ao calcular unha suma de comprobación (fallo 368520)
  • Corrixir que KFileItem::overlays envíe valores de cadea baleira
  • Corrixir o inicio de ficheiros .desktop de terminal con Konsole
  • Clasificar as montaxes de nfs4 como probablySlow (probabelmente lenta), como nfs, cifs, etc.
  • KNewFileMenu: mostrar o atallo da acción de «Novo cartafol» (fallo 366075)

KItemViews

  • No modo de vista de lista, usar a lóxica predeterminada de moveCursor

KNewStuff

  • Engadir comprobacións de KAuthorized para permitir desactivar ghns en kdeglobals (fallo 368240)

Infraestrutura de paquetes

  • Non xerar ficheiros de AppStream para compoñentes que non están en rdn
  • Facer que kpackage_install_package funcione con KDE_INSTALL_DIRS_NO_DEPRECATED
  • Retirar a variábel non usada KPACKAGE_DATA_INSTALL_DIR

KParts

  • Corrixir que se asuma que os URL que rematan en barra inclinada son directorios

KPeople

  • Corrixir a construción de ASAN (duplicates.cpp usa KPeople::AbstractContact que está en KF5PeopleBackend)

KPty

  • Usar a tira de ECM para atopar o binario utempter, máis fiábel que un simple prefixo de CMake
  • Chamar o executábel de asistente de utempter manualmente (fallo 364779)

KTextEditor

  • Ficheiros XML: Retirar os valores de cor definidos a man
  • XML: Retirar os valores de cor definidos a man
  • Definición de esquema de XML: Converter «version» nun xs:integer
  • Ficheiros de definición de realce: redondear a versión cara arriba, ao seguinte enteiro
  • só permitir capturas de múltiples caracteres en {xxx} para evitar regresións
  • Permitir substitucións de expresións regulares con capturas → \9, p. ex. I (fallo 365124)
  • Corrixir a renderización de caracteres que acadan a seguinte liña, por exemplo os subliñados xa non se cortan con algunhas fontes e tamaños de letra (fallo 335079)
  • Corrixir unha quebra: asegurarse de que o cursor da pantalla é válido tras pregar texto (fallo 367466)
  • KateNormalInputMode necesita executar de novo os métodos de entrada de SearchBar
  • intentar «aquelar» a renderización de subliñado e cousas parecidas (fallo 335079)
  • Só mostrar o botón «Ver a diferenza» se «diff» está instalado
  • Usar un trebello de mensaxe non modal para notificacións de ficheiros modificados externamente (fallo 353712)
  • corrixir unha regresión: testNormal só funcionou por executar a proba dunha vez
  • dividir a proba de sangrado en execucións separadas
  • Permitir de novo a acción «Despregar os nodos raíz» (fallo 335590)
  • Corrixir a quebra ao mostrar mensaxes superiores ou inferiores varias veces
  • corrixir a opción de fin de liña nas liñas de modo (fallo 365705)
  • realzar ficheiros .nix como Bash, supoño que mal non fai (fallo 365006)

Infraestrutura de KWallet

  • Comprobar se KWallet está activado en Wallet::isOpen(name) (fallo 358260)
  • Engadir unha cabeceira de Boost que faltaba
  • Retirar a busca duplicada de KF5DocTools

KWayland

  • [servidor] Non enviar cando se deixe de premer a tecla no caso de teclas non premidas ou non hai presión dupla de teclas (fallo 366625)
  • [servidor] Ao substituír a selección do portapapeis hai que cancelar a fonte de datos anterior (fallo 368391)
  • Engadir compatibilidade con eventos de entrar e saír de Surface
  • [cliente] Facer un seguimento de todas as Output creadas e engadir o método estático get

KXmlRpcClient

  • Converter as categorías en org.kde.pim.*

NetworkManagerQt

  • Necesitamos definir o estado durante a inicialización
  • Substituír todas as chamadas bloqueantes de inicialización cunha única chamada bloqueante
  • Usar a interface estándar o.f.DBus.Properties para o sinal PropertiesChanged de NM ≥ 1.4.0 (fallo 367938)

Iconas de Oxygen

  • Retirar un directorio incorrecto de index.theme
  • Introducir a proba de duplicados de breeze-icons
  • Converter todas as iconas duplicadas en ligazóns simbólicas

Infraestrutura de Plasma

  • Mellorar a saída do cronómetro
  • [ToolButtonStyle] Corrixir a frecha do menú
  • i18n: xestionar cadeas en ficheiros kdevtemplate
  • i18n: revisar cadeas en ficheiros kdevtemplate
  • Engadir removeMenuItem a PlasmaComponents.ContextMenu
  • actualizar a icona de KTorrent (fallo 369302)
  • [WindowThumbnail] Descartar mapas de píxeles en eventos de mapa
  • Non incluír kdeglobals ante unha configuración de caché
  • Corrixir Plasma::knownLanguages
  • cambiar o tamaño da vista tras definir o contedor
  • Evitar crear un KPluginInfo dunha instancia de KPluginMetaData
  • as tarefas en execución deben ter algunha indicación
  • as liñas de barra de tarefas segundo marco en RR 128802 déixano listo para publicar
  • [AppletQuickItem] Saír do buque tras atopar unha disposición

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.27.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.27.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.27.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.27.0 das infraestruturas require Qt 5.5.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais