KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE distribúe as actualizacións de xaneiro para as aplicacións e a plataforma

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Eesti | Suomi | Galician | Italiano | 한국어 | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

14 de xaneiro de 2014. Hoxe KDE publicou actualizacións para as súas aplicacións e a súa plataforma de desenvolvemento, a primeira dunha serie de actualizacións mensuais de estabilización da serie 4.12. Comezando coas versión 4.12.2, as versións 4.11.x dos espazos de traballo de KDE sincronizaranse coas 4.12.x das aplicacións e a plataforma de desenvolvemento de KDE. Esta versión só contén correccións e actualizacións de traducións; será unha actualización segura e agradábel para todo o mundo.

Entre as máis de 45 correccións hai melloras na colección de xestión de información persoal Kontact, a ferramenta de UML Umbrello, o visor de documentos Okular, o navegador web Konqueror e o xestor de ficheiros Dolphin. Umbrello estandariza a configuración global, de diagramas e de trebellos e engade unha función de clonar diagramas. Dolphin consegue a corrección dun fallo que atrasaba a vista previa de PDF en certos casos. En Kontact corrixíronse varios fallos e regresións nos compoñentes KOrganizer, Akregator e KMail.

Pode consultar unha lista de cambios máis completa no sistema de seguimento de erros de KDE. 4.12.1. Examine o historial de Git para unha lista detallada de cambios en 4.12.1.

Para descargar o código fonte ou paquetes para instalar vaia á páxina de información de 4.12.1. Se quere saber máis sobre as versións 4.12 das aplicacións e da plataforma de desenvolvemento de KDE, consulte as notas de publicación de 4.12.

O software de KDE, incluíndo todas as bibliotecas e aplicacións, está dispoñíbel gratuitamente baixo licenzas de código aberto. O software de KDE pode obterse como código fonte e varios formatos binarios desde http://download.kde.org ou de calquera dos sistemas GNU/Linux e UNIX principais que se ofrecen a día de hoxe.

Instalar os paquetes binarios de 4.12.1

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios de 4.12.1 para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite a páxina de información de 4.12.1.

Compilar 4.10.5

O código fonte completo de 4.12.1 pode descargarse libremente. Na páxina de información de 4.12.1 están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar 4.12.1.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE is an international technology team that creates free and open source software for desktop and portable computing. Among KDE's products are a modern desktop system for Linux and UNIX platforms, comprehensive office productivity and groupware suites and hundreds of software titles in many categories including Internet and web applications, multimedia, entertainment, educational, graphics and software development. KDE software is translated into more than 60 languages and is built with ease of use and modern accessibility principles in mind. KDE's full-featured applications run natively on Linux, BSD, Solaris, Windows and macOS.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais