KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.24.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Eesti | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

9 de xullo de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.24.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Cambios xerais

  • Agora a lista de plataformas compatíbeis de cada infraestruturas é máis explícita. Android engadiuse á lista de plataformas compatíbeis das infraestruturas correspondentes.

Baloo

  • DocumentUrlDB::del: só aseverar que os fillos do directorio existen
  • Ignorar consultas incorrectas que teñen un operador binario sen un primeiro argumento

Iconas de Breeze

  • Moitas iconas novas ou melloradas
  • corrixir o fallo 364931 a icona user-idle non era visíbel (fallo 364931)
  • Engadir un programa para converter ficheiros ligados simbolicamente en referencias de qrc

Módulos adicionais de CMake

  • Integrar as rutas de biblioteca relativas en APK
  • Use "/data" for DATAROOTDIR on Windows

KArchive

  • Asegurarse de que extraer un arquivo non instala ficheiros fóra do cartafol de extracción, por motivos de seguranza. No seu lugar, extraer os ficheiros na raíz do cartafol de extracción.

KBookmarks

  • Limpar KBookmarkManagerList antes de saír de qApp para evitar bloqueos indefinidos co fío de D-Bus

KConfig

  • Marcar authorizeKAction() como obsoleto en favor de authorizeAction()
  • Corrixir a reproducibilidade das construcións asegurando a codificación UTF-8

KConfigWidgets

  • KStandardAction::showStatusbar: Retirar a acción desexada

KDeclarative

  • Facer epoxy opcional

KDED

  • [OS X] converter kded5 nun axente, e construílo como unha aplicación normal

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Retirar a clase KDETranslator, xa non hai kdeqt.po
  • Documentar o substituto de use12Clock()

KDesignerPlugin

  • Engadir compatibilidade con KNewPasswordWidget

KDocTools

  • Permitir a KDocTools atopar sempre polo menos as súas propias cousas instaladas
  • Usar CMAKE_INSTALL_DATAROOTDIR en vez de «share» para buscar docbook
  • Actualizar o docbook de páxina de manual de qt5options a Qt 5.4
  • Actualizar o docbook de páxina de manual de kf5options

KEmoticons

  • Mover o tema Glass a kde-look

KGlobalAccel

  • Usar QGuiApplication en vez de QApplication

KHTML

  • Corrixir a aplicación do valor de herdanza para a propiedade de atallo de contorno
  • Xestionar initial e inherit para o radio dos bordos
  • Descartar a propiedade se capturamos unha lonxitude ou porcentaxe incorrecta como background-size
  • cssText debe ter como saída os valores desas propiedades separados por comas
  • Corrixir a análise de background-clip no atallo
  • Facer que background-size analice a abreviatura in
  • Marcar as propiedades como definidas ao repetir padróns
  • Corrixir a herdanza de propiedades de fondo
  • Corrixir a aplicación de Initial e Inherit para a propiedade background-size
  • Despregar o ficheiro de KXMLGUI de KHTML nun ficheiro de recurso de Qt

KI18n

  • Buscar tamén as variantes sen espazos ao redor dos valores da variábel de contorno LANGUAGE nos catálogos
  • Corrixir a análise de valores de variábeis de contorno de modificador de WRT e conxunto de códigos, que se facía na orde incorrecta

KIconThemes

  • Engadir a posibilidade de cargar usando un tema de iconas dun ficheiro RCC automaticamente
  • Documentar o despregue de tema de iconas en MacOS e Windows, véxase https://api.kde.org/frameworks/kiconthemes/html/index.html

KInit

  • Permitir un tempo límite en reset_oom_protection mentres se espera por SIGUSR1

KIO

  • KIO: engadir SlaveBase::openPasswordDialogV2 para unha mellor comprobación de erros, os escravos de KIO deberían pasar a usalo
  • Corrixir que KUrlRequester abrise un diálogo de ficheiro no directorio incorrecto (fallo 364719)
  • Corrixir reinterpretacións inseguras de KDirModelDirNode*
  • Engadir a opción KIO_FORK_SLAVES de CMake para definir o valor predeterminado
  • Filtro de ShortUri: corrixir o filtrado de mailto:usuario@máquina
  • Engadir OpenFileManagerWindowJob para salientar un ficheiro dentro dun cartafol
  • KRun: engadir o método «runApplication»
  • Engadir o fornecedor de busca SoundCloud
  • Corrixir un problema de aliñamento co estilo «macintosh» nativo de OS X

KItemModels

  • Engadir KExtraColumnsProxyModel::removeExtraColumn, StatisticsProxyModel vaino necesitar

KJS

  • kjs/ConfigureChecks.cmake - definir HAVE_SYS_PARAM_H de maneira axeitada

KNewStuff

  • Asegurarse de que se ten un tamaño para ofrecer (fallo 364896)
  • Corrixir «O diálogo de descargas falla cando faltan todas as categorías»

KNotification

  • Corrixir notificación por barra de tarefas

KNotifyConfig

  • KNotifyConfigWidget: engadir o método disableAllSounds() (fallo 157272)

KParts

  • Engadir unha opción para desactivar a xestión de KParts de títulos de xanela
  • Engadir un elemento de menú de doazón no menú de axuda das nosas aplicacións

Kross

  • Corrixir o nome do enumerador de QDialogButtonBox «StandardButtons»
  • Retirar o primeiro intento de cargar a biblioteca porque vamos intentar libraryPaths de todos xeitos
  • Corrixir unha quebra cando un método exposto a Kross devolve un QVariant con datos que non poden cambiar de lugar
  • Non usar reinterpretacións estilo C a void* (fallo 325055)

KRunner

  • [QueryMatch] Engadir iconName

KTextEditor

  • Mostrar a vista previa de texto da barra de desprazamento tras un atraso de 250 ms
  • ocultar a vista previa e outras cousas ao desprazar o contido da vista
  • definir o pai e a vista de ferramenta, creo que é necesario para editar a entrada do cambiador de tarefas en Win10
  • Retirar «KDE-Standard» da caixa de codificación
  • Activar a vista previa de cartafoles de maneira predeterminada
  • Evitar o subliñado descontinuo para a vista previa e evitar corromper a caché de disposición de liñas
  • Activar sempre a opción «Mostrar a vista previa do texto pregado»
  • TextPreview: axustar a altura de grooveRect cando se activa scrollPastEnd
  • Vista previa da barra de desprazamento: usar un rectángulo con suco se a barra de desprazamento non usa a altura completa
  • Engadir KTE::MovingRange::numberOfLines() como se fixo con KTE::Range
  • Vista previa de pregado de código: definir a altura da mensaxe emerxente para que as liñas agochadas encaixen
  • Engadir unha opción para desactivar a vista previa do texto pregado
  • Engadir unha liña de modo «folding-preview» (vista previa de pregado) de tipo booleano
  • Ver ConfigInterface: permitir «folding-preview» de tipo booleano
  • Engadir bool KateViewConfig::foldingPreview() e setFoldingPreview(bool)
  • Funcionalidade: mostrar a vista de previa do texto ao cubrir un bloque de código pregado
  • KateTextPreview: engadir setShowFoldedLines() e showFoldedLines()
  • Engadir as liñas de modo «scrollbar-minimap» (bool) e «scrollbar-preview» (bool)
  • Activar a barra de desprazamento minimapa de maneira predeterminada
  • Nova funcionalidade: mostrar a vista previa do texto ao cubrir a barra de desprazamento
  • KateUndoGroup::editEnd(): pasar KTE::Range mediante referencia constante
  • Corrixir a xestión de atallos de modo vim tras os cambios de comportamento de Qt 5.5 (fallo 353332)
  • Autobrace: non inserir o carácter «'» no texto
  • ConfigInterface: engadir a clave de configuración scrollbar-minimap para activar ou desactivar o minimapa de desprazamento
  • Corrixir KTE::View::cursorToCoordinate() cando o trebello de mensaxe superior é visíbel
  • Cambios internos na barra de ordes emuladas
  • Corrixir o debuxado de artefactos ao desprazar mentres as notificacións son visíbeis (fallo 363220)

KWayland

  • Engadir un evento de parent_window á interface Window de Plasma
  • Xestionar correctamente a destrución dun recurso de Pointer, Keyboard ou Touch
  • [servidor] Retirar código morto: KeyboardInterface::Private::sendKeymap
  • [servidor] Engadir a posibilidade de definir manualmente a DataDeviceInterface da selección do portapapeis
  • [servidor] Asegurarse de que Resource::Private::get devolve un nullptr se recibe un nullptr
  • [servidor] Engadir unha comprobación de recursos en QtExtendedSurfaceInterface::close
  • [servidor] Retirar a definición do punteiro de SurfaceInterface nos obxectos aos que se fai referencia ao destruílos
  • [servidor] Corrixir unha mensaxe de erro na interface de QtSurfaceExtension
  • [servidor] Introducir un sinal Resource::unbound que se emita desde o xestor de desasociación
  • [servidor] Non aseverar ao destruír un BufferInterface ao que aínda se fai referencia
  • Engadir unha solicitude de destrutor a org_kde_kwin_shadow e org_kde_kwin_shadow_manager

KWidgetsAddons

  • Corrixir a lectura de datos de Unihan
  • Corrixir o tamaño mínimo de KNewPasswordDialog (fallo 342523)
  • Corrixir un construtor considerado ambiguo por MSVC 2015
  • Corrixir un problema de aliñamento co estilo «macintosh» nativo en OS X (fallo 296810)

KXMLGUI

  • KXMLGui: corrixir os índices de fusión ao retirar clientes de XMLGUI con accións en grupos (fallo 64754)
  • Non avisar sobre «o ficheiro atopouse nun lugar compacto» se nin sequera se atopou
  • Engadir un elemento de menú de doazón no menú de axuda das nosas aplicacións

NetworkManagerQt

  • Non definir unha etiqueta de peap en base á versión de peap
  • Facer as comprobacións de versión do xestor de rede en tempo de execución (para evitar a diferenza entre tempo de compilación e de execución) (fallo 362736)

Infraestrutura de Plasma

  • [Calendario] Voltear os botóns de frecha nos idiomas de dereita a esquerda
  • Plasma::Service::operationDescription() debería devolver un QVariantMap
  • Non incluír contedores incrustados en containmentAt(pos) (fallo 361777)
  • corrixir o tema de cores da icona de reiniciar o sistema (pantalla de acceso) (fallo 364454)
  • desactivar as miniaturas da barra de tarefas con llvmpipe (fallo 363371)
  • gardar contra miniaplicativos incorrectos (fallo 364281)
  • PluginLoader::loadApplet: restaurar a compatibilidade con miniaplicativos instalados incorrectamente
  • cartafol correcto para PLASMA_PLASMOIDS_PLUGINDIR
  • PluginLoader: mellorar a mensaxe de erro sobre a compatibilidade con versións de complementos
  • Corrixir a comprobación para manter QMenu na pantalla en disposicións con varias pantallas
  • Covo tipo de contedor para a área de notificacións

Solid

  • Corrixir a comprobación de que a CPU sexa válida
  • Ler /proc/cpuinfo de procesadores ARM
  • Atopar as CPU por subsistema en vez de por controlador

Sonnet

  • Marcar o executábel do asistente como aplicación sen interface gráfica de usuario
  • Permitir compilar nsspellcheck en mac de maneira predeterminada

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.24.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.24.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.24.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.24.0 das infraestruturas require Qt 5.4.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Solaris, Windows and macOS.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais