KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a candidata a versión final da versión 15.12 das aplicacións de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Galician | Italiano | 한국어 | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

3 de decembro de 2015. Hoxe KDE publicou a candidata a versión final da nova versión das súas aplicacións. Coa desautorización temporal de dependencias e funcionalidades novas, agora o equipo de KDE centrase en solucionar fallos e pulir funcionalidades.

Debido ao gran número de aplicativos que agora se basean na versión 5 das infraestruturas de KDE, hai que probar ben a versión 15.12 das aplicacións de KDE para manter e mellorar a calidade e a experiencia de usuario. Os usuarios reais son críticos para manter unha alta calidade en KDE, porque os desenvolvedores simplemente non poden probar todas as configuracións posíbeis. Contamos con vostede para axudarnos a atopar calquera fallo canto antes para poder solucionalo antes da versión final. Considere unirse ao equipo instalando a candidata a versión e informando de calquera fallo.

Instalar os paquetes binarios da candidata a versión final da versión 15.12 das aplicacións de KDE

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios da candidata a versión final da versión 15.12 das aplicacións de KDE (15.11.90 internamente) para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a candidata a versión final da versión 15.12 das aplicacións de KDE

O código fonte completo da candidata a versión final da versión 15.12 dos aplicativos de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da candidata a versión final das aplicacións de KDE.están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais