KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a terceira beta da versión 4.14 de aplicativos e plataforma

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Suomi | Galician | Italiano | 한국어 | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

24 de xullo de 2014. Hoxe KDE publicou a terceira beta da nova versión de aplicativos e a plataforma de desenvolvemento. Coa desautorización temporal de API, dependencias e funcionalidades novas, agora o equipo de KDE centrase en solucionar fallos e pulir funcionalidades.

Debido ao gran número de cambios hai que probar ben as versión 4.14 para manter e mellorar a calidade e a experiencia de usuario. Os usuarios reais son críticos para manter unha alta calidade en KDE, porque os desenvolvedores simplemente non poden probar todas as configuracións posíbeis. Contamos con vostede para axudarnos a atopar calquera fallo canto antes para poder solucionalo antes da versión final. Considere unirse ao equipo de 4.14 instalando a beta e informando de calquera fallo.

Beta 3 da versión 4.14 da compilación de software de KDE

A colección de software de KDE, incluíndo todas as súas bibliotecas e aplicativos, está dispoñíbel gratuitamente baixo licenzas de código aberto. O software de KDE pode obterse como código e varios formatos binarios desde http://download.kde.org ou con calquera dos sistemas GNU/Linux e UNIX principais que se ofrecen a día de hoxe.

Instalar os paquetes binarios da beta 3 da versión 4.14

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios de 4.14 beta 3 (4.13.95 internamente) para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a beta 3 da versión 4.14

O código fonte completo da beta 3 da versión 4.14 pode descargarse libremente. Na páxina de información de 4.13.95 están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar 4.13.95.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais