KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a versión 17.04.3 das aplicacións de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Italiano | 한국어 | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

13 de xullo de 2017. Hoxe KDE publicou a terceira actualización de estabilidade da versión 17.04 das aplicacións de KDE. Esta versión só contén correccións e actualizacións de traducións, o que a converte nunha actualización segura e agradábel para todo o mundo.

As máis de 25 correccións de erros inclúen melloras en, entre outros, KDE PIM, Dolphin, DragonPlayer, Kdenlive e Umbrello.

Esta versión tamén inclúe unha versión de mantemento a longo prazo da versión 4.14.34 da plataforma de desenvolvemento de KDE.

Pode atopar a lista completa de cambios aquí.

Correr a voz

Os colaboradores non técnicos son unha parte importante do éxito de KDE. Mentres que as compañías de software privativo contan con grandes presupostos para novas publicacións de software, KDE depende de que as persoas falen entre elas. Incluso para aquelas persoas que non son desenvolvedoras de software existen moitas formas de apoiar a versión 17.04.3 das aplicacións de KDE. Informar de fallos. Animar a outros a unirse á comunidade KDE. Ou apoiar a organización sen ánimo de lucro que hai tras a comunidade KDE.

Instalar os paquetes binarios da versión 17.04.3 das aplicacións de KDE

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios da versión 17.04.3 das aplicacións de KDE para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a versión 17.04.3 das aplicacións de KDE

O código fonte completo da versión 17.04.3 dos aplicativos de KDE pode descargarse libremente. Na páxina de información da versión 17.04.3 das aplicacións de KDE.están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais