KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.25.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

13 de agosto de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.25.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Xeral

  • Agora requírese Qt ≥ 5.5

Attica

  • Seguir redireccións de HTTP

Iconas de Breeze

  • actualizar as iconas de 16 px de correo para recoñecer mellor as iconas
  • actualizar as iconas de estado de micrófono e son para ter a mesma disposición e tamaño
  • Nova icona de aplicación da configuración do sistema
  • engadir iconas de GNOME de estado simbólico
  • engadir compatibilidade coas iconas simbólicas de GNOME 3
  • Engadíronse iconas para Diaspora e Vector, consulte phabricator.kde.org/M59
  • Novas iconas para Dolphin e Gwenview
  • as iconas meteorolóxicas son iconas de estado, non de aplicación
  • engadir algunhas ligazóns a xliff grazas a gnastyle
  • engadir unha icona para Kig
  • engadir iconas de tipos MIME, unha icona de KRDC e outras iconas de aplicación de gnastyle
  • engadir unha icona de tipo MIME de certificado (fallo 365094)
  • actualizar as iconas de Gimp grazas a gnastyle (fallo 354370)
  • a icona de acción de globo xa non é un ficheiro ligado, úsese en Digikam
  • actualizar as iconas de Labplot segundo a mensaxe de correo de 13.07. de Alexander Semke
  • engadir iconas de aplicación de gnastyle
  • engadir unha icona para KRuler de Yuri Fabirovsky
  • corrixir ficheiros SVG rotos, grazas fuchs (fallo 365035)

Módulos adicionais de CMake

  • Corrixir unha inclusión cando falta Qt 5
  • Engadir un método de reserva para query_qmake() cando non haxa instalación de Qt 5
  • Asegurarse de que ECMGeneratePriFile.cmake se comporta como o resto dos ECM
  • Cambiou o lugar preferido dos datos de Appstream

KActivities

  • [KActivities-CLI] ordes para iniciar ou deter unha actividade
  • [KActivities-CLI] Definir e obter o nome, icona e descrición de actividade
  • Engadir unha aplicación de interface da liña de ordes para controlar actividades
  • Engadir scripts para cambiar a actividades anteriores ou seguintes
  • O método para inserir en QFlatSet agora devolve o índice xunto co iterador (fallo 365610)
  • Engadir funcións de ZSH para deter e eliminar actividades distintas da actual
  • Engadiuse a propiedade isCurrent a KActivities::Info
  • Usar iteradores constantes ao buscar unha actividade

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Moitas melloras no formato de saída
  • Agora Mainpage.dox ten maior prioridade que README.md

KArchive

  • Xestionar varios fluxos de gzip (fallo 232843)
  • Asumir que un directorio é un directorio aínda que o bit de permisos estea mal definido (fallo 364071)

KBookmarks

  • KBookmarkGroup::moveBookmark: corrixir o valor que se devolve cando o elemento xa está na posición correcta

KConfig

  • Engadir un atallo estándar a DeleteFile e RenameFile

KConfigWidgets

  • Engadíronse as accións estándar DeleteFile e RenameFile
  • Agora a páxina de configuración ten barras de desprazamento cando se necesitan (fallo 362234)

KCoreAddons

  • Instalar licenzas coñecidas e atopalas en tempo de execución (corrección dunha regresión) (fallo 353939)

KDeclarative

  • Emitir valueChanged de verdade

KFileMetaData

  • Comprobar se xattr existe durante o paso de configuración, senón a construción podería fallar (se falta xattr.h)

KGlobalAccel

  • Usar o D-Bus de KLauncher en vez de KRun (fallo 366415)
  • Iniciar as accións da lista de salto mediante KGlobalAccel
  • KGlobalAccel: Corrixir un bloqueo indefinido en Windows ao saír

KHTML

  • Permitir porcentaxe como unidade do raio dos bordos
  • Retirouse a versión prefixada das propiedades de fondo e de raio de bordo
  • Correccións na función de construtor de atallo de 4 valores
  • Só crear obxectos de cadea se se van usar

KIconThemes

  • Mellorar de maneira considerábel o rendemento de makeCacheKey, xa que é unha ruta de código crítica na consulta de iconas
  • KIconLoader: reducir o número de buscas ao recorrer á reserva
  • KIconLoader: mellora masiva de velocidade na carga de iconas non dispoñíbeis
  • Non baleirar a liña de busca ao cambiar de categoría
  • KIconEngine: corrixir que QIcon::hasThemeIcon sempre devolvese verdadeiro (fallo 365130)

KInit

  • Adaptar KInit a Mac OS X

KIO

  • Corrixir KIO::linkAs() para que funcione como se describe, é dicir, fallar se o destino xa existe
  • Corrixir KIO::put("file:///ruta") para respectar os permisos de novos ficheiros (fallo 359581)
  • Corrixir KIO::pasteActionText para elementos de destino nulos e para URL baleiros
  • Engadir a posibilidade de desfacer a creación de ligazóns
  • Opción de interface gráfica para configurar o MarkPartial global para escravos de KIO
  • Corrixir MaxCacheSize limitado a 99 KiB
  • Engadir botóns de portapapeis ao separador das sumas de comprobación
  • KNewFileMenu: corrixir copiar un ficheiro de modelo dun recurso incrustado (fallo 359581)
  • KNewFileMenu: Corrixir a creación dunha ligazóns á aplicación (fallo 363673)
  • KNewFileMenu: Corrixir unha suxestión dun novo nome de ficheiro cando o ficheiro xa existe no escritorio
  • KNewFileMenu: asegurarse de que se emite fileCreated() tamén para ficheiros de escritorio de aplicación
  • KNewFileMenu: corrixir a creación de ligazóns simbólicas cun destino relativo
  • KPropertiesDialog: simplificar o uso de caixa de botón, corrixir o comportamento ante Esc
  • KProtocolInfo: encher de novo a caché para atopar protocolos instalador recentemente
  • KIO::CopyJob: migrar a qCDebug (cunha zona de seu, dado que pode ser moi detallado)
  • KPropertiesDialog: engadir un separador de sumas de comprobación
  • Limpar o URL da ruta antes de inicializar KUrlNavigator

KItemModels

  • KRearrangeColumnsProxyModel: corrixir a aserción de index(0, 0) nun modelo baleiro
  • Corrixir que KDescendantsProxyModel::setSourceModel() non baleirase as cachés internas
  • KRecursiveFilterProxyModel: corrixir a corrupción de QSFPM por excluír o sinal rowsRemoved (fallo 349789)
  • KExtraColumnsProxyModel: codificar hasChildren()

KNotification

  • Non definir o pai da disposición subordinada manualmente, silencia un aviso

Infraestrutura de paquetes

  • Inferir o ParentApp do complemento PackageStructure
  • Permitir que kpackagetool5 xere información de AppStream para compoñentes de kpackage
  • Permitir cargar o ficheiro metadata.json desde kpackagetool5

Kross

  • Retirar dependencias innecesarias de KF5

KService

  • applications.menu: retirar referencias a categorías sen usar
  • Actualizar sempre o analizador de Trader de fontes de yacc e lex

KTextEditor

  • Non preguntar dúas veces se sobrescribir un ficheiro con diálogos nativos
  • engadiuse a sintaxe FASTQ

KWayland

  • [cliente] Usar un QPointer para o enteredSurface de Pointer
  • Expoñer Geometry en PlasmaWindowModel
  • Engadir o evento geometry a PlasmaWindow
  • [src/server] Verificar que a superficie ten o recurso antes de enviar a entrada do punteiro
  • Engadir compatibilidade con xdg-shell
  • [servidor] Enviar correctamente un baleirado de selección antes de entrar o foco do teclado
  • [servidor] Xestionar mellor a situación de falta de XDG_RUNTIME_DIR

KWidgetsAddons

  • [KCharSelect] Corrixir a quebra ao buscar sen un ficheiro de datos presente (fallo 300521)
  • [KCharSelect] Xestionar caracteres fóra de BMP (fallo 142625)
  • [KCharSelect] Actualizar kcharselect-data a Unicode 9.0.0 (fallo 336360)
  • KCollapsibleGroupBox: deter a animación no destrutor se continúa
  • Actualizar a paleta de Breeze (sincronizar desde KColorScheme)

KWindowSystem

  • [xcb] Asegurarse de que se emita o sinal compositingChanged se NETEventFilter se crea de novo (fallo 362531)
  • Engadir unha API de comodidade para consultar o sistema de xanelas ou a plataforma que Qt usa

KXMLGUI

  • Corrixir o consello de tamaño mínimo (texto recortado) (fallo 312667)
  • [KToggleToolBarAction] Respectar a restrición action/options_show_toolbar

NetworkManagerQt

  • Usar WPA2-PSK e WPA2-EAP de maneira predeterminada ao obter o tipo de seguranza da configuración da conexión

Iconas de Oxygen

  • engadir application-menu a Oxygen (fallo 365629)

Infraestrutura de Plasma

  • Manter a rañura createApplet compatíbel coa versión 5.24 das infraestruturas
  • Non eliminar a textura de gl dúas veces na miniatura (fallo 365946)
  • Engadir un dominio de tradución ao obxecto wallpaper de QML
  • Non eliminar miniaplicativos manualmente
  • Engadir un kapptemplate para fondo de escritorio de Plasma
  • Modelos: rexistrar os modelos na propia categoría raíz «Plasma/»
  • Modelos: actualizar as ligazóns ao wiki de TechBase nos README
  • Define que packagestructures de Plasma estenden plasmashell
  • permitir un tamaño ao engadir miniaplicativos
  • Definir os PackageStructure de Plasma como complementos PackageStructure normais de KPackage
  • Corrección: actualizar a QtQuick.Controls o config.qml do exemplo de fondo de escritorio Outono
  • Usar KPackage para instalar paquetes de Plasma
  • Se pasamos un QIcon como argumento a IconItem::Source, usalo
  • Engadir a funcionalidade de capa ao IconItem de Plasma
  • Engadir Qt::Dialog ás marcas predeterminadas para contentar a QXcbWindow::isTransient() (fallo 366278)
  • [Tema Breeze de Plasma] Engadir as iconas network-flightmode-on e network-flightmode-off
  • Emitir contextualActionsAboutToShow antes de mostrar o menú contextualActions do miniaplicativo (fallo 366294)
  • [TextField] Asociar coa lonxitude de TextField en vez da de text
  • [Estilos dos botóns] Centrar horizontalmente no modo de só iconas (fallo 365947)
  • [Containment] Tratar HiddenStatus como un estado baixo
  • Engadir unha icona da área de notificacións para KRuler de Yuri Fabirovsky
  • Corrixir o famoso fallo de «os diálogos aparecen no xestor de tarefas» unha vez máis
  • corrixir a icona de dispoñibilidade de rede sen fíos cun emblema ? (fallo 355490)
  • IconItem: Usar un xeito mellor de desactivar a animación ao ir de invisíbel a visíbel
  • Definir o tipo de xanela de consello en ToolTipDialog a través da API de KWindowSystem

Solid

  • Actualizar sempre o analizador de Predicate de fontes de yacc e lex

Sonnet

  • hunspell: limpar o código de busca de dicionarios, engadir os directorios de XDG (fallo 361409)
  • Intentar corrixir un pouco o uso de detección de idioma do filtro de idioma

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.25.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.25.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.25.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.25.0 das infraestruturas require Qt 5.5.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais