KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE distribúe as actualizacións de maio para os espazos de traballo de Plasma, os aplicativos e a plataforma

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Ελληνικά | Español | Suomi | Français | Galician | Italiano | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

7 de maio de 2013. Hoxe KDE publicou actualizacións dos seus espazos de traballo, os seus aplicativos e a súa plataforma de desenvolvemento. Estas actualizacións continúan a serie de actualizacións mensuais de estabilización da serie 4.10. As actualizacións de 4.10.3 traen moitas correccións e actualizacións de traducións sobre a versión 4.10 e son actualizacións recomendadas para calquera que use a serie 4.10 de versións. Dado que esta versión só contén correccións e actualizacións de traducións, será segura e agradábel de instalar para calquera.

Entre as máis de 75 correccións están, por exemplo, melloras na colección de xestión de información persoal Kontact e o xestor de xanelas KWin. Os cambios están listados no sistema de seguimento de problemas de KDE. Pode examinar nos historiais de Subversion e Git unha lista de cambios que afectaron a 4.10.3.

Para descargar o código fonte ou paquetes para instalar vaia á páxina de información de 4.10.3. Se quere saber máis sobre as versións 4.10 dos espazos de traballo, dos aplicativos e da plataforma de desenvolvemento de KDE, consulte as notas de publicación de 4.10.

O software de KDE, incluíndo todas as bibliotecas e aplicativos, está dispoñíbel gratuitamente baixo licenzas de código aberto. O software de KDE pode obterse como código fonte e varios formatos binarios desde http://download.kde.org ou de calquera dos sistemas GNU/Linux e UNIX principais que se ofrecen a día de hoxe.

Instalar os paquetes binarios de 4.10.3

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios de 4.10.3 para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite a páxina de información de 4.10.3.

Compilar 4.10.3

O código fonte completo de 4.10.3 pode descargarse libremente. Na páxina de información de 4.10.3 están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar 4.10.3.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais