KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Primeira publicación da versión 5 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

7 de xullo de 2014. A comunidade KDE está orgullosa de anunciar a versión 5.0 das infraestruturas de KDE. A serie 5 das infraestruturas é a seguinte xeración das bibliotecas de KDE, divididas en módulos e optimizadas para integrarse facilmente en aplicativos de Qt. As infraestruturas ofrecen unha gran variedade de funcionalidades necesarias habitualmente en bibliotecas maduras, revisadas e probadas con tempos de licenza axeitados. Hai máis de 50 infraestruturas distintas como parte desta publicación que forneces solucións como integración con hardware, compatibilidade con formatos de ficheiros, trebellos adicionais, funcións de representación, corrección ortográfica e máis. Moitas infraestruturas son compatíbeis con varias plataformas e teñen poucas ou ningunha dependencia, o que as fai fáciles de construír e engadir a calquera aplicativo de Qt.

As infraestruturas de KDE representan un esforzo para cambiar o deseño das potentes bibliotecas da versión 4 da plataforma de KDE, converténdoas nun conxunto de módulos independentes e compatíbeis con varias plataformas listos para que os usen os desenvolvedores de Qt para simplificar, acelerar e abaratar o desenvolvemento de Qt. As infraestruturas individuais son compatíbeis con varias plataformas e están ben documentadas e probadas, e o seu uso será fácil para os desenvolvedores de Qt, seguindo o estilo e os estándares estabelecidos polo proxecto Qt. As infraestruturas desenvólvense seguindo o modelo probado de goberno de KDE, cun calendario de publicación previsíbel e un proceso de colaboración claro e independente de empresas, un goberno aberto e licenzas flexíbeis (LGPL).

As infraestruturas teñen unha estrutura de dependencias clara, divididas en categorías e niveis. As categorías fan referencia ás dependencias en tempo de execución:

  • Os elementos funcionais non teñen dependencias en tempo de execución.
  • Integración designa código que podería requirir dependencias en tempo de execución para integración segundo o que ofreza o sistema operativo ou a plataforma.
  • As solucións teñen dependencias obrigatorias en tempo de execución.
Os niveis fan referencia ás dependencias doutras infraestruturas en tempo de compilación. As infraestruturas de nivel 1 non dependen doutras infraestruturas e só necesitan Qt e outras bibliotecas relevantes. As infraestruturas de nivel 2 só poden dependen do nivel 1. As infraestruturas de nivel 3 pode depender de infraestruturas de calquera nivel.

A migración da plataforma ás infraestruturas leva en progreso 3 anos, guiada polos principais colaboradores técnicos de KDE. Descubra máis sobre a versión 5 das infraestruturas neste artigo do ano pasado.

Salientábel

Hai máis de 50 infraestruturas dispoñíbeis actualmente. Examine o conxunto completo na documentación da API por internet. Consulte embaixo unha impresión dalgunhas das funcionalidades que as infraestruturas ofrecen aos desenvolvedores de aplicativos de Qt.

KArchive ofrece compatibilidade con moitos códecs de compresión populares nunha biblioteca de arquivado e extracción de ficheiros independente, chega de funcionalidades e fácil de usar. Páselle ficheiros; non fai falla inventar de novo unha función de arquivado en aplicativos baseados en Qt!


ThreadWeaver ofrece unha API de alto nivel para xestionar fíos usando interfaces baseadas en traballos e colas. Permite planifica facilmente a execución de fíos indicando as dependencias entre os fíos e executándoos cumprindo coas esas dependencias, significando en gran medida o uso de varios fíos.


KConfig é unha infraestrutura para almacenar e obter configuracións. Goza dunha API orientada a grupos. Funciona con ficheiros INI e directorios en cascada que cumpren co estándar do XDG. Xera código a partir de ficheiros XML.


Solid ofrece detección de hardware e pode informar a un aplicativo sobre dispositivos de almacenamento e volumes, CPU, o estado da batería, a xestión de enerxía, o estado das redes e das interfaces, e Bluetooth. Requírese a execución de servizos para as particións cifradas, a enerxía e as redes.


KI18n engade compatibilidade con Gettext aos aplicativos, facilitando integrar o fluxo de traballo de tradución dos aplicativos de Qt na infraestrutura xeral de tradución de moitos proxectos.


Primeiros pasos

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build.

A versión 5.0 das infraestruturas require Qt 5.2. Representa a primeira dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

O equipo está a traballar en fornecer unha lista detallada de todas as infraestruturas e bibliotecas de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais