KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.16.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

13 de novembro de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.16.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Biblioteca de monitorización: Usar Kformat::spelloutDuration para localizar a cadea de tempo
  • Usar KDE_INSTALL_DBUSINTERFACEDIR para instalar interfaces de D-Bus
  • UnindexedFileIndexer: xestionar os ficheiros que se moveron mentres baloo_file non estaba en execución
  • Retirar Transaction::renameFilePath e engadir DocumentOperation para el.
  • Facer explícitos os construtores cun único parámetro
  • UnindexedFileIndexer: só indexar as partes necesarias do ficheiro
  • Transaction: engadir un método para devolver a estrutura de timeInfo
  • Engadíronse tipos MIME de exclusión á configuración de balooctl
  • Bases de datos: Usar QByteArray::fromRawData ao pasar datos a un códec
  • Balooctl: mover a orde «status» a unha clase de seu
  • Balooctl: Mostrar un menú de axuda se non se recoñece a orde
  • Balooshow: Permitirnos buscar ficheiros polo seu nodo de índice ou identificador de dispositivo
  • Monitor de Balooctl: deter se Baloo morre
  • MonitorCommand: Usar tanto o sinal started como o finished
  • Balooctl monitor: mover a unha clase de orde axeitada
  • Engadir unha notificación de D-Bus para cando comezamos ou rematamos de indexar un ficheiro
  • FileIndexScheduler: Matar de maneira forzada fíos ao saír
  • Remisión de WriteTransaction: evitar obter positionList salvo que sexa necesario
  • WriteTransaction: asercións adicionais en replaceDocument

BluezQt

  • Agora isBluetoothOperational tamén dependen dun rfkill sen bloquear
  • Corrixir a determinación do estado global do interruptor de rfkill
  • API de QML: marcar as propiedades sen sinal de notificar como constantes

Módulos adicionais de CMake

  • Avisar en vez de informar dun erro se ecm_install_icons non atopa iconas (fallo 354610).
  • permitir construír a versión 5 das infraestruturas de KDE cun Qt 5.5.x sen alterar instalado desde o instalador normal de qt.io en mac os
  • Non retirar a definición de variábeis da caché en KDEInstallDirs (fallo 342717).

Integración de infraestruturas

  • Definir o valor predeterminado de WheelScrollLines
  • Corrixir a opción WheelScrollLines con Qt ≥ 5.5 (fallo 291144)
  • Cambiar á fonte Noto para Plasma 5.5

KActivities

  • Corrixir a construción con Qt 5.3
  • Moveuse a inclusión boost.optional ao lugar que a usa
  • Substituír o uso de boost.optional nas continuacións por unha estrutura optional_view máis sinxela
  • Engadiuse a posibilidade de usar unha orde personalizada para os resultados ligados
  • Permitir a QML invocar o KCM de actividades
  • Engadir a posibilidade de eliminar actividades desde o KCM de actividades
  • Nova interface de usuario de configuración de actividades
  • Nova interface de usuario de configuración que permite engadir descrición e fondo de escritorio
  • Agora a interface de usuario de configuración está correctamente dividida en módulos

KArchive

  • Corrixir KArchive por un cambio de comportamento de Qt 5.6
  • Corrixir fugas de memoria, reducir o uso de memoria

KAuth

  • Xestionar o paso de mensaxes de qInfo
  • Agardar a que remate o asistente inicial da chamada asíncrona antes de comprobar a resposta (fallo 345234)
  • Corrixir o nome da variábel, senón a inclusión non pode funcionar

KConfig

  • Corrixir o uso de ecm_create_qm_loader.
  • Corrixir variábeis de inclusión
  • Usar a variante KDE_INSTALL_FULL_ para que non haxa ambigüidade
  • Permitir que KConfig use recursos como ficheiros de configuración de reserva

KConfigWidgets

  • Facer KConfigWidgets independente, empaquetar o ficheiro global único nun recurso
  • Facer doctools opcional

KCoreAddons

  • KAboutData: apidoc: «is is» → «is»; addCredit(): ocsUserName → ocsUsername
  • KJob::kill(Quiet) tamén debería saír do bucle de eventos
  • Engadir a posibilidade de que KAboutData lea o nome dos ficheiros de escritorio
  • Usar o carácter de escape correcto
  • Reducir algunhas asignacións
  • Simplificar KAboutData::translators e setTranslators
  • Corrixir o código de exemplo de setTranslator
  • desktopparser: saltar a clave Encoding=
  • desktopfileparser: ter en conta os comentarios das recensións
  • Permitir definir tipos de servizo en kcoreaddons_desktop_to_json()
  • desktopparser: corrixir a análise de valores dobres e booleanos
  • Engadir KPluginMetaData::fromDesktopFile()
  • desktopparser: Permitir analizar rutas relativas aos ficheiros de tipo de servizo
  • desktopparser: Usar máis rexistros con categoría
  • QCommandLineParser usa -v para --version así que usar unicamente --verbose
  • Retirar moreas de código duplicado de desktop{tojson,fileparser}.cpp
  • Analizar os ficheiros de ServiceType ao ler ficheiros .desktop
  • Facer de SharedMimeInfo un requisito opcional
  • Retirar unha chamada a QString::squeeze()
  • desktopparser: evitar descodificacións innecesarias de UTF-8
  • desktopparser: non engadir outra entrada se a entrada remata nun separador
  • KPluginMetaData: avisar cando unha entrada de lista non é unha lista JSON
  • Engadir mimeTypes() a KPluginMetaData

KCrash

  • Mellorar a busca de drkonqui e manter silencio de maneira predeterminada se non se atopa

KDeclarative

  • Agora poden consultarse a ConfigPropertyMap as opcións de configuración inmutábeis mediante o método isImmutable(key)
  • Sacar QJSValue no mapa de propiedades de configuración
  • EventGenerator: Engadir a posibilidade de enviar eventos de roda
  • corrixir un initialSize de QuickViewSharedEngine perdido ao inicializar.
  • corrixir unha regresión crítica de QuickViewSharedEngine da remisión 3792923639b1c480fd622f7d4d31f6f888c925b9
  • facer que o tamaño da vista indicada previamente preceda o tamaño de obxecto inicial en QuickViewSharedEngine

KDED

  • Facer doctools opcional

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Non intentar almacenar un QDateTime en memoria asignada con mmap
  • Sincronizar e adoptar uriencode.cmake de kdoctools.

KDesignerPlugin

  • Engadir KCollapsibleGroupBox

KDocTools

  • actualizar as entradas de pt_BR

KGlobalAccel

  • Non desprazas XOR para KP_Enter (fallo 128982)
  • Capturar todas as teclas para un símbolo (fallo 351198)
  • Non obter keysyms dúas veces por cada golpe de tecla

KHTML

  • Corrixir a impresión desde KHTMLPart definindo correctamente o pai de printSetting

KIconThemes

  • Agora kiconthemes permite temas incrustados en recursos de Qt dentro do prefixo :/icons como o propio Qt fai en QIcon::fromTheme
  • Engadir dependencias necesarias que faltan

KImageFormats

  • Recoñecer image/vnd.adobe.photoshop en vez de image/x-psd
  • Reverteuse parcialmente d7f457a para evitar unha quebra ao saír da aplicación

KInit

  • Facer doctools opcional

KIO

  • Gardar o URL de proxy co esquema correcto
  • Distribuír os «novos modelos de ficheiro» coa biblioteca KIOFileWidgets usando un .qrc (fallo 353642)
  • Xestionar os clics centrais de maneira axeitada en navigatormenu
  • Permitir despregar kio_http_cache_cleaner nos instaladores e paquetes de aplicación
  • KOpenWithDialog: Corrixir que se crease un ficheiro de escritorio con tipo MIME baleiro
  • Ler a información do protocolo dos metadatos do complemento
  • Permitir o despregado local de kioslave
  • Engadir un «.protocol» ao JSON convertido
  • Corrixir unha emisión dupla do resultado e un aviso que faltaba cando a lista chega a un cartafol inaccesíbel (fallo 333436)
  • Preservar os destinos das ligazóns relativas ao copiar ligazóns simbólicas (fallo 352927)
  • Usar iconas axeitadas para os cartafoles predeterminados no cartafol persoal do usuario (fallo 352498)
  • Engadir unha interface que permite aos complementos mostrar iconas de capa personalizadas
  • Facer opcional a dependencia de KNotifications en KIO (kpac)
  • Facer opcional a combinación de doctools e wallet
  • Evitar quebras de KIO se non hai un servidor de D-Bus en execución
  • Engadir KUriFilterSearchProviderActions para mostrar unha lista de accións para buscar texto usando atallos web
  • Mover as entradas do menú «Crear un novo» de kde-baseapps/lib/konq a kio (fallo 349654)
  • Mover konqpopupmenuplugin.desktop de kde-baseapps a kio (fallo 350769)

KJS

  • Usar a variábel global «_timezone» para MSVC en vez de «timezone». Corrixe a construción con MSVC 2015.

KNewStuff

  • Corrixir o ficheiro de escritorio e o URL da páxina web do «Xestor de particións de KDE»

KNotification

  • Agora que kparts xa non necesita knotifications, só aquelas cousas que de verdade queren notificación requiren esa infraestrutura
  • Engadir unha descrición, o motivo da fala e Phonon
  • Facer opcional a dependencia de Phonon, un cambio puramente interno, como se fai coa fala.

KParts

  • Usar deleteLater en Part::slotWidgetDestroyed().
  • Retirar a dependencia KNotifications de KParts
  • Usar unha función para consultar onde está ui_standards.rc en vez de definilo manualmente, permite que funcionen os recursos de reserva

KRunner

  • RunnerManager: simplificar o código de carga de complementos

KService

  • KBuildSycoca: gardar sempre, incluso se non se detectou ningún cambio no ficheiro .desktop. (fallo 353203)
  • Facer doctools opcional
  • kbuildsycoca: analizar todos os ficheiros mimeapps.list que se mencionan na nova especificación.7
  • Usar a maior data do subdirectorio como data do directorio do recurso.
  • Manter os tipos MIME separados ao converter KPluginInfo en KPluginMetaData

KTextEditor

  • salientado: gnuplot: engadir a extensión .plt
  • corrixir o consello de validación, grazas a «Thomas Jarosch» <thomas.jarosch@intra2net.com>, engadir ademais un consello sobre a validación en tempo de compilación
  • Non quebrar cando a orde non está dispoñíbel.
  • Corrixir o fallo #307107
  • Variábeis de salientado de Haskell que comezan por _
  • simplificar a inicialización de git2 dado que requirimos unha versión suficientemente recente (fallo 353947)
  • empaquetar as configuracións predeterminadas no recurso
  • realce de sintaxe (d-g): usar os estilos predeterminados en vez de cores definidas a man
  • mellor busca de scripts, cousas locais de primeiro usuario, a continuación as cousas dos recursos, logo o resto de cousas, dese xeito o usuario pode sobrescribir os scripts distribuídos polos locais
  • empaquetar todas as cousas de JavaScript tamén en recursos, só 3 ficheiros de configuración que faltan e ktexteditor poderían usarse como unha biblioteca sen ningún ficheiro empaquetado
  • seguinte intento: poñer todos os ficheiros de sintaxe de XML empaquetados nun recurso
  • engadir un atallo de cambio de modo de entrada (fallo 347769)
  • empaquetar os ficheiros XML no recurso
  • realce de sintaxe (a-c): migrar aos novos estilos predeterminados, retirar cores definidas a man
  • realce de sintaxe: retirar cores definidas a man e usar os estilos predeterminados no seu lugar
  • realce de sintaxe: usar os novos estilos predeterminados (retira as cores definidas manualmente)
  • Mellor estilo predeterminado de «Import»
  • Introducir «Gardar como con codificación» para gardar un ficheiro cunha codificación distinta, usando un bonito menú agrupado de codificacións que temos e substituíndo todos os diálogos de gardar coas correctas do sistema operativo sen perder esta importante funcionalidade.
  • empaquetar o ficheiro de interface de usuario na biblioteca usando a miña extensión de XMLGUI
  • A impresión volve a respectar a fonte e o esquema de cores seleccionados (fallo 344976)
  • Usar cores de Breeze para as liñas gardadas e modificadas
  • Melloráronse as cores predeterminadas do bordo das iconas do esquema «Normal»
  • chaves automáticas: só inserir unha chave cando o seguinte carácter estea baleira ou non sexa unha letra ou número
  • autobrace: ao retirar o paréntese inicial con Borrar, retirar tamén o final
  • autobrace: estabelecer a conexión unha única vez
  • Chaves automáticas: comer os parénteses de peche cando se dean algunhas condicións
  • Corrixir que shortcutoverride non se pasase a mainwindow
  • Fallo 342659 - A cor predeterminada de «realce de corchetes» é difícil de ver (corrixiuse o esquema normal) (fallo 342659)
  • Engadir cores predeterminadas axeitadas para a cor de «Número de liña actual»
  • parellas de parénteses e parénteses automáticos: compartir código
  • parellas dos parénteses: gardar contra valores negativos de maxLines
  • coincidencia de corchetes: que un novo intervalo coincida co anterior non significa que non sexa necesario actualizar
  • Engadir a anchura da metade dun espazo para permitir debuxar o cursor na fin de liña
  • corrixir algúns problemas de HiDPI no bordo das iconas
  • corrixir o fallo #310712: retirar os espazos ao final tamén na liña co cursor (fallo 310712)
  • só mostrar a mensaxe «mark set» cando o modo de entrada de vi está activo
  • retirar & do texto do botón (fallo 345937)
  • corrixir a actualización da cor do número de liña actual (fallo 340363)
  • facer que se insiran corchetes ao escribir un corchete sobre unha selección (fallo 350317)
  • Parénteses automáticos (fallo 350317)
  • corrixir alerta HL (fallo 344442)
  • non hai desprazamento de columna co axuste dinámico de palabras
  • lembrar se o usuario definiu o realce a través das sesións para non perdelo ao gardar tras restaurar (fallo 332605)
  • corrixir o pregado de tex (fallo 328348)
  • corrixiuse o fallo #327842: a fin dos comentarios de estilo C detéctase mal (fallo 327842)
  • gardar e restaurar o axuste de palabras dinámico ao gardar ou restaurar sesións (fallo 284250)

KTextWidgets

  • Engadir un novo menú subordinado a KTextEdit para cambiar de idioma de corrección ortográfica
  • Corrixir a carga da configuración predeterminada de Sonnet

Infraestrutura de KWallet

  • Usar KDE_INSTALL_DBUSINTERFACEDIR para instalar interfaces de D-Bus
  • Corrixíronse os avisos do ficheiro de configuración de KWallet ao iniciar sesión (fallo 351805)
  • Prefixar correctamente a saída de kwallet-pam

KWidgetsAddons

  • Engadir o trebello contedor pregábel KCollapsibleGroupBox
  • KNewPasswordWidget: inicialización de cor que faltaba
  • Introducir KNewPasswordWidget

KXMLGUI

  • kmainwindow: encher previamente a información do tradutor cando estea dispoñíbel (fallo 345320).
  • Permitir asociar a clave do menú contextual (inferior dereita) aos atallos (fallo 165542)
  • Engadir unha función para consultar a ruta do ficheiro XML de estándares
  • Permitir usar a infraestrutura kxmlgui sen ficheiros instalados
  • Engadir dependencias necesarias que faltan

Infraestrutura de Plasma

  • Corrixir que os elementos da barra de lapelas se amontoen xuntos durante a creación inicial, como se pode observar por exemplo en Kickoff tras iniciarse Plasma
  • Corrixir que soltar ficheiros no escritorio ou no panel non ofreza unha selección de accións para escoller
  • Ter QApplication::wheelScrollLines en conta desde ScrollView
  • Usar BypassWindowManagerHint só na plataforma X11
  • eliminar o fondo vello de panel
  • animación de carga máis lexíbel en tamaños pequenos
  • view-history colorado
  • calendario: Permitir premer toda a zona da cabeceira
  • calendario: non usar o número de día actual en goToMonth
  • calendar: Corrixir a actualización do resumo da década
  • Usar o tema para as iconas de Breeze cando se carguen mediante IconItem
  • Corrixir a propiedade minimumWidth de Button (fallo 353584)
  • Introducir o sinal appletCreated
  • Icona de Breeze de Plasma: engadir elementos de identificador de SVG á área táctil
  • Icona de Breeze de Plasma: cambiar Touchpad ao tamaño 22×22 px
  • Icona de Breeze: engadir a icona de trebello ás notas
  • Un scripts para substituír cores definidas a man con follas de estilos
  • Aplicar SkipTaskbar en ExposeEvent
  • Non definir SkipTaskbar en todos os eventos

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.16.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.16.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.16.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.16.0 das infraestruturas require Qt 5.3.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais