Anuncios de versiónsVersión 19.04 dos aplicativos

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Italiano | 한국어 | Nederlands | Português | Українська

18 de abril de 2019.
A comunidade KDE alédase de anunciar a publicación da versión 19.04 dos aplicativos de KDE.

A nosa comunidade traballa continuamente en mellorar o software incluído na nosa serie de aplicativos de KDE. Xunto con novas funcionalidades, melloramos o deseño, a facilidade de uso e a estabilidade de todas as nosas ferramentas, xogos e ferramentas creativas. O noso obxectivo e facerlle a vida máis doada facendo máis agradábel usar o software de KDE. Esperamos que goce das novas melloras e correccións de fallos que atopará en 19.04!

Novidades da versión 19.04 dos aplicativos de KDE

Resolvéronse máis de 150 fallos. Estas correccións recuperan funcionalidades desactivadas, normalizan os atallos, e resolven quebras, facendo os aplicativos de KDE máis fáciles de usar e permitíndolle ser máis produtivo.

Se quere saber máis sobre os cambios desta versión, consulte a lista completa de cambios, que é unha forma excelente de aprender sobre as partes internas de KDE e descubrir aplicativos e funcionalidades que descoñecía.

Xestión de ficheiros

Dolphin é o xestor de ficheiros de KDE. Tamén se conecta con servizos de rede, como SSH, FTP, e servidores de Samba, e inclúe ferramentas avanzadas para atopar e organizar os seus datos.

Novas funcionalidades:

Entre as correccións de fallo están:

O KIO de CD de son permite a outros aplicativos de KDE ler son dos CD e convertelo automaticamente a outros formatos.

Edición de vídeo

Esta é unha versión transcendental do editor de vídeo de KDE. Kdenlive pasou por unha reescritura extensiva do seu núcleo que cambiou máis do 60% do seu código interno, mellorando a súa arquitectura xeral.

Entre as melloras están:

Oficina

Okular é o visor de documentos polivalente de KDE. É ideal para ler e anotar en PDF, tamén pode abrir ficheiros ODF (os que usan LibreOffice e OpenOffice), libros dixitais publicados como ficheiros ePub, os ficheiros de banda deseñada máis comúns, ficheiros PostScript, e moitos máis.

Entre as melloras están:

KMail é o cliente de correo electrónico de KDE que protexe a intimidade. Como parte da colección de software para grupos Kontact, KMail é compatíbel con todos os sistemas de correo electrónico e permítelle organizar as sías mensaxes nunha caixa de entrada virtual compartida ou en contas separadas (vostede elixe). Permite todo tipo de cifrados e sinaturas de mensaxes, e permítelle compartir datos como contactos, datas de reunións e información de viaxes con outros aplicativos de Kontact.

Entre as melloras están:

KOrganizer é o compoñente de calendario de Kontact que xestiona todos os seus eventos.

Kitinerary é o novo asistente de viaxes de Kontact que lle axudará a chegar ao seu destino e lle aconsellará durante o traxecto.

Desenvolvemento

Kate é o potente editor de textos de KDE, ideal para programar grazas a funcionalidades como lapelas, modo de vista dividida, realce de sintaxe, un terminal incrustado, completado de palabras, busca e substitución con expresións regulares, e moitas máis mediante a súa flexíbel infraestrutura de complementos.

Entre as melloras están:

Konsole é o emulador de terminal de KDE: Permite lapelas, fondos translúcidos, modo de vista dividida, esquemas de cores e atallos de teclado personalizábeis, marcación de cartafoles e SSH, e moitas outras funcionalidades.

Entre as melloras están:

Lokalize é un sistema de tradución asistida por computador que se centra na produtividade e o control de calidade. Está destinado á tradución de software, pero tamén inclúe ferramentas de conversión externas para traducir documentos de oficina.

Entre as melloras están:

Utilidades

Gwenview é un visor de imaxes e organizador avanzado con ferramentas de edición intuitivas e fáciles de usar.

Entre as melloras están:

Spectacle é o aplicativo de captura de pantalla de Plasma. Pode capturar escritorios completos de varias pantallas, pantallas individuais, xanelas, seccións de xanelas, ou rexións personalizadas usando a funcionalidade de selección de rectángulo.

Entre as melloras están:

Xogos e educación

A nosa serie de aplicativos inclúe moitos xogos e aplicativos educativos.

KmPlot é un representador de funcións matemáticas. Inclúe un potente analizador. Os gráficos poden colorarse e a vista pode cambiarse de dimensións, permitíndolle achegarse ao nivel que necesita. Os usuarios poden representar distintas funcións de maneira simultánea e combinalas para construír novas funcións.

Kolf é un xogo de minigolf.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org