KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.23.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Eesti | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

13 de xuño de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.23.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Facer posíbel de verdade determinar os fornecedores a partir do URL recibido
  • Fornecer asistentes de QDebug para algunhas clases de Attica
  • Corrixir a redirección de URL absolutos (fallo 354748)

Baloo

  • Corrixir o uso de espazos no escravo de KIO de etiquetas (fallo 349118)

Iconas de Breeze

  • Engadir unha opción de CMake para construír un recurso binario de Qt a partir do directorio das iconas
  • Moitas iconas novas ou actualizadas
  • actualizar a icona de desconectar da rede para que se diferencie máis da de estar conectado (fallo 353369)
  • actualizar as iconas de montar e desmontar (fallo 358925)
  • engadir algúns avatares de plasma-desktop/kcms/useraccount/pics/sources
  • retirar a icona de Chromium porque a icona predeterminada de Chromium axústase ben (fallo 363595)
  • aclarar as iconas de Konsole (fallo 355697)
  • engadir iconas de correo para Thunderbird (fallo 357334)
  • engadir unha icona de chave pública (fallo 361366)
  • retirar process-working-kde porque deberían usarse as iconas de Konqueror (fallo 360304)
  • actualizar as iconas de Krusader segundo (fallo 359863)
  • cambiar de nome as iconas dos micrófonos segundo D1291 (fallo D1291)
  • engadir algunhas iconas de tipo MIME de script (fallo 363040)
  • engadir funcionalidade de activar e desactivar teclados virtuais e áreas táctiles nas OSD

Integración de infraestruturas

  • Retirar dependencias innecesarias e xestión de traducións

KActivities

  • Engadir a propiedade runningActivities ao Consumer

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Cambios internos significativos da xeración da documentación da API

KCMUtils

  • Usar QQuickWidget para os KCM de QML (fallo 359124)

KConfig

  • Evitar omitir a comprobación de KAuthorized

KConfigWidgets

  • Permitir usar a sintaxe do novo estilo de connect con KStandardAction::create()

KCoreAddons

  • Imprimir o complemento que falle ao notificar un aviso de reinterpretación
  • [kshareddatacache] Corrixir un uso incorrecto de & para evitar lecturas non aliñadas
  • Kdelibs4ConfigMigrator: non analizar de novo se non se migrou nada
  • krandom: engadir un caso de proba para detectar o fallo 362161 (fallo de semente automática)

KCrash

  • Comprobar o tamaño da ruta de sócket de dominio de UNIX antes de copiar nela

KDeclarative

  • Permitir o estado seleccionado
  • Agora a importación de KCMShell pode usarse para consultar se se permite abrir un KCM

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Avisar de que KDateTimeParser::parseDateUnicode non está codificado
  • K4TimeZoneWidget: ruta correcta para as imaxes de bandeiras

KDocTools

  • Engadir entidades usadas habitualmente para teclas a en/user.entities
  • Actualizar o modelo de man-docbook
  • Actualizar o modelo de libro, o modelo de manual e o modelo de engadir arcticle
  • Só chamar a kdoctools_create_handbook para index.docbook (fallo 357428)

KEmoticons

  • Engadir compatibilidade con emojis a KEmoticon e iconas de Emoji One
  • Engadir a posibilidade de tamaños de iconas personalizados

KHTML

  • Corrixir unha fuga de memoria potencial da que informou Coverity e simplificar o código
  • O número de valores separados por comas da propiedade «background-image» determina o número de capas
  • Corrixir a análise de background-position na declaración do atallo
  • Non crear unha fontFace nova se non hai unha fonte válida

KIconThemes

  • Non facer que KIconThemes dependa de Oxygen (fallo 360664)
  • Concepto de estado de seleccionado para as iconas
  • Usar as cores do sistema para iconas monocroma

KInit

  • Corrixir unha condición de carreira na que o ficheiro que contén a cookie de X11 ten permisos incorrectos durante un anaco
  • Corrixir os permisos de /tmp/xauth-xxx-_y

KIO

  • Dar mensaxes de erro máis claras cando se da un URL sen esquema a KRun(URL) (fallo 363337)
  • Engadir KProtocolInfo::archiveMimetypes()
  • usar o modo de iconas seleccionado na barra lateral do diálogo de abrir un ficheiro
  • kshorturifilter: corrixir unha regresión pola que non se engadía mailto: como prefixo cando non había ningún cliente de correo instalado

KJobWidgets

  • Definir a marca «dialog» correcta para o diálogo de trebello de progreso

KNewStuff

  • Non inicializar KNS3::DownloadManager coas categorías incorrectas
  • Estender a API pública de KNS3::Entry

KNotification

  • usar QUrl::fromUserInput para construír un URL de son (fallo 337276)

KNotifyConfig

  • usar QUrl::fromUserInput para construír un URL de son (fallo 337276)

KService

  • Corrixir as aplicacións asociadas con tipos MIME con caracteres en maiúsculas
  • Converter a minúsculas a clave de busca de tipos MIME, para que non se distingan maiúsculas de minúsculas
  • Corrixir as notificacións de ksycoca cando a base de datos xa non existe

KTextEditor

  • Corrixir a codificación predeterminada a UTF-8 (fallo 362604)
  • Corrixir as posibilidades de configuración de cores do estilo predeterminado «Erro»
  • Buscar e substituír: corrixir a substitución de cor de fondo (regresión introducida na versión 5.22) (fallo 363441)
  • O novo esquema de cores «Breeze Escuro», consultar https://kate-editor.org/?post=3745
  • KateUndoManager::setUndoRedoCursorOfLastGroup(): pasar Cursor como referencia constante
  • sql-postgresql.xml mellorar o realce de sintaxe ignorando os corpos de función de varias liñas
  • Engadir salientado de sintaxe para Elixir e Kotlin
  • Realce de sintaxe de VHDL en ktexteditor: engadir compatibilidade con funcións dentro das declaracións da arquitectura
  • vimode: non quebrar cando se fornece un intervalo dunha orde que non existe (fallo 360418)
  • Retirar correctamente os caracteres compostos ao usar configuracións rexionais índicas

KUnitConversion

  • Corrixir a descarga de tipos de cambio de divisa (fallo 345750)

Infraestrutura de KWallet

  • Migración de KWalletd: corrixir a xestión de erros, evita que a migración ocorra en cada arranque.

KWayland

  • [cliente] Non comprobar a versión de recurso de PlasmaWindow
  • Introducir un evento de estado inicial no protocolo de xanela de Plasma
  • [servidor] Causar un erro se unha solicitude transitoria intenta usarse a si mesma como pai
  • [servidor] Xestionar correctamente o caso no que unha PlasmaWindow non está asociada antes de asociarlle un cliente
  • [servidor] Xestionar correctamente o destrutor de SlideInterface
  • Engadir a posibilidade de eventos táctiles no protocolo e a interface de entrada falsa
  • [servidor] Estandarizar a xestión da solicitude de destrutor dos recursos
  • Codificar as interfaces wl_text_input e zwp_text_input_v2
  • [servidor] Evitar unha eliminación dupla dos recursos da retrochamada en SurfaceInterface
  • [servidor] Engadir unha comprobación de punteiro nulo de recurso a ShellSurfaceInterface
  • [servidor] Comparar ClientConnection en vez de wl_client en SeatInterface
  • [servidor] Mellorar a xestión cando os clientes desconectan
  • server/plasmawindowmanagement_interface.cpp - corrixir o aviso de -Wreorder
  • [cliente] Engadir un punteiro de contexto a connects en PlasmaWindowModel
  • Moitas correccións relacionadas coa destrución

KWidgetsAddons

  • Usar o efecto de icona seleccionada para a páxina KPageView actual

KWindowSystem

  • [XCB de plataforma] Respectar o tamaño de icona da solicitude (fallo 362324)

KXMLGUI

  • Facer clic dereito na barra de menú dunha aplicación non volverá deixar saltar

NetworkManagerQt

  • Reverter «retirar a compatibilidade con WiMAX en NM ≥ 1.2.0» porque rompe a ABI

Iconas de Oxygen

  • Sincronizar as iconas meteorolóxicas con Breeze
  • Engadir iconas actualizadas

Infraestrutura de Plasma

  • Engadir compatibilidade de Cantata coa área de notificacións (fallo 363784)
  • Estado seleccionado para Plasma::Svg e IconItem
  • DaysModel: restabelecer m_agendaNeedsUpdate cando o complemento envía novos eventos
  • Actualizar as iconas de son e rede para obter un mellor contraste (fallo 356082)
  • Marcar downloadPath(const QString &ficheiro) como obsoleto en favor de downloadPath()
  • [miniatura de icona] Solicitude do tamaño de icona preferido (fallo 362324)
  • Agora os plasmoides saben se os trebellos están bloqueados polas restricións do usuario ou do sistema
  • [ContainmentInterface] Non intentar mostrar un QMenu baleiro
  • Usar SAX para o substituto de folla de estilos de Plasma::Svg
  • [DialogShadows] Gardar en caché o acceso a QX11Info::display()
  • restaurar as iconas do tema Air de Plasma de KDE4
  • Cargar de novo o esquema de cores seleccionado cando as cores cambien

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.23.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.23.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.23.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.23.0 das infraestruturas require Qt 5.4.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Solaris, Windows and macOS.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais