KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Colección de software de KDE 4.11

Versión 4.11 dos espazos de traballo de Plasma de KDE


14 de agosto de 2013. A comunidade KDE síntese orgullosa de anunciar as últimas actualizacións principais dos espazos de traballo de Plasma, os aplicativos e a plataforma de desenvolvemento, que inclúen novas funcionalidades e solucións de problemas ao tempo que preparan a plataforma para a súa evolución. A versión 4.11 dos espazos de traballo de Plasma contarán con asistencia a longo prazo mentres que o equipo se centra na transición técnica á versión 5 da infraestrutura. Polo tanto isto presenta a última publicación combinada dos espazos de traballo, os aplicativos e a plataforma baixo o mesmo número de versión.

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Suomi | Français | Galician | Italiano | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

Esta versión vai dedicada á memoria de Atul “toolz” Chitnis, un gran campión do software libre e de código aberto da India. Atul liderou as conferencias Linux Bangalore e FOSS.IN desde 2001 e ambas foron eventos clave na escena FOSS da India. KDE India naceu no primeiro FOSS.in en decembro do 2005. Moitos colaboradores indios de KDE empezaron nestes eventos. Foi grazas ao ánimo de Atul que o día do proxecto KDE foi sempre un éxito en FOSS.IN. Atul deixounos o 3 de xuño tras unha longa batalla contra o cancro. Que descanse en paz. Estamos moi agradecidos pola súa contribución por un mundo mellor.

Estas versións están todas traducidas a 54 idiomas; esperamos que se engadas máis idiomas en versións de solución de erros secundarias mensuais sucesivas publicadas por KDE. O equipo de documentación actualizou 91 manuais de aplicativos para esta versión.

Versión 4.11 dos espazos de traballo de Plasma de KDE A versión 4.11 dos espazos de traballo de Plasma continúa refinando a experiencia de usuario

En preparación para mantemento a longo prazo, os espazos de traballo de Plasma inclúen melloras adicionais en funcionalidades básicas cunha barra de tarefas máis suave, un trebello de batería máis intelixente e un mesturador de son mellorado. A introdución de KScreen trae consigo xestión intelixente de varios monitores nos espazos de traballo, e melloras de rendemento a gran escala en combinación con pequenos axustes de facilidade de uso que conseguen unha mellor experiencia xeral.

Versión 4.11 dos aplicativos de KDE A versión 4.11 dos aplicativos de KDE supón un enorme paso adiante na xestión de información persoal e melloras xerais

Esta versión marca melloras masivas no software de xestión de información persoal de KDE, que mellora moito o rendemento e inclúe moitas novas funcionalidades. Kate mellora a produtividade de desenvolvedores de Python e JavaScript con novos complementos, Dolphin volveuse máis rápido e os aplicativos educativos traen consigo novas funcionalidades.

Versión 4.11 da plataforma de desenvolvemento de KDE A versión 4.11 da plataforma de KDE fornece un mellor rendemento

Esta versión 4.11 da plataforma de KDE continúa centrándose en estabilidade. Estanse realizando novas funcionalidades para a futura versión 5.0 das infraestruturas de KDE, pero para a versión estábel conseguimos introducir optimizacións para a nosa infraestrutura Nepomuk.


Antes de anovar, consulte as notas de publicación.

Corre a voz e descubre o que está a ocorrer: Etiqueta con "KDE"

KDE anima á xente a difundir información na internet social. Envía historias a sitios de noticias, usa canles como delicious, digg, reddit, twitter e identi.ca. Envía capturas de pantallas a servizos como Facebook, Flickr, ipernity e Picasa, e publíqueas nos grupos axeitados. Cree vídeos e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as publicacións e os materiais enviados con "KDE". Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura da versión 4.11 do software de KDE.

Festas de publicación de versión

Como de costume, membros da comunidade KDE organizan festas de publicación de versión en todo o mundo. Moitas están xa planificadas pero iranse organizando máis. Consulte a lista de festas. Pode unirse calquera! Haberá unha combinación de xente interesante e conversas inspiradoras, así como comida e bebida. É unha gran oportunidade para aprender máis sobre o que ocorre en KDE, involucrarse, ou simplemente coñecer a outros usuarios e colaboradores.

Animamos a todo o mundo a organizar festas de seu. Ser anfitrión pode ser toda unha experiencia e calquera pode facelo! Bótelle unha ollada aos consellos para a organización de festas.

microbuttons

Sobre estes anuncios de publicación de versión

Estes anuncios de publicación de versións preparáronos Jos Poortvliet, Sebastian Kügler, Markus Slopianka, Burkhard Lück, Valorie Zimmerman, Maarten De Meyer, Frank Reininghaus, Michael Pyne, Martin Gräßlin e outros membros do equipo de promoción de KDE e a comunidade enteira de KDE. Tratan os cambios principais feitos no software de KDE durante os últimos seis meses.

Apoiar KDE

Join the Game

Xa está aberto o novo programa de membros patrocinadores de KDE e.V. Con 25€ por trimestre pode axudar a que a comunidade internacional KDE siga medrando e facendo software libre de primeira.


 

Ligazóns de navegación globais