KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Colección de software de KDE 4.12

Versión 4.12 dos espazos de traballo de Plasma de KDE


18 de decembro de 2013. A comunidade KDE síntese orgullosa de anunciar as últimas actualizacións principais de aplicacións de KDE que fornecen novas funcionalidades e correccións de fallos. Cos espazos de traballo de Plasma e a plataforma de KDE conxelados, recibindo unicamente mantemento a longo prazo, os seus equipos céntranse na transición técnica á versión 5 das infraestruturas. A anovación no número de versión da plataforma é só por comodidade á hora de empaquetar. Incluíronse todas as correccións de fallos e funcionalidades secundarias desenvolvidas desde a publicación da versión 4.11 dos espazos de traballo de Plasma, as aplicacións e a plataforma.

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Suomi | Français | Galician | Italiano | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

Estas versións están todas traducidas a 52 idiomas; esperamos que se engadas máis idiomas en versións de solución de erros secundarias mensuais sucesivas publicadas por KDE. O equipo de documentación actualizou varios manuais de aplicacións para esta versión.

versión 4.12 das aplicacións de KDE A versión 4.12 das aplicacións de KDE supón un enorme paso adiante na xestión de información persoal e melloras xerais

Esta versión goza de melloras significativas no software de KDE PIM, que fornece moito mellor rendemento e moitas novas funcionalidades. A Kate engadíronselle varias funcionalidades como a compatibilidade inicial con macros de Vim, e os xogos e os aplicativos educativos traen varias novas funcionalidades. O anuncio da versión 4.12 das aplicacións de KDE.ten máis información.

Versión 4.12 da plataforma de desenvolvemento de KDE A versión 4.12 da plataforma de KDE vólvese máis estábel

Esta versión 4.12 da plataforma de KDE inclúe correccións de erros e optimizacións e funcionalidades secundarias. Fixéronse arredor de 20 correccións de erros e varias optimizacións en varios subsistemas, entre eles KNewStuff, KNotify4, a xestión de ficheiros, etc. Cómpre salientar Nepomuk, que ademais de corrección de erros agora pode indexar os formatos de MS Office 97. Este mes publicarase unha vista previa de tecnoloxía da nova xeración da plataforma de KDE: a versión 5 das infraestruturas de KDE. Consulte máis información neste artigo (en inglés).

Corre a voz e descubre o que está a ocorrer: Etiqueta con "KDE"

KDE anima á xente a difundir información na internet social. Envía historias a sitios de noticias, usa canles como delicious, digg, reddit, twitter e identi.ca. Envía capturas de pantallas a servizos como Facebook, Flickr, ipernity e Picasa, e publíqueas nos grupos axeitados. Cree vídeos e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as publicacións e os materiais enviados con "KDE". Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura da versión 4.12 do software de KDE.

Festas de publicación de versión

Como de costume, membros da comunidade KDE organizan festas de publicación de versión en todo o mundo. Moitas están xa planificadas pero iranse organizando máis. Consulte a lista de festas. Pode unirse calquera! Haberá unha combinación de xente interesante e conversas inspiradoras, así como comida e bebida. É unha gran oportunidade para aprender máis sobre o que ocorre en KDE, involucrarse, ou simplemente coñecer a outros usuarios e colaboradores.

Animamos a todo o mundo a organizar festas de seu. Ser anfitrión pode ser toda unha experiencia e calquera pode facelo! Bótelle unha ollada aos consellos para a organización de festas.

microbuttons

Sobre estes anuncios de publicación de versión

Estes anuncios de publicación de versión preparounos o equipo de promoción de KDE e da comunidade KDE en xeral. Tocan o máis salientábel dos moitos cambios que se fixeron no software de KDE durante os últimos catro meses.

Apoiar KDE

Join the Game

Xa está aberto o novo programa de membros patrocinadores de KDE e.V. Con 25€ por trimestre pode axudar a que a comunidade internacional KDE siga medrando e facendo software libre de primeira.


 

Ligazóns de navegación globais