KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.17.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

12 de decembro de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.17.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Corrixir o filtro de data que timeline:// usa
  • BalooCtl: Volver tras as ordes
  • Limpar e protexer Baloo::Database::open(), xestionar máis casos de quebra
  • Engadir unha comprobación en Database::open(OpenDatabase) para fallar se a base de datos non existe

Iconas de Breeze

  • Engadíronse ou melloráronse moitas iconas
  • usar follas de estilos nas iconas de Breeze (fallo 126166)
  • Corrección do fallo 355902 e cambiouse system-lock-screen (corrección do fallo 355902 e cambiouse system-lock-screen)
  • Engadir dialog-information de 24 px para aplicacións de GTK (fallo 355204)

Módulos adicionais de CMake

  • Non avisar cando as iconas SVG(Z) se fornecen con varios tamaños e niveis de detalle
  • Asegurarse de que cargamos as traducións no fío principal (fallo 346188).
  • Reescribir o sistema de construción de ECM.
  • Permitir activar Clazy en calquera proxecto de KDE
  • Non atopar a biblioteca XINPUT de XCB de maneira predeterminada.
  • Limpar o directorio de exportación antes de xerar de novo o APK
  • Usar quickgit para os URL de repositorios de Git

Integración de infraestruturas

  • Engadir «a instalación do plasmoide fallou» a plasma_workspace.notifyrc

KActivities

  • Corrixir un bloqueo no primeiro inicio do servizo
  • Mover a creación de QAction ao fío principal. (fallo 351485)
  • Ás veces clang-format toma unha mala decisión (fallo 355495)
  • Solución para problemas potenciais de sincronización
  • Usar org.qtproject en vez de com.trolltech
  • Retirar o uso de libkactivities nos complementos
  • Retirouse a configuración de KAStats da API
  • Engadíronse linking e unlinking a ResultModel

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Facer kgenframeworksapidox máis robusto.

KArchive

  • Corrixir KCompressionDevice::seek(), ao que se chama ao crear un KTar sobre un KCompressionDevice.

KCoreAddons

  • KAboutData: permitir https:// e outros esquemas de URL no sitio web. (fallo 355508)
  • Reparar a propiedade MimeType ao usar kcoreaddons_desktop_to_json()

KDeclarative

  • Migrar KDeclarative ao uso directo de KI18n
  • Agora delegateImage, de DragArea, pode ser unha cadea a partir da cal se crea automaticamente unha icona
  • Engadir a nova biblioteca CalendarEvents

KDED

  • Retirar a definición da variábel de contorno SESSION_MANAGER en vez de definila cun valor baleiro

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Corrixir algunhas chamadas de internacionalización.

KFileMetaData

  • Marcar m4a como lexíbel por taglib

KIO

  • Diálogo de cookies: facer que funcione como se quería
  • Corrixir que a suxestión de nome de ficheiro cambiase a algo aleatorio ao cambiar o tipo MIME de «Gardar como».
  • Rexistrar un nome de D-Bus para kioexec (fallo 353037)
  • Actualizar KProtocolManager tras cambios de configuración.

KItemModels

  • Corrixir o uso de KSelectionProxyModel en QTableView (fallo 352369)
  • Corrixir restabelecer ou cambiar o modelo de orixe dun KRecursiveFilterProxyModel.

KNewStuff

  • registerServicesByGroupingNames pode definir máis elementos de maneira predeterminada
  • Facer que KMoreToolsMenuFactory::createMenuFromGroupingNames só se cargue no primeiro uso

KTextEditor

  • Engadir salientado de sintaxe para TaskJuggler e PL/I
  • Permitir desactivar o completado de palabras clave mediante a interface de configuración.
  • Cambiar de tamaño da árbore cando se restabeleza o modelo de completado.

Infraestrutura de KWallet

  • Xestionar correctamente o caso no que o usuario nos desactivou

KWidgetsAddons

  • Corrixir un pequeno erro visual de KRatingWidget en HiDPI.
  • Reorganizar o código e corrixir a funcionalidade introducida no fallo 171343 (fallo 171343)

KXMLGUI

  • Non chamar a QCoreApplication::setQuitLockEnabled(true) durante a inicialización.

Infraestrutura de Plasma

  • Engadir un plasmoide básico como exemplo a guía de desenvolvedores
  • Engadir un par de modelos de plasmoide para kapptemplate/kdevelop
  • [calendario] Atrasar o restablecemento do modelo ata que a vista estea lista (fallo 355943)
  • Non cambiar de posición mentres se agocha (fallo 354352)
  • [IconItem] Non quebrar cando o tema de KIconLoader sexa nulo (fallo 355577)
  • Soltar ficheiros de imaxe nun panel xa non ofrecerá usalos como fondo do panel
  • Soltar un ficheiro .plasmoid nun panel u non escritorio o instalará e engadirá
  • retirar o módulo de kded platformstatus que xa non se usa (fallo 348840)
  • permitir pegar nos campos de contrasinal
  • corrixir a colocación do menú de editar, engadir un botón para seleccionar
  • [calendario] Usar o idioma da interface de usuario para obter o nome do mes (fallo 353715)
  • [calendar] Ordenar os eventos tamén por tipo
  • [Calendario] Migrar a biblioteca de complementos a KDeclarative
  • [calendario] qmlRegisterUncreatableType necesita algúns argumentos máis
  • Permitir engadir categorías de configuración de maneira dinámica
  • [calendario] Mover a xestión dos complementos a unha clase aparte
  • Permitir aos complementos fornecer os datos de evento ao miniaplicativo de calendario (fallo 349676)
  • comprobar se a rañura existe antes de conectar ou desconectar (fallo 354751)
  • [plasmaquick] Non ligar con OpenGL de maneira explícita
  • [plasmaquick] Retirar XCB::COMPOSITE e a dependencia de DAMAGE

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.17.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.17.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.17.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.17.0 das infraestruturas require Qt 5.3.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais