KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.14.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

12 de setembro de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.14.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

En moitas infraestruturas

  • Cambiar de nome as clases privadas para evitar exportalas accidentalmente

Baloo

  • Engadir a interface org.kde.baloo ao obxecto raíz para manter compatibilidade cara atrás
  • Instalar un org.kde.baloo.file.indexer.xml falso para corrixir a compilación de plasma-desktop 5.4
  • Reorganizar as interfaces de D-Bus
  • Usar metadatos en JSON no complemento de kded e corrixir o nome do complemento
  • Crear unha instancia de Database por proceso (fallo 350247)
  • Evitar que se mate a baloo_file_extractor mentres está remitindo
  • Xerar un ficheiro XML de interface usando qt5_generate_dbus_interface
  • Correccións do monitor de Baloo
  • Mover a exportación do URL do ficheiro ao fío principal
  • Asegurarse de que as configuracións en cascada se teñen en conta
  • Non instalar namelink para a biblioteca privada
  • Instalar traducións, detectado por Hrvoje Senjan.

BluezQt

  • Non retransmitir o sinal deviceChanged tras retirar o dispositivo (fallo 351051)
  • Respectar -DBUILD_TESTING=OFF

Módulos adicionais de CMake

  • Engadir un macro para xerar declaracións de categoría de rexistro para Qt 5.
  • ecm_generate_headers: Engadir a opción COMMON_HEADER e funcionalidade de varias cabeceiras
  • Engadir -pedantic para código de KF5 (ao usar gcc ou clang)
  • KDEFrameworkCompilerSettings: só activar os iteradores estritos en modo de depuración
  • Definir tamén agochada como visibilidade predeterminada para código en C.

Integración de infraestruturas

  • Propagar tamén os títulos de xanela para os diálogos de ficheiro de só cartafoles.

KActivities

  • Só crear un cargador de acción (fío) cando as accións do FileItemLinkingPlugin non están inicializadas (fallo 351585)
  • Corrixir os problemas de corrección cambiando de nome as clases privadas (11030ffc0)
  • Engadir a inclusión de boost que falta para construír en OS X
  • A configuración dos atallos moveuse á configuración da actividade
  • Configurar o modo de actividade privada funciona
  • Cambios internos na interface de usuario da configuración
  • Os métodos de actividade básica funcionan
  • Interface de usuario para a configuración da actividade e as xanelas emerxentes de eliminación
  • Interface de usuario básica para a sección de creación, eliminación e configuración de actividades en KCM
  • Aumentouse o tamaño dos anacos para cargar os resultados
  • Engadiuse unha inclusión que faltaba para std::set

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Corrección para Windows: retirar ficheiros existentes antes de substituílos con os.rename.
  • Usar rutas nativas ao chamar a Python para corrixir construcións para Windows

KCompletion

  • Corrixir un mal comportamento ou esgotamento de memoria en Windows (fallo 345860)

KConfig

  • Optimizar readEntryGui
  • Evitar QString::fromLatin1() no código xerado
  • Minimizar as chamadas a QStandardPaths::locateAll(), que require recursos significativos
  • Rematar a migración a QCommandLineParser (agora ten addPositionalArgument)

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Migrar o complemento de kded solid-networkstatus a metadatos en JSON
  • KPixmapCache: crear o directorio se non existe

KDocTools

  • Sincronizar as user.entities en catalán coa versión en inglés.
  • Engadir entidades para sebas e plasma-pa

KEmoticons

  • Rendemento: gardar en caché unha instancia de KEmoticons, non de KEmoticonsTheme.

KFileMetaData

  • PlainTextExtractor: activar a rama O_NOATIME nas plataformas que usan libc de GNU
  • PlainTextExtractor: facer que a rama de Linux funcione tamén sen O_NOATIME
  • PlainTextExtractor: corrixir a comprobación de erro nos fallos de open(O_NOATIME)

KGlobalAccel

  • Só iniciar kglobalaccel5 se se necesita.

KI18n

  • Xestionar correctamente a falta de salto de liña ao final dun ficheiro pmap

KIconThemes

  • KIconLoader: corrixir que reconfigure() esquecese os temas herdados e os directorios de aplicacións
  • Adherir mellor á especificación de carga de iconas

KImageFormats

  • eps: corrixir inclusións relacionadas co rexistro con categoría de Qt

KIO

  • Usar Q_OS_WIN en vez de Q_OS_WINDOWS
  • Facer que KDE_FORK_SLAVES baixo Windows
  • Desactivar a instalación do ficheiro de escritorio para o módulo de kded ProxyScout
  • Fornecer unha orde determinista para KDirSortFilterProxyModelPrivate::compare
  • Mostrar de novo as iconas de cartafol personalizadas (fallo 350612)
  • Mover kpasswdserver de kded a kiod
  • Corrixir fallos de migración en kpasswdserver
  • Retirar código vello para comunicarse con versións extremadamente vellas de kpasswdserver.
  • KDirListerTest: usar QTRY_COMPARE en ambas sentencias para corrixir unha condición de carreira exposta polo sistema de integración continua
  • KFilePlacesModel: completar unha vella tarefa pendente sobre usar trashrc en vez de un KDirLister completo.

KItemModels

  • Novo proxymodel: KConcatenateRowsProxyModel
  • KConcatenateRowsProxyModelPrivate: corrixir a xestión de layoutChanged.
  • Máis comprobacións na selección tras ordenar.
  • KExtraColumnsProxyModel: corrixir un fallo en sibling() que rompeu, por exemplo, as seleccións

Infraestrutura de paquetes

  • kpackagetool pode desinstalar un paquete desde un ficheiro de paquete
  • kpackagetool é agora máis intelixente para atopar o servicetype axeitado

KService

  • KSycoca: comprobar as datas e executar kbuildsycoca se se necesita. Xa non require kded.
  • Non pechar ksycoca xusto despois de abrilo.
  • Agora KPluginInfo xestiona correctamente metadatos de FormFactor

KTextEditor

  • Fusionar asignación de TextLineData e o bloque de conta de referencias.
  • Cambiar o atallo de teclado predeterminado para «ir á liña de edición anterior»
  • Correccións de salientado de sintaxe de comentarios de Haskell
  • Acelerar a aparición da xanela emerxente de completado de código
  • minimap: Intentar mellorar a aparencia (fallo 309553)
  • comentarios aniñados no salientado de sintaxe de Haskell
  • Corrixir un problema de sangrado incorrecto en Python (fallo 351190)

KWidgetsAddons

  • KPasswordDialog: permitir ao usuario cambiar a visibilidade do contrasinal (fallo 224686)

KXMLGUI

  • Corrixir que KSwitchLanguageDialog non mostrase a maior parte dos idiomas

KXmlRpcClient

  • Evitar QLatin1String cando asigna memoria na rima

ModemManagerQt

  • Corrixir o conflito de metatipo co último cambio de nm-qt

NetworkManagerQt

  • Engadíronse novas propiedades das últimas capturas ou versións de NM

Infraestrutura de Plasma

  • cambiar o pai a sacudíbel se se pode
  • corrixir a lista de paquetes
  • plasma: Corrixir que as accións do miniaplicativo poidan ser punteiros nulos (fallo 351777)
  • Agora o sinal onClicked de PlasmaComponents.ModelContextMenu funciona correctamente
  • Agora o ModelContextMenu de PlasmaComponents pode crear seccións de Menu
  • Migrar o complemento de kded platformstatus a metadatos en JSON…
  • Xestionar metadatos incorrectos en PluginLoader
  • Permitir que RowLayout determine o tamaño da etiqueta
  • mostrar sempre o menú de editar cando o cursor estea visíbel
  • Corrixir o ciclo en ButtonStyle
  • Non cambiar a calidade de plano dun botón ao premelo
  • en pantallas táctiles e móbiles as barras de desprazamento son transitorias
  • axustar a velocidade de sacudida e deceleración a ppp
  • delegado de cursor personalizado só en móbil
  • cursor de texto axeitado para toque
  • corrixir a política de pai e de emerxencia
  • declarar __editMenu
  • engadir que a falta de cursor xestione delegados
  • reescribir EditMenu
  • usar o menú para móbiles só de maneira condicional
  • cambiar o pai do menú á raíz

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.14.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.14.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.14.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.14.0 das infraestruturas require Qt 5.3.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais