KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a versión 16.08.0 das aplicacións de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

18 de agosto de 2016. KDE introduce a versión 16.08 das aplicacións de KDE con innumerábeis anovacións no que respecta a unha maior facilidade de acceso, a introdución de funcionalidades moi útiles e solucionar algúns pequenos problemas que achegan ás aplicacións de KDE un pouco máis a ofrecer a configuración perfecta para o seu dispositivo.

Kolourpaint, Cervisia e KDiskFree migráronse á versión 5 das infraestruturas de KDE e estamos desexosos de recibir os seus comentarios e opinións sobre as novas funcionalidades introducidas nesta versión.

No esforzo continuado por dividir as bibliotecas da colección de Kontact para que terceiros poidan usalas con máis facilidade, dividimos o arquivo TAR de kdepimlibs en akonadi-contacts, akonadi-mime e akonadi-notes.

Detivemos o desenvolvemento dos seguintes paquetes: kdegraphics-strigi-analyzer, kdenetwork-strigi-analyzers, kdesdk-strigi-analyzers, libkdeedu e mplayerthumbs. Isto nos permitirá concentrarnos no resto do código.

Mantemento de Kontact

A colección Kontact recibiu a habitual serie de limpezas, correccións de fallos e optimizacións desta versión. Cómpre salientar o uso de QtWebEngine en varios compoñentes, o que permite usar un motor de renderización de HTML máis moderno. Tamén melloramos a compatibilidade con VCard4, e tamén engadimos novos complementos que poden avisar se se cumpren algunhas condicións ao enviar unha mensaxe de correo electrónico, p. ex. verificando que quere permitir enviar mensaxes de correo electrónico cunha identidade concreta, ou comprobando se está a enviar unha mensaxe como texto simple, etc.

Nova versión de Marble

Marble 2.0 forma parte da versión 16.08 das aplicacións de KDE e inclúe máis de 450 cambios de código, entre eles melloras na navegación, o renderizado e un renderizado de vector experimental dos datos de OpenStreetMap.

Arquivar máis

Agora Ark pode extraer ficheiros AppImage e .xar así como probar a integridade de arquivos zip, 7z e rar. Tamén pode engadir e editar comentarios en arquivos rar

Melloras terminais

Fixéronse melloras en Konsole en relación coas opcións de renderización de tipos de letra e as funcionalidades de accesibilidade.

E máis!

As lapelas de Kate agora poden moverse. Máis información…

A KGeography engadíronselle provincias e mapas de rexións de Burkina Faso.

Exterminación de erros

Solucionáronse máis de 120 fallos en aplicacións como, entre outras, Kontact Suite, Ark, Cantor, Dolphin, KCalc e Kdenlive!

Historial completo de cambios

Pode atopar a lista completa de cambios aquí.

Correr a voz

Os colaboradores non técnicos son unha parte importante do éxito de KDE. Mentres que as compañías de software privativo contan con grandes presupostos para novas publicacións de software, KDE depende de que as persoas falen entre elas. Incluso para aquelas persoas que non son desenvolvedoras de software existen moitas formas de apoiar a versión 16.08 das aplicacións de KDE. Informar de fallos. Animar a outros a unirse á comunidade KDE. Ou apoiar a organización sen ánimo de lucro que hai tras a comunidade KDE.

Corra a voz na web social. Envíe historias a sitios de novas, use canles como Delicious, Digg, Reddit e Twitter. Envíe capturas de pantalla da súa nova confirmación a servizos como Facebook, Flickr, Ipernity e Picasa, e publíqueos nos grupos axeitados. Cree vídeos de pantalla e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as súas publicacións e materiais enviados con «KDE». Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura da versión 16.08 das aplicacións de KDE.

Instalar os paquetes binarios da versión 16.08 das aplicacións de KDE

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios da versión 16.08 das aplicacións de KDE para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a versión 16.08 das aplicacións de KDE

O código fonte completo da versión 16.08 dos aplicativos de KDE pode descargarse libremente. Na páxina de información da versión 16.08.0 das aplicacións de KDE.están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais