KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a primeira beta da versión 4.11 dos espazos de traballo de Plasma, os aplicativos e a plataforma

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Suomi | Français | Galician | Italiano | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

13 de xuño de 2013. Hoxe KDE publicou a beta da nova versión de espazos de traballo, aplicativos e a plataforma de desenvolvemento. Coa desautorización temporal de API, dependencias e funcionalidades novas, agora o equipo de KDE centrase en solucionar fallos e pulir funcionalidades.

Nova interface de usuario de KWalletManager; cambios en Okular
Nova interface de usuario de KWalletManager; cambios en Okular
A versión 4.11 inclúe as seguintes novidades salientábeis e máis:
  • Qt Quick nos espazos de traballo de Plasma — Qt Quick continúa introducíndose nos espazos de traballo de Plasma. Plasma Quick, as extensións de KDE sobre Qt Quick, permiten unha maior integración e aplicacións e compoñentes de Plasma máis potentes. Un dos trebellos centrais de Plasma, o xestor de tarefas, reescribiuse completamente en Plasma Quick. No seu camiño á nova versión de QML recibiu bastantes correccións de fallos. Cambiouse o deseño do trebello de batería. Agora mostra información sobre todas as baterías (p. ex. rato, teclado) do sistema. E agora as iconas de batería poden mostrar un estado de carga máis detallado.
  • Indexación de Nepomuk máis rápida — O motor semántico Nepomuk recibiu melloras masivas de optimización (p. ex. ler datos é un mínimo de 6 veces máis rápido). A indexación prodúcese en dúas fases: a primeira face obtén información xeral (como o tipo de ficheiro e o nome) de maneira inmediata; a información adicional como etiquetas de MP3, a información de autoría e similares extráese nunha segunda fase algo máis lenta. Agora a visualización dos metadatos é moito máis rápida. Ademais mellorouse o sistema de copia de seguranza e de restauración de Nepomuk. E o sistema recibiu novos indexadores para documentos como ODT ou DOCX.
  • Melloras de Kontact — Kontact recibiu un indexador máis rápido para os seus datos de xestión de información persoal con melloras para Nepomuk, e un novo editor de temas para cabeceiras de mensaxes de correo electrónico. Agora a súa forma de xestionar imaxes de mensaxes permite cambiar o tamaño das imaxes directamente. Toda a colección de xestión de información persoal de KDE recibiu moitas correccións de fallos, como a forma de xestionar recursos de calendario de Google. O asistente de importación de xestión de información persoal permite aos usuarios importar configuración e datos de Trojita (o cliente de correo electrónico de IMAP de Qt) e tamén se melloraron o resto de importadores.
  • KWin e o camiño a Wayland — engadiuse compatibilidade inicial experimental con Wayland a KWin. Tamén recibiu moitas melloras de OpenGL, como a posibilidade de crear un contexto principal de OpenGL 3.1 e robusteza froito da extensión GL_ARB_robustness fornecida. Varias as optimizacións de KWin están destinadas a reducir o gran uso de CPU e memoria na infraestrutura de OpenGL. Algúns efectos de escritorio reescribíronse en JavaScript para facelos máis doados de manter.
Poden consultarse máis melloras na planificación de funcionalidades de 4.11. Debido ao gran número de cambios hai que probar ben as versión 4.11 para manter e mellorar a calidade e a experiencia de usuario. Os usuarios reais son críticos para manter unha alta calidade en KDE, porque os desenvolvedores simplemente non poden probar todas as configuracións posíbeis. Contamos con vostede para axudarnos a atopar calquera fallo canto antes para poder solucionalo antes da versión final. Considere unirse ao equipo de 4.11 instalando a beta e informando de calquera fallo.

Beta 1 da versión 4.11 da compilación de software de KDE

A colección de software de KDE, incluíndo todas as súas bibliotecas e aplicativos, está dispoñíbel gratuitamente baixo licenzas de código aberto. O software de KDE pode obterse como código e varios formatos binarios desde http://download.kde.org ou con calquera dos sistemas GNU/Linux e UNIX principais que se ofrecen a día de hoxe.

Instalar os paquetes binarios da beta 1 da versión 4.11

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios de 4.11 beta 1 (4.10.80 internamente) para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a beta 1 da versión 4.11

O código fonte completo da beta 1 da versión 4.11 pode descargarse libremente. Na páxina de información de 4.10.80 están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar 4.10.80.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais