Anuncios de versiónsVersión 18.12 das aplicacións

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Русский | Svenska | Українська

13 de decembro de 2018.
Publicouse a versión 18.12 das aplicacións de KDE.

Traballamos continuamente en mellorar o software que se inclúe nas aplicacións de KDE, e esperamos que as novas melloras e correccións de fallos lle resulten de utilidade!

Novidades da versión 18.12 das aplicacións de KDE

Solucionáronse máis de 140 fallos en aplicacións como, entre outras, a colección de Kontact, Ark, Cantor, Dolphin, Gwenview, Kate, KmPlot, Konsole, Lokalize, Okular, Spectacle e Umbrello!

Se quere saber máis sobre os cambios desta versión, consulte a lista completa de cambios. Aínda que a súa anchura pode intimidar, a lista de cambios pode ser unha forma excelente de aprender sobre as partes internas de KDE e descubrir aplicacións e funcionalidades que descoñecía.

Xestión de ficheiros

Dolphin, o potente xestor de ficheiros de KDE: A busca de ficheiros tradicional de KDE, KFind, ten agora un método de busca por metadatos baseada en KFileMetaData.

Oficina

KMail, o potente cliente de correo electrónico de KDE:
Okular, o versátil visor de documentos de KDE:

Desenvolvemento

Kate, o editor de textos avanzado de KDE:
Konsole, o emulador de terminal de KDE: Lokalize, a ferramenta de tradución de KDE:

Utilidades

Gwenview, o visor de imaxes de KDE:
Spectacle, a ferramenta de capturas de pantalla de KDE: Ark, o xestor de arquivos de KDE:

Matemáticas

KCalc, a calculadora simple de KDE, ten agora unha opción para repetir o último cálculo varias veces.

Cantor, a interface matemática de KDE: KmPlot, o representador de funcións de KDE, corrixíronse moitos problemas:

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org