KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.22.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

15 de maio de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.22.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Comprobar correctamente se un URL corresponde a un ficheiro local

Baloo

  • Correccións de compilación para Windows

Iconas de Breeze

  • Moitas accións e iconas de aplicación novas.
  • Indicar as extensións ofrecidas como por cambio en kiconthemes

Módulos adicionais de CMake

  • Despregue de Android: permitir proxectos sen cousas en share ou lib/qml (fallo 362578)
  • Activa KDE_INSTALL_USE_QT_SYS_PATHS se CMAKE_INSTALL_PREFIX ten o prefixo de Qt 5
  • ecm_qt_declare_logging_category: mellorar a mensaxe de erro ao usar sen incluír

Integración de infraestruturas

  • Retirar o complemento platformtheme, dado que está en plasma-integration

KCoreAddons

  • Permitir desactivar o uso de inotify en KDirWatch
  • Corrixir KAboutData::applicationData() para inicializar desde os metadatos actuais de Q*Application
  • Aclarar que KRandom non se recomenda para usos criptográficos

KDBusAddons

  • KDBusService: converter «-» en «_» nas rutas dos obxectos

KDeclarative

  • Non quebrar cando falta o contexto de openGL

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Fornecer un MAXPATHLEN de reserva se non hai un definido
  • Corrixir KDateTime::isValid() para valores de ClockTime (fallo 336738)

KDocTools

  • Engadíronse aplicacións de entidade

KFileMetaData

  • Fusionar a rama «externalextractors»s
  • Corrixíronse complementos e probas externos
  • Engadir a posibilidade de complementos externos de escritor
  • Engadiuse compatibilidade co complemento de escritor
  • Engadir a posibilidade de complementos de extractor externos

KHTML

  • Engadir toString a Uint8ArrayConstructor e amigos
  • Fusionar varias correccións relacionadas con Coverity
  • Usar QCache::insert correctamente
  • Corrixir algunhas fugas de memoria
  • Facer unha comprobación preliminar da análise de fontes web de CSS, evitar unha potencial fuga de memoria
  • dom: Engadir prioridades de etiqueta para a etiqueta «comment» (comentario)

KI18n

  • libgettext: corrixir un potencial uso tras liberación usando compiladores distintos de g++

KIconThemes

  • Usar un contedor axeitado para unha matriz interna de punteiros
  • Engadir unha oportunidade para reducir accesos innecesarios ao disco, introduce KDE-Extensions
  • Evitar algúns accesos a disco

KIO

  • kurlnavigatortoolbutton.cpp - usar buttonWidth en paintEvent()
  • Menú de novo ficheiro: evitar duplicados (p. ex. entre .qrc e ficheiros do sistema) (fallo 355390)
  • Corrixir unha mensaxe de erro no inicio do KCM de cookies
  • Retirar kmailservice5, chegados a este punto non pode facer ningún ben (fallo 354151)
  • Corrixir KFileItem::refresh() para ligazóns simbólicas. Definíanse o tamaño, tipo de ficheiro e permisos incorrectos
  • Corrixir unha regresión en KFileItem: refresh() perdería o tipo de ficheiro, de xeito que un directorio se convertese nun ficheiro (fallo 353195)
  • Definir o texto no trebello QCheckbox en vez de usar unha etiqueta aparte (fallo 245580)
  • Non activar o trebello de permisos de acl se non somos o dono do ficheiro (fallo 245580)
  • Corrixir unha barra inclinada dobre nos resultados de KUriFilter cando se define un filtro de nome
  • KUrlRequester: engadir o sinal textEdited (pasado desde QLineEdit)

KItemModels

  • Corrixir a sintaxe de modelo para a xeración de casos de proba
  • Corrixir a ligazón con Qt 5.4 (#endif colocado incorrectamente)

KParts

  • Corrixir a disposición do diálogo BrowserOpenOrSaveQuestion

KPeople

  • Engadir unha comprobación da validez de PersonData

KRunner

  • Corrixir metainfo.yaml: KRunner nin é unha asistencia de migración nin está obsoleto

KService

  • Retirar unha lonxitude de cadea máxima demasiado estrita da base de datos de KSycoca

KTextEditor

  • Usar a sintaxe de carácter correcta «"» en vez de «\"»
  • doxygen.xml: usar o estilo predeterminado dsAnnotation tamén para «etiquetas personalizadas» (menos cores definidas a man)
  • Engadir unha opción para mostrar o número de palabras
  • Mellorouse o contraste da cor principal para o salientado de buscar e substituír
  • Corrixir a quebra ao pechar Kate mediante D-Bus mentres o diálogo de impresión está aberto (fallo #356813) (fallo 356813)
  • Cursor::isValid(): engadir unha nota sobre isValidTextPosition()
  • Engadir API {Cursor, Range}::{toString, static fromString}

KUnitConversion

  • Informar ao cliente en caso de non coñecer o tipo de conversión
  • Engadir a divisa ILS (novo shekel) (fallo 336016)

Infraestrutura de KWallet

  • desactivar a restauración da sesión de kwalletd5

KWidgetsAddons

  • KNewPasswordWidget: retirar o consello de tamaño do espazador, que provocaba espazo sempre baleiro na disposición
  • KNewPasswordWidget: corrixir QPalette cando o trebello está desactivado

KWindowSystem

  • Corrixir a xeración do complemento de ruta a XCB

Infraestrutura de Plasma

  • [QuickTheme] Corrixir as propiedades
  • highlight e highlightedText do grupo de cores axeitado
  • ConfigModel: Non intentar resolver as rutas de orixe baleiras do paquete
  • [calendario] Só mostrar a marca de eventos na grade de días, non no mes ou no ano
  • declarativeimports/core/windowthumbnail.h - corrixir o aviso -Wreorder
  • cargar de novo o tema de iconas correctamente
  • Escribir sempre o nome do tema en plasmarc, tamén cando se escolle o tema predeterminado
  • [Calendario] Engadir unha marca aos días que conteñan un evento
  • engadir cores de texto positiva, neutral e negativa
  • ScrollArea: Corrixir un aviso cando contentItem non é escintilante
  • Engadir unha propiedade e un método para aliñar o menú coa esquina do seu pai visual
  • Permitir definir a anchura mínima en Menu
  • Manter a orde na lista ordenada de elementos
  • Estender a API para permitir colocar os elementos do menú durante unha inserción procedemental
  • asociar a cor de highlightedText (texto salientado) en Plasma::Theme
  • Corrixir a retirada do application/urls asociado para Plasma::Applets
  • Non expoñer símbolos da clase privada DataEngineManager
  • engadir un elemento «event» no SVG do calendario
  • SortFilterModel: Invalidar o filtro ao cambiar a retrochamada de filtro

Sonnet

  • Instalar a ferramenta parsetrigrams para compilación cruzada
  • hunspell: cargar e almacenar un dicionario persoal
  • Compatibilidade con hunspell 1.4
  • configwidget: notificar sobre configuracións cambiadas cando se actualizasen palabras ignoradas
  • configuración: non gardar inmediatamente a configuración ao actualizar a lista para ignorar
  • configwidget: corrixir a garda cando se actualizan as palabras ignoradas
  • Corrixir o problema de non poder gardar a palabra para ignorar (fallo 355973)

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.22.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.22.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.22.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.22.0 das infraestruturas require Qt 5.4.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais